Categoría: Anuncios

Taboleiro de Anuncios Municipal


No Taboleiro de Anuncios e Edictos do Concello de Forcarei pode consultar os edictos e anuncios, que por disposición legal ou reglamentaria deban publicarse no mesmo.







Taboleiro de Anuncios e Edictos do Concello

DataOrganismoAfectado
02/12/2015Xunta de Galicia. Servizo de Infraestructuras Agrarias. Reforzo de camiños.
Parcelaria Meavía-Quintillán
14/12/2015Xunta de Galicia. Servizo de Infraestructuras Agrarias. Acondicionamento de predios.
Parcelaria de Meavía-Quintillán
22/02/2016Concello de ForcareiCalendario do contribuínte 2016
08/06/2016Concello de Forcarei
Baixas de oficio no Padrón de Habitantes



Inspección Técnica de Vehículos

Inspección Técnica de Vehículos


Días : 27 e 30 de xaneiro de 2017.

HORARIO :

Día 27 :
   9:00 a 13:30 horas.
   15:15 a 18:00 horas

Día 30 :
   9:00h a 13:30 horas

Asignarase CITA PREVIA chamando ó telefono :

• A través da páxina web : www.sycitv.com
• Por teléfono : 902 30 90 00

LUGAR SOUTELO DE MONTES. POLIGONO INDUSTRIAL DE VILAPOUCA. (preto de Alimentos Amorodo S.L.)

Cartel



Bando contención do avance da praga dos cítricos

Bando contención do avance da praga dos cítricos


Traballos da consellería do medio rural para a contención do avance da praga dos cítricos (limoeiros, laranxeiras, etc) denominada trioza erytreae ou psílido africano

O insecto denominado Trioza erytreae, praga das denominadas de corentena na UE, foi detectado por primeira vez en Galicia en 2014. Desde entón tense extendido por toda a costa e mesmo ten entrado cara ao interior, favorecido polo clima morno dos ríos, especialmente o Ulla, O Umia e o Miño.

As parroquias onde se ten detectado a presenza deste insecto pasan a ser zonas demarcadas para esta praga.

Polo de agora, ningunha parroquia do termo municipal de Forcarei está incluída dentro de zona demarcada pola presenza de Trioza; non obstante, débese ter presente que si están demarcadas outras zonas da Comarca do Tabeirós - Terra de Montes (en particular, varias parroquias da Estrada).

Este insecto provoca danos nos cítricos, en forma de malformacións (verruguiñas como as que aparecen na foto) nas follas máis novas, que se van volvendo amarelas e finalmente poden chegar a caer, quedando os brotes espidos. Non adoita a ser mortal para a árbore pero o verdadeiro risco deste insecto é que pode actuar como transmisor dunha bacteria que si mataría a árbore infectada.

Por iso o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente considerou necesario establecer un operativo para someter a tratamento fitosanitario os cítricos situados nas zonas afectadas, a fin de intentar conter o avance da praga.

Tal operativo está a ser levado a cabo pola empresa TRAGSA, por encargo da Consellería do Medio Rural, a partir do primeiro de maio.

Forcarei ten a condición de ser área libre limítrofe con zona demarcada e de ser unha posible área de expansión daquela. Por iso, escolleuse como un dos concellos onde TRAGSA pretende aplicar tratamentos.

Así pois, varios equipos desprazaranse por gran parte do termo municipal de Forcarei (principalmente polas parroquias situadas no Oeste), chamando casa por casa, para tratar cun produto fitosanitario autorizado (de baixo risco medioambiental) todas as plantas susceptibles de sufrir o ataque deste insecto.

Por iso, advertimos aos veciños das parroquias forcareiesas anteditas da existencia e motivo do operativo despregado para o tratamento dos cítricos nas casas particulares, que está a ser realizado por persoal de TRAGSA. Os tratamentos fitosanitarios van ser aplicados coas precaucións debidas por persoal cualificado e o seu custo económico non vai ser en absoluto repercutido ao propietario.

Para que poida ser levado a cabo este operativo precisamos a colaboración dos veciños, de xeito que permitan acceder ao persoal identificado como TRAGSA, a fin de que poidan comprobar a existencia de cítricos e, nunha visita posterior, tratar estas árbores.

Ante calquera dúbida, poden chamar ao tlfno. da Consellería de Medio Rural 986805446 (Servizo de Explotacións Agrarias - Pontevedra)



PAGAMENTO ALUMEADO PÚBLICO, con cargo a LIÑA 2 do PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016


15/03/2016

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Forcarei unha axuda por importe de 75.410,25 €, para "PAGAMENTO ALUMEADO PÚBLICO (GASTO CORRENTE NOVO), con cargo a LIÑA 2 do PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016.

Forcarei, 15 de marzo de 2016

A Alcaldesa,

Asdo.: Belén Cachafeiro Anta



Plan Concellos 2016. Liña 4: Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2016 da Deputación Provincial


15/03/2016

O Concello de Forcarei a través do Plan Concellos 2016. Liña 4: Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2016 da Deputación Provincial, vai realizar os seguintes servizos:

  • - Servizo de medio ambiente.- Con este servizo de interese xeral e social, xa que foi dirixido a toda a poboación, contrataronse durante 9 meses e 15 días, 6 traballadores desempregados non perceptores de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros) (6 peóns forestais) para limpeza e desbroces de espazos públicos, rutas de sendeirismo, camiños públicos, beirarrúas, etc.
  • - Servizo de obras públicas.- Con este servizo de interese xeral e social, xa que foi dirixido a toda a poboación, contrataronse, durante 9 meses e 15 días, 4 traballadores desempregados non perceptores de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros) ( 2 albaneis e 2 peóns de obras publicas), para reparación de beirarrúas, camiños públicos, fontes, espazos e edificios públicos, etc.
  • - Servizos de vixiante de edificios públicos.- Con este servizo de interese xeral e social, xa que foi dirixido a toda a poboación, contratouse, durante 9 meses e 15 días, 1 traballador desempregado non perceptor de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros) (axudantes), para vixiancia de edificios públicos, instalacións deportivas, Concello de Forcarei. Etc

Para o financiamento destes servizos a Deputación Provincial concedeu o Concello de Forcarei unha axuda por importe de 110.074,03.- €

Forcarei, 15 de marzo de 2016

A Alcaldesa

Asdo.: Belén Cachafeiro Anta



PLAN CONCELLOS 2016, Actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais


01/03/2016

O Concello de Forcarei, o abeiro da axuda recibida pola excma. Deputación Provincial de Pontevedra, por importe de 6.000 €, con cargo a liña 3 (Actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais), do PLAN CONCELLOS 2016, realizou a actividade "CABALGATA DE REIS”.

Esta actividade foi subvencionada o 100 % pola Excma. Deputación Provincial.

Forcarei, 1 de marzo de 2016

A Alcaldesa

Belén Cachafeiro Anta



Substitución de carpintería en Centro Escolar de Forcarei


30/12/2015

O Concello de Forcarei substituíu no centro de educación infantil e primaria de Forcarei as carpinterías danadas no interior do centro escolar o tempo que se crea un espazo de resgardo na entrada o mesmo, para evitar as inclemencias climatolóxicas no inicio e remate da xornada escolar.

Esto foi posible gracias a axuda de 20.000 € concedida pola Deputación Provincial (PPOS/2015).




 

Nº de resultados:
7
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +