Parroquia San Nicolás de Ventoxo
A freguesía de Ventoxo é a que conta con menos entidades de poboación, xa que a ela só pertencen os lugares de Ventoxo e Fontenla. A súa igrexa foi erguida no século XVII, e consta que nela traballou un mestre de arquitectura tudense chamado Amaro Guerrero, que tamén traballaría posteriormente en Presqueiras e Folgoso. O cruceiro e algúns hórreos anexos ás vellas casas de labranza son dun atractivo digno de ter en conta.
Na parroquia de San Nicolás de Ventoxo, no discorrer do río, podíanse atopar ata oito muíños. Agora mesmo destes oito, só quedan catro que son o Muiño de baixo, Muiño do Chocolateiro, Muiño da Chousa e Muiño do Rato. Os catro que faltan eran o Muiño do Candal, Muiño de Vilapouca, Muíño Da cal e Muíño do Cagote, todos eles destruídos en recentes arriadas.
1