Protección Civil


Protección Civil de Forcarei


Protección civil e un servizo publico que se orienta a prevención das situacións de grave risco colectivo , tanto por catástrofes , accidentes de circulación, fenómenos meteorolóxicos ou control de masas por grandes eventos.

  • Enderezo: Praza da Igrexa nº 1 (Forcarei)
    Teléfono: 606 40 18 33
    Fax: 986 75 40 82
  • Emerxencias: 112


Grupos

O equipo de persoas que integran esta agrupación de voluntarios sen animo de lucro está composto por:

  • Voluntarias ou voluntarios: son persoas constantes, que cobren os servizos mínimos.
  • Colaboradores: son persoas ás que se avisa en caso extremo de falta de persoal ou en servizos multitudinarios.

Funcións

As funcións básicas son:

  • Colaborar cos corpos e forzas do estado na búsqueda de desaparecidos.
  • Colaborar coa central de emerxencias 112 , e cos demais corpos de emerxencia na asistencia a feridos en accidentes de trafico ,
  • Colaborar cos bombeiros e cos servizos de extinción de incendios , na sofocación tanto de lumes forestais como urbanos , tendo como máxima "mobilizarse sempre que periguen bens ou vidas humanas”
  • O control de masas , por festas ,eventos deportivos , manifestacións ….
  • O control e recollida de animais perigosos ou abandoados
  • Colaborar , tanto na elaboración coma na execución dos plans e protocolos de actuación en Emerxencias Municipais

Todos eles cos séus correspondentes equipos e preparados para calquer aviso que poidan ter do 112.

Para desenrolar todas estas tarefas , protección civil conta cos seguintes medios :

  • Un camión todoterreo , de extinción de incendios forestais equipados con cisterna de 4.000 litros de auga e material de extinción
  • Dúas cuñas quitaneves , para a limpeza de pistas municipais durante as nevaradas do inverno, unha delas acoplable ó tractor Muncipal, o que permite un traballo axil.
  • Dóus coches todoterreo modelo Nissan Qascai e Nisan Patrol , con equipo de comunicación Trunking da rede da Xunta de Galicia
  • Material de estabilización de feridos , colchón de bacío, padiola de pas , férulas e collaríns e equipos de comunicación da rede de Concello


Así mesmo a día de hoxe , protección civil atende o telefono as 24h dos 365 días do ano, e conta coa colaboración de 6 voluntarios que desempeñan a súa función de maneira altruísta , dedicando parte do seu tempo e esforzo a traballar por a seguridade de todos os veciños. Todos eles contan coa formacion básica e complementada e nalgún caso con formación en materia de excarcelación, tratamento de enxamios de abellas e avespas, soporte vital basico, accidentes en estradas, apoio terrestre a aeronaves de emerxencia, intervención de unidades caninas de rescate en búsqueda de persoas, protocolo de intervención ante avispas asiáticas, entre outros moitos.

.


 




 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +