CETmo, Centro Etnográfico Terra de Montes


CETmo, Centro Etnográfico Terra de Montes, en Soutelo de Montes

Dirección
Horarios
Camiño do Pouso, nº 2
36560 Soutelo de Montes
Concello de Forcarei
Pontevedra
Sábados e domingos
mañás 11:00 a 13:30
tardes 17:00 a 20:00
Resto dos días: previa cita no 986 75 61 91
ou no 696 51 30 33

 

O Centro Etnográfico de Terra de Montes (CETMO) ten como obxectivo o estudio, conservación e divulgación da cultura material da comarca. A colección está composta de máis de 1200 pezas das que 740 están expostas.

O labor do Centro é evitar que a herdanza dos nosos devanceiros sexa pasto do esquecemento. A través dos obxectos tentamos amosar o que foi a vida cotiá na zona ata os anos sesenta do século XX., isto é, antes da desaparición da cultura preindustrial. As pezas expostas non teñen polo tanto valor económico, non son fermosas ou exóticas, son a testemuña dun xeito de vida.

No primeiro andar atópanse as salas adicadas ao tecido, á roupa, á infancia. O mundo complicado do tear está moi ben documentado a través de obxectos como ripos, espadeleiros, sarillos, tear etc. Tamén se poden atopar obxectos relacionados coas crenzas relixiosas, coma un confesionario, un peto das ánimas, …

Un espacio adicado a emigración, pola importancia que tivo na desaparición da cultura tradicional, atópase representado por un baúl, cartas e fotos.

A última sala é un espacio adicado aos oficios masculinos relacionados co traballo da madeira: serranchíns, zoqueiros e carpinteiros.

A parte baixa da casa acolle outros oficios: o equipo dos cereiros e as ferramentas dos canteiros.

Na parte baixa da vivenda estaba a cociña. Unha reconstrucción da lareira lembra o ambiente no que os nosos antigos pasaron parte do seu tempo. Vencellados coa cociña están a preparación e consumo de alimentos: a matanza do porco, a manteiga, pesas e medidas para a carne, os cereais e útiles da fabricación do pan.

Finalmente, a representación do traballo máis importante dos labregos: o campo. Arados, carro, sementadeiras, gadañas, mallos, etc. permiten reconstruír as formas de traballo dos campesiños na Terra de Montes.

 

Textos e imaxes de http://www.cetmo.info

 


Ver Centro Etnográfico de Terra de Montes (CETMO) en un mapa más grande

 



Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +