Videos e Sóns
Mamasunción" (Chano Piñeiro, 1984)
"Mamasunción" é unha curtametraxe de Chano Piñeiro, rodada en 1984 en 35 mm. Acadou o Gran Premio do Cine Español no 2º Certame Nacional de Cine de Bilbao, e o Trofeo de Prata do Instituto de Cooperación Iberoamericana no XXVI Certame Internacional de Cine de Bilbao (1984). O seu éxito e popularidade foron tales que a Televisión de Galicia abriu con ela a súa primeira emisión, o 25 de xullo de 1985.
Historia dunha muller, Xonxa, e dous homes, Pancho e Birutas, dende a súa infancia no ano 1947 ata a súa madurez no ano 1986. A emigración nas súas dúas vertentes de éxito e miseria, a complexidade das relacións humanas, a lenda que se confunde coa realidade nunha aldea que vai morrendo nos montes de Galicia.
1