Categoría: Perfil Contratante


 Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á actividade contractual o órgano de contratación difundirá, a través de Internet, no perfil de contratante datos e informacións como os anuncios de información previa, as licitacións e a documentación relativa ás mesmas, as contratacións, os procedementos anulados, e calquera outra información útil de tipo xeral, como puntos de contacto e medios de comunicación que poden utilizarse para relacionarse co órgano de contratación (artigo 53 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público).



CONTRATO DA OBRA SANEAMENTO EN VALIÑAS E DÚAS IGREXAS E ABASTECEMENTO A FORCAREI


PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERAN A CONTRATACIÓN PARA ADXUDICAR, POLO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, O CONTRATO DA OBRA "SANEAMENTO EN VALIÑAS E DÚAS IGREXAS E ABASTECEMENTO A FORCAREI", DO FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL DO ANO 2017, (NON COMPETITIVA) DA  XUNTA DE GALICIA.

Expediente:Obras 1/2017

1 ª .-0BXECTO E CUALIFICACIÓN DE CONTRATO.-


Constitúe o obxecto do contrato a realización das obras de "SANEAMENTO EN VALIÑAS E DÚAS IGREXAS E ABASTE CEMENTO A FORCAREI". con arranxo ao proxecto técnico redactado polo arquitecto do Javier Rodríguez Penelas.
O proxecto técnico, condicións técnicas e cadros de prezos xuntamente coas cláusulas económico-administrativas deste prego, terán carácter contractual.
O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de obras, tal e como establece o artigo 6 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

2º.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN.-

A forma de adxudicación do contrato das obras de "SANEAMENTO EN VALIÑAS E DÚAS IGREXAS E ABASTE CEMENTO A FORCAREI" , será o procedemento negociado sen publicidade, no que a adxudicación recaerá no licitador xusficadamente elixido polo órgano de contratación, tras efectuar consultas con diversos candidatos e negociar as condicións do contrato con un ou varios deles...

Prego Completo



SUBMINISTRACIÓN DE COMBUSTIBLE PARA OS VEHICULOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE FORCAREI


16/03/2017

PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACION, MEDIANTE PROCEDEMENTO ASERTO E TRAMITE ORDINARIO, DA "SUBMINISTRACIÓN DE COMBUSTIBLE PARA OS VEHICULOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE FORCAREI" (CS03/2017).

1. OBXECTO DO CONTRATO.

O Obxecto deste prego é contratar as subministracións que se describen no apartado A) do cadro de características do contrato, consonte ás condicións que se especifican no prego de prescricións técnicas.

No caso de contradición entre o Prego de cláusulas administrativas particulares e o Prego de prescricións técnicas prevalecerá o primeiro.

2. NECESIDADES ADMINISTRATIVAS A SATISFACER MEDIANTE O CONTRATO.

As necesidades administrativas a satisfacer mediante o contrato descríbense no apartado B) do cadro de características do contrato.

3. ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN E SISTEMA DE DETERMINACIÓN DO PREZO.

O sistema para a determinación do prezo do contrato é o que se indica no apartado C) do cadro de características do contrato, sendo o importe máximo de licitación o que se recolle no apartado D) do dito cadro.

Na contratación desta subministración entenderase que os contratistas, ao formular as súas propostas económicas incluíron dentro das mesmas o importe do Imposto sobre o Valor Engadido, sen prexuízo de que dito importe se indique como partida independente, de conformidade co disposto no artigo 87.2 do TRLCSP e segundo o modelo de oferta económica que se inclúe neste prego.

4. FINANCIAMENTO.

As obrigas económicas que se derivan para o Concello do cumprimento do contrato fináncianse no Presuposto do Concello con cargo ás aplicacións orzamentarias que se sinalan no apartado E) do cadro de características do contrato.

En todo caso, tal e como sin ala o artigo 17 4.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, no suposto de tratarse dun gasto plurianual a realización do mesmo queda subordinada ao crédito que para cada un dos exercicios autoricen os respectivos orzamentos do Concello.

5. PAGAMENTO DO PREZO.

O pagamento do prezo do contrato realizarase na forma que se indica no apartado S) do cadro de características do contrato.

6. RÉXIME XURÍDICO DO CONTRATO E DOCUMENTOS QUE TEÑEN CARÁCTER CONTRACTUAL.

Sen prexuízo do disposto con carácter xeral para os contratos das Corporacións Locais, o contrato rexerase polas seguintes normas….

Prego Completo

Publicación BOP



SUBMINISTRACIÓN DE COMBUSTIBLE DE CALEFACCIÓN PARA OS EDIFICIOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE FORCAREI


16/03/2017

PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACION, MEDIANTE PROCEDEMENTO ASERTO E TRAMITE ORDINARIO, DA "SUBMINISTRACIÓN DE COMBUSTIBLE DE CALEFACCIÓN PARA OS EDIFICIOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE FORCAREI" (CS02/2017).

1. OBXECTO DO CONTRATO.

O Obxecto deste prego é contratar as subministracións que se describen no apartado A) do cadro de características do contrato, consonte ás condicións que se especifican no prego de prescricións técnicas.

No caso de contradición entre o Prego de cláusulas administrativas particulares e o Prego de prescricións técnicas prevalecerá o primeiro.

2. NECESIDADES ADMINISTRATIVAS A SATISFACER MEDIANTE O CONTRATO.

As necesidades administrativas a satisfacer mediante o contrato descríbense no apartado B) do cadro de características do contrato.

3. ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN E SISTEMA DE DETERMINACIÓN DO PREZO.

O sistema para a determinación do prezo do contrato é o que se indica no apartado C) do cadro de características do contrato, sendo o importe máximo de licitación o que se recolle no apartado D) do dito cadro.

Na contratación desta subministración entenderase que os contratistas, ao formular as súas propostas económicas incluíron dentro das mesmas o importe do Imposto sobre o Valor Engadido, sen prexuízo de que dito importe se indique como partida independente, de conformidade co disposto no artigo 87.2 do TRLCSP e segundo o modelo de oferta económica que se inclúe neste prego.

4. FINANCIAMENTO.

As obrigas económicas que se derivan para o Concello do cumprimento do contrato fináncianse no Presuposto do Concello con cargo ás aplicacións orzamentarias que se sinalan no apartado E) do cadro de características do contrato.

En todo caso, tal e como sinala o artigo 17 4.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, no suposto de tratarse dun gasto plurianual a realización do mesmo queda subordinada ao crédito que para cada un dos exercicios autoricen os respectivos orzamentos do Concello.

5. PAGAMENTO DO PREZO.

O pagamento do prezo do contrato realizarase na forma que se indica no apartado S) do cadro de características do contrato.

6. RÉXIME XURÍDICO DO CONTRATO E DOCUMENTOS QUE TEÑEN CARÁCTER CONTRACTUAL.

Sen prexuízo do disposto con carácter xeral para os contratos das Corporacións Locais, o contrato rexerase polas seguintes normas….

Prego Completo

Publicación BOP



SINALIZACIÓN VERTICAL NÚCLEOS RURAIS E URBANOS


16/03/2017

Expediente núm.: 01/2017

Prego de Cláusulas Administrativas Particulares

Procedemento: Contrato de Subministración por Procedemento Aberto, Oferta conomicamente máis Vantaxosa, Único Criterio de Adxudicación, ao Prezo máis baixo

Asunto: SINALIZACIÓN VERTICAL NÚCLEOS RURAIS E URBANOS.

Plan de investimentos en equipamentos e infraestruturas para Concellos de menos de DE 20000 HABITANTES (PICEI) da Deputación de Pontevedra

PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES

CLÁUSULA PRIMEIRA. Obxecto e cualificación do contrato

O obxecto do contrato é a subministración de SINALIZACIÓN VERT ICAL NÚCLEOS RURAIS E URBANOS, cuxa codificación cuxa codificación é CPV 45233294-6 (lnstalacións e Sinais Verticais).

O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de subministración tal e como establece o artigo 9 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro.

CLÁUSULA SEGUNDA. Precedemento de Selección e Adxudicación

A forma de adxudicación do contrato de subministración de SINALIZACIÓN VERT ICAL NÚCLEOS RURAIS E URBANOS, será o procedemento aberto, no que todo empresario interesado poderá presentar unha proposición, quedando excluída toda negociación dos termos do contrato, de acordo co artigo 157 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro.

Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase a un só criterio de adxudicación, que de conformidade co artigo 150 do Texto Refundido da Leí de Contratos do Sector Público. aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro. deberá ser necesariamente o do prezo máis baixo.

[O órgano de contratación non poderá declarar deserta unha licitación cando exista algunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran neste prego].

CLAUSULA TERCEIRA. Perfil de contratante.

Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual. e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade, este Concello conta co Perfil de contratante aoque se terá acceso segundo as especificacións que se regulan na páxina web seguinte: www.forcarei.net.

CLAUSULA CUARTA. Importe do Contrato

O importe do presente contrato ascende á contía de oitenta e dous mil seiscentos corenta e catro euros con sesenta e tres céntimos (82.644,63 €), ao que se engadirá o Imposto sobre o Valor Engadido por valor de dezasete mil trescentos cincuenta e cinco euros con trinta e sete céntimos (17.355,37 €), o que supón un total de cen mil euros (100.000 €).

O valor estimado do contrato ascende á contía de oitenta e dous mil seiscentos corenta e catro euros con sesenta e tres céntimos (82.644,63 €). (IVE excluído). tendo en conta as posibles prórrogas do mesmo.

O importe abonarase con cargo á aplicación 450.610 do vixente Orzamento Municipal; existindo crédito suficiente até o importe aprobado polo Concello, quedando acreditada a plena dispoñibilidade das achegas que permiten financiar o contrato.

Entenderase que as ofertas dos licitadores comprenden tanto o prezo

do contrato como os gastos da entrega e transportes dos bens obxecto da subministración, o Imposto sobre o Valor Engadido e demais tributos que sexan de aplicación segundo as disposicións vixentes. A cantidade correspondente ao IVE figurará como aplicación independente….

Prego Completo

Proxecto (65MB)

Publicación BOP

23/03/2017

APERTURA DE OFERTAS.

Comunícase a todos os licitadores que debido a falta de persoal para a mesa de contratación a apertura de ofertas do subministro "sinalicitación vertical núcleos rurais e urbanos" sera:

DÍA 18 DE ABRIL DE 2017

HORA:11:00 HORAS

Anuncio Completo


Apertura de Plicas



REHABILITACIÓN DE VIVENDAS PÚBLICAS, DO PLAN CONCELLOS 2016 (LIÑA 1) DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.


PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERAN A CONTRATACiÓN PARA ADXUDICAR, POLO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLlCIDADE, O CONTRATO DA OBRA "REHABILITACiÓN DE VIVENDAS PÚBLICAS", DO PLAN CONCELLOS 2016 (LIÑA 1) DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.

Expediente:Obras 8/2016

1._ OBXECTO E CUALIFICACiÓN DE CONTRATO,-

Constitúe O obxecto do contrato a realización das obras de "REHABILITACiÓN DE VIVENDAS PÚBLICAS", DO PLAN CONCELLOS 2016 (LIÑA 1) DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. con arranxo ao proxecto técnico redactado polo arquitecto Gumersindo Ferro Pichel.

O proxecto técnico, condicións técnicas e cadros de prezos xuntamente coas cláusulas económico-administrativas deste prego, terán carácter contractual.
O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de obras, tal e como establece o artigo 6 do Texto Refundido da Leí de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.


2._ PROCEDEMENTO DE SELECCiÓN E ADXUDlCACIÓN.-

A forma de adxudicación do contrato das obras de " REHABILITACiÓN DE VIVENDAS PÚBLICAS", será o procedemento negociado sen publicidade, no que a adxudicación recaerá no licitador xustificadamente elixido polo órgano de contratación, tras efectuar consultas con diversos candidatos e negociar as condicións do contrato con un ou varios deles, de acordo ca artigo 169.1 do Texto Refundido da Lei de
Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
 
Non será necesario dar publicidade ao procedemento para asegurar a concorrencia, é dicir, será necesario solicitar ofertas, ao menos, a tres empresarios capacitados para a realización do obxecto do contrato.
......

21/11/2016



RESTAURACIÓN DAS FACHADAS DA CASA DO CONCELLO, DO PLAN CONCELLOS 2016 (LIÑA 1) DA DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA


PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERAN A CONTRATACIÓN, POR URXENCIA, PARA ADXUDICAR POLO PROCEDEMENTO ABERTO CON MULTIPLICIDADE DE CRITERIOS DE VALORACIÓN AS OBRAS DE "RESTAURACIÓN DAS FACHADAS DA CASA DO CONCELLO", DO PLAN CONCELLOS 2016 (LIÑA 1) DA DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.

Expediente: OBRAS 08/2016

I CLÁUSULA PRIMEIRA. Obxecto e cualificación

O obxecto do contrato é a realización das obras de "RESTAURACIÓN DAS FACHADAS DA CASA DO CONCELLO" DO PLAN CONCELLOS 2016 (LIÑA 1) DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, con arranxo ao proxecto técnico redactado polo arquitecto, don Gumersindo Ferro Pichel.

o proxecto técnico, condicións técnicas e cadros de prezos xuntamente coas cláusulas económico-administrativas deste prego, incluído o correspondente estudio de seguridade e saúde ou estudio básico de seguridade e saúde (artigo 4 do Decreto 1627/97), terán carácter contractual.

o contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de obras, tal e como establece o artigo 6 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

Código CPV: 454433000-4 Traballos de fachadas.


24/10/2016


26/10/2016



Proxectos de Aforro e Eficiencia Enerxética de Instalación de Iluminación PÚBLICA EXTERIOR


13/10/2016

14/11/2016 - Carteles

  




Contrato de Pavimentación na Via Municipal Cemiterio Meavía-Estrada EP7201


Prego de cláusulas administrativas particulares que rexeran a contratación, POR URXENCIA, para adxudicar polo procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración as obras de "PAVIMENTACIÓN NA VÍA MUNICIPAL CEMITERIO MEAVÍA-ESTRADA EP 7201", do plan Concellos 2016 (liña 1) da Deputación Provincial de Pontevedra.

11/08/2016



Contrato de Mellora de Vías Públicas en Soutelo de Montes-Portela de Lamas-Auteiro e Casasnovas


Prego de cláusulas administrativas particulares que rexeran a contratación, POR URXENCIA, para adxudicar polo procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración as obras de "MELLORA DE VIAS PÚBLICAS EN SOUTELO DE MONTES, PORTELA DE LAMAS, OUTEIRO E CASASNOVAS".

23/11/2016



Contrato de infraestructuras Viarias no Parque Empresarial David Raposeiras de Vilapouca


Prego de cláusulas administrativas particulares que rexeran a contratación, para adxudicar polo procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración as obras de "INFRAESTRUCTURAS VIARIAS NO PARQUE EMPRESARIAL DE VILAPOUCA", con cargo a orde de 28/12/2015 de axudas encamiñadas á rehabilitación e mellora de infraestructuras dos parques empresariais da Comunidade Autónoma.

11/08/2016

23/11/2016



Contrato de Substitución de Ventanas da Casa do Concello


Prego de cláusulas administrativas particulares que rexeran a contratación, POR URXENCIA, para adxudicar polo procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración as obras de "SUBSTITUCIÓN DE VENTANAS NA CASA DO CONCELLO", do plan Concellos 2016 (liña 1) da Deputación Provincial de Pontevedra.

11/08/2016

23/11/216



Contrato de Substitución da Cuberta do Concello


Prego de cláusulas administrativas particulares que rexeran a contratación, POR URXENCIA, para adxudicar polo procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración as obras de "SUBSTITUCIÓN DE CUBERTA DA CASA DO CONCELLO", da xunta de Galicia. Medida 7,40. Creación, ampliación e mellora de servizos básicos Locais (PDR de Galicia 2014-2020)

11/08/2016

23/11/2016





Adxudicación do servizo de bar e a súa explotación nas piscinasMunicipais de Forcarei e Soutelo de Montes 2016


Prego de cláusulas administrativas particulares para a Adxudicación do servizo de bar e a súa explotación nas piscinas Municipais de Forcarei e Soutelo de Montes (exp.2016)

O obxecto do contrato é a adxudicación do servizo de bar e a súa explotación durante a tempada de verán das piscinas municipais de Forcarei, situadas en Forcarei e Soutelo de Montes.
O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo especial, tal e como establece o artigo 19. Lb) do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, de contratos do sector público.



Prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación do Servizo Público de Axuda no Fogar SAF-2016


Prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación mediante procedemento aberto con varios criterios de adxudicación , do servizo público de axuda no fogar na modalidade básica e de dependencia do Concello de Forcarei.

1.· OBXECTO DO CONTRATO E NECESIDADES ADMINISTRATIVAS QUE SE VAN SATISFACER.

1. O presente contrato ten por obxecto O Servizo Público de Axuda no Fogar nas modalidades de básica e dependencia do Concello de Forcarei, cuxa descrición, características e especificacións que se establecen nas prescricións técnicas contidas no Anexo I que se incorpora a este prego como parte integrante do mesmo.

CPV 85300000·2

2. Necesidades administrativas que se van satisfacer:

As necesidades administrativas que se van satisfacer e os factores que interveñen no presente contrato están acreditados no correspondente expediente.




 

Nº de resultados:
21
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +