Instalacións Deportivas


Instalacións deportivas do Concello de Forcarei


O Concello de Forcarei conta con unha oferta moi ampla de espazos nos que poder practicar deporte ao longo do ano.

Destacan as pistas de tenis ao aire libre ubicadas no núcleos de Forcarei e Soutelo, as cales se pode acceder libremente e nas que se celebran diversos torneos coincidentes coas festas patronais de San Roque (Soutelo) e os Dolores (Forcarei).

Outros dous espazos dispoñibles son as piscinas municipais que permanecen abertas durante a campaña de verán (de xuño a setembro) en horario de 12:00 a 20:30 tódolos días da semana, nas que ademais de impartirse cursiños de natación para nenos e adultos, se pode practicar aquagim ou tamén disfrutar do baño libre.

Sen embargo os espazos deportivos por excelencia son os dous pavillóns municipais situados un en Forcarei (Pavillón Deportivo Paco Rubio) e o outro en Sóutelo ( Pavillón Municipal Soutelo de Montes) nos cales se poden practicar todo tipo de actividades deportivas dende o demandado fútbol sala ata o patinaxe pasando por tenis, baloncesto, voleibol etc.

Un ano máis o Concello de Forcarei, en colaboración coa Consellería de Deportes e a Deputación de Pontevedra Iniciase a programación educativa, que se realizará nos Pavillóns Municipais de Forcarei e Soutelo, realizando as seguintes actividades:

O pavillón de Soutelo conta ademais con unha sala de ximnasio equipada con diferentes máquinas ( cinta, bicicleta estática, banco exercicios,...) con horario de apertura ao público de 19:00h ata 21:00h. A esta sala só poden acudir persoas de mais de dezaoito anos de idade.

Tamén en este pavillón se leva a cabo o programa de ximnasia de mantemento para persoas maiores.

Ademáis o Conello tamén conta, con unha pista de Padel cuberta, ubicada en Forcarei, así como do circuíto de Karting da Madalena en Soutelo de Montes, para os que é preciso reservar hora, para poder acceder.

 



Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +