Categoría: Oferta Pública de Emprego

Oferta Pública de Emprego




EXP. 894 2020. BASES REGULADORAS DA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO A PARA BIBLIOTECAS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

EXP. 894 2020. BASES REGULADORAS DA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO A PARA BIBLIOTECAS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS


EXP. 894/2020. BASES REGULADORAS DA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A PARA BIBLIOTECAS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO CONCELLO DE FORCAREI, COA CALIFICACIÓN DE PERSONAL LABORAL TEMPORAL.

Vistas as BASES REGULADORAS DA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A PARA BIBLIOTECAS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO CONCELLO DE FORCAREI, COA CALIFICACIÓN DE PERSONAL LABORAL TEMPORAL, que se transcribe de seguido e visto, así mesmo a urxente necesidade de cubrir a dita praza debido á xubilación da actual titular da mesma:
"BASES REGULADORAS DA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A PARA BIBLIOTECAS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO CONCELLO DE FORCAREI, COA CALIFICACIÓN DE PERSONAL LABORAL TEMPORAL.
ARTIGO 1.—OBXECTO DA CONVOCATORIA

Será a formación dunha lista de reserva para a provisión interina dunha praza de auxiliar administrativo para a atención das BIBLIOTECAS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS do Concello de Forcarei, coa calificación de personal laboral temporal, debido á a póxima xubilación da titular do posto, acreditada a concorrencia de necesidades urxentes e inaprazables, non comportando maior gasto no orzamento municipal que comprometa o cumprimento dos principios de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira municipal, e ante a imposibilidade de cubrir a praza definitivamente ata o ano 2021, conforme ó disposto polo artigo 10 do TREBP para os supostos que nel se recollen.


Publicación no BOP



Publícase a lista definitiva por orde de puntuación do proceso de selección de persoal laboral temporal dun educador a familiar para o Concello de Forcarei

Publícase a lista definitiva por orde de puntuación do proceso de selección de persoal laboral temporal dun educador a familiar para o Concello de Forcarei


PUNTUACION FINAL DO PROCESO SELECTIVO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DUN EDUCADOR/A FAMILIAR PARA O CONCELLO DE FORCAREI


Lista definitiva



Publícase a relación dos aspirantes coas respectivas puntuacións acadadas na fase de oposición e na fase de concurso.

Publícase a relación dos aspirantes coas respectivas puntuacións acadadas na fase de oposición e na fase de concurso.


Segundo o punto 8. das bases para a convocatoria e selección de persoal laboral temporal dun educador/a familiar para o Concello de Forcarei,


Ábrese un prazo de tres días hábiles para presentar alegacións, ata as 14:00 horas do luns día 3 de agosto de 2020, momento no que o Tribunal se reunirá e se procederá á publicación da lista definitiva dos aspirantes coas puntuacións acadadas neste proceso selectivo.


Puntuacións fase de oposición



Publícase a relación dos aspirantes coas respectivas puntuacións acadadas neste segundo exercicio

Publícase a relación dos aspirantes coas respectivas puntuacións acadadas neste segundo exercicio


Segundo o punto 8. das bases para a convocatoria e selección de persoal laboral temporal dun educador/a familiar para o Concello de Forcarei, unha vez finalizada a corrección do segundo exercicio o día 23 de xullo de 2020:

Puntuacións Segundo Exercicio

Ábrese un prazo de dous días hábiles para presentar alegacións, ata as 14:00 horas do martes día 27 do 2020, momento no que o Tribunal se reunirá e se procederá a publicación definitiva da lista.

Convócase a dona Cristina Piñeiro Rial con DNI .....11OB á realización do terceiro exercicio sobre o coñecemento do idioma galego, o mércores 29 de xullo de 2020, ás 10:00 horas.




CONVOCATORIA PARA ELECCIÓN DE XUÍZ DE PAZ TITULAR DO CONCELLO DE FORCAREI

CONVOCATORIA PARA ELECCIÓN DE XUÍZ DE PAZ TITULAR DO CONCELLO DE FORCAREI


Procedemento: Elección de Xuíz de Paz Titular
Á vista do oficio da Secretaria de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza comunicando que está próximo a vencer o período polo que se nomeou Xuíz de Paz Titular do Concello de Forcarei e instando ó Concello á súa elección, concédese o prazo de 15 días contados a partires do seguinte á publicación deste edicto no BOPPO para que cantos teñan interese en aspirar o procedemento dirixan instancia á Alcaldía do Concello de Forcarei na que fagan constar o seguinte:
<

REQUISITOS DOS ASPIRANTES

  • Ser español.
  • Ser maior de idade
  • Non estar incurso nas causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lei do poder xudicial.
  • Documentación a aportar.
    • Certificado de nacemento e copia compulsada do DNI
    • Certificado expedido polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, referente a si se atopa inculpado ou procesado.
    • Xustificación dos méritos alegados.
    • Indicación de si desempeñou o cargo de xuíz de paz ou substituto.
    • Profesión actual.

Publicación BOPPO



Publícase a relación dos aspirantes coas respectivas puntuacións acadadas neste primeiro exercicio

Publícase a relación dos aspirantes coas respectivas puntuacións acadadas neste primeiro exercicio


Segundo o punto 8. das bases para a convocatoria e selección de persoal laboral temporal dun educador/a familiar para o Concello de Forcarei, unha vez finalizada a corrección do primeiro exercicio o día 17 de xullo de 2020:

Ábrese un prazo de dous días hábiles para presentar alegacións, ata as 14:00 horas do martes día 21 do 2020, momento no que o Tribunal se reunirá e se procederá a publicación definitiva da lista.Publícase a plantilla das respostas do primeiro exercicio (ANEXO 1).

Publícase a celebración do segundo exercicio, de carácter práctico así como a posterior lectura do mesmo, na Casa do Concello de Forcarei, o xoves 23 de xullo de 2020, ás 09:00 horas.

Puntuacións do primer exercicio.




APROBACIÓN DA LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DUN EDUCADOR A FAMILIAR PARA O CONCELLO DE FORCAREI

APROBACIÓN DA LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DUN EDUCADOR A FAMILIAR PARA O CONCELLO DE FORCAREI


RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

EXPEDIENTE:682/2020
ASUNTO: SELECCION PERSOAL LABORAL TEMPORAL DUN EDUCADOR/A FAMILIAR PARA O CONCELLO DE FORCAREI


Vistas as bases de selección de persoal laboral temporal dun Educador/a familiar para o Concello de Forcarei, de data 29/06/2020.

Vistas as solicitudes para o posto de persoal laboral temporal dun Educador/a familiar para o Concello de Forcarei.

Á vista dos antecedentes expostos, esta Alcaldía, en base ás competencias establecidas pola lexislación vixente, esta Alcaldía


RESOLVE

Primeiro.- Admitir ao proceso selectivo de persoal laboral temporal dun Educador/a familiar, a seguinte lista:

Listado de admitidos


Segundo.- Sinalar como día de realización do primeiro exercicio o 17/07/2020 na Casa do Concello de Forcarei, ás 10,30 h.

Terceiro.- O Tribunal calificador estará constituido por:

PRESIDENTE: Mª ELENA MAGARIÑOS DURÁN, Traballadora Social do Concello de Forcarei, ou persoa en quen delegue.
TRES (3) FUNCIONARIOS OU PERSOAL LABORAL:
    • - MARTA CALDAS FARIÑAS, Traballadora Social do Servizo de Cohesión Social e Xuventude da Deputación Provincial de Pontevedra, ou persoa en quen delegue.
    • Mª DOLORES CLEMENTE MARTÍNEZ, Educadora Familiar do Concello de A Estrada, ou persoa en quen delegue.
    • SANTIAGO GARCIA TELMO, Educador familiar do Concello de Ribadumia, ou persoa en quen delegue.
SECRETARIO/A: CRISTINA REGENJO PEDREIRA, Traballadora Social do Concello de Cerdedo-Cotobade.

Cuarto.- Publicar a presente Resolución no Taboloiro de Anuncios, sede electronica forcarei.sedelectronica.gal e www.forcarei.net



BASES PARA A CONVOCATORIA E SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DUN EDUCADOR A FAMILIAR

BASES PARA A CONVOCATORIA E SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DUN EDUCADOR A FAMILIAR


1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

É obxecto das presentes bases establecer os criterios para a selección, no prazo establecido nesta convocatoria, dun/ha EDUCADOR/A FAMILIAR para o Concello de Forcarei (Pontevedra).

A contratación encóntrase motivada pola necesidade temporal, de cubrir de maneira rápida e áxil o posto de EDUCADOR /A FAMILIAR, necesario para o correcto desenvolvemento das distintas actividades sociais e educativas do Concello de Forcarei. Tratase en definitiva, de cubrir necesidades urxentes e inaprazables derivadas dun sector, unha función e unha categoría profesional que se considera prioritaria e que afecta ao funcionamento dos servizos públicos esenciais deste Concello, de acordo co previsto no artigo 19. 2º da Lei 6/2018, de 3 de xullo, de Presupostos Xerais do Estado para 2018.

A motivación da convocatoria da selección estriba nas Bases Reguladoras do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2020, onde se inclúe o financiamento dos gastos polos conceptos de salarios e seguridade social do persoal que realice as tarefas propias do seu posto nos servizos sociais municipais básicos, con perfís profesionais diferentes e complementarios aos do profesional de referencia, segundo o artigo 37 do Decreto 99/2012, de 16 de marzo que regula os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

As bases publicaranse no Taboleiro de Edictos e na Páxina web do Concello de Forcarei: www.forcarei.net así como na sede electrónica: https://forcarei.sedelectronica.gal/

2.- CARACTERISTICAS DO POSTO DOS ASPIRANTES

  A persoa seleccionada formalizará un contrato de traballo de obra ou servizo, a xornada completa de luns a venres. O posto convocado terá carácter de persoal laboral temporal cunha duración de cinco meses e medio.

O sistema de selección será concurso–oposición.

O período de proba do contrato establecese en quince días de conformidade co disposto no artigo 14 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores.

Transcorrido o período de proba sen que se producise o desestimento, o contrato terá plenos efectos, computándose o tempo dos servizos prestados na antigüidade do traballador/a.

As retribucións a percibir serán: 2.071,28 € brutos/ mes, incluídos os conceptos salariais e de Seguridade Social.

As funcións a realizar son as propias do posto.

Bases da convocatoria completas

Publicación no BOP




APROBACIÓN DA LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DE PARA A BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS PARA O ANO 2020.

APROBACIÓN DA LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DE PARA A BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS PARA O ANO 2020.


EXPEDIENTE:1256/2019
ASUNTO: BRIGADA PREVENCION E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

Visto o convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural e Concello de Forcarei, asinado en data 27/06/2019 para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento  Rural (FEADER)
no marco do PDR de Galicia 2014-2020 .
Visto a addenda ó dito convenio asinado en data 17/12/2019.
Vistas as bases de selección para a contratación laboral temporal de persoal (1 Xefe de Brigada e 4 peóns) para a brigada de prevención e defensa de incendios forestais no Concello de Forcarei, de data 08/06/2020.
Vistas as solicitudes para formar parte da brigada de prevención e defensa de incendios forestais para o ano 2020.

Á vista dos antecedentes expostos, esta Alcaldía, en base ás competencias establecidas pola lexislación vixente.


RESOLVE

Primeiro.- Admitir ó proceso selectivo para Xefe de Brigada e Peóns do servizo de prevención e defensa de incendios forestais a seguinte lista:

Resolución

Segundo.- Sinalar como día de realización do exame terórico e practico o xoves 18 de xuño ás 8:00 horas no Pavillón Polideportivo de Forcarei

No caso de non rematar todos os aspirantes, continuarase coas probas o venres 19 de xuño ás 8:30 horas.

Terceiro.- Publicar    a  presente  Resolución  no  Taboloiro  de  Anuncios,  sede  electronica forcarei.sedelectronica.gal e www.forcarei.net



SELECCION CONDUTORES-OPERARIOS DE SERVIZOS PARA VEHICULO PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

SELECCION CONDUTORES-OPERARIOS DE SERVIZOS PARA VEHICULO PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS


EXPEDIENTE:1256/2019
ASUNTO: SELECCION CONDUTORES-OPERARIOS DE SERVIZOS PARA VEHICULO PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

 
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
 

Visto o convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural e Concello de Forcarei, asinado en data 27/06/2019 para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento  Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 .
Visto a addenda ó dito convenio asinado en data 17/12/2019.
Vistas as bases de selección para a contratación laboral temporal de 2 condutores-operarios de servizos para vehiculo motobomba, para a prevención e defensa de incendios forestais no Concello de Forcarei, de data 08/06/2020.
Vistas as solicitudes para os postos de condutor-operarios de servizos para prevención e defensa de incendios forestais para o ano 2020.

Á vista dos antecedentes expostos, esta Alcaldía, en base ás competencias establecidas pola lexislación vixente.

RESOLVE

Primeiro.- Admitir ó proceso selectivo de 2 condutores-operarios de servizos para vehiculo motobomba, para a prevención e defensa de incendios forestais, a seguinte lista:



Segundo.- Sinalar como día de realización do exame terórico e practico o xoves 18 de xuño ás 8:00 horas no Pavillón Polideportivo de Forcarei

No caso de non rematar todos os aspirantes, continuarase coas probas o venres 19 de xuño ás 8:30 horas.

Terceiro.- Publicar a presente Resolución no Taboloiro de Anuncios, sede electronica forcarei.sedelectronica.gal e www.forcarei.net



RESULTADO DA SELECCIÓN DE SOCORRISTAS 2020- PROBA ESCRITA

RESULTADO DA SELECCIÓN DE SOCORRISTAS 2020- PROBA ESCRITA


Reunido o Tribunal valorador das probas de selección da oferta 12-2020-3 729 de 3 SOCORRISTAS,para o Servizo de vixiante de instalacións Deportivas (Socorristas para Piscinas Municipais) en base á Orde de 20/12/2019 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2020 publicada no DOG nº 18 do 28 de xaneiro de 2020.

Listado de aspirantes / puntuación:

Listado

A proba practica terá lugar o próximo xoves día 18, ás 13:00 horas na piscina municipal de Forcarei



CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL (1 CONDUCTOR- OPERARIO DE SERVIZOS) PARA VEHÍCULO MOTOBOMBA DO CONCELLO DE FORCAREI, POR VACANTE.


Duración: Desde o día da súa formalización ata o 30/09/2018.
Xornada: COMPLETA (incluídos fins de semana e festivos)
Cantidade Bruta a percibir: 1.490,15.-€

SOLICITUDES: Presentaranse no rexistro xeral do Concello de Forcarei nun prazo de DEZ DÍAS naturais a contar dede o día seguinte á publicación deste anuncio no FARO DE VIGO

BASES DA CONVOCATORIA: No Concello de Forcarei e na páxina web www.forcarei.net) e na sede electrónica (http://forcarei.sedelectronica.gal).

Forcarei, a 6 de agosto de 2018

O ALCALDE ACCIDENTAL.
Asdo: Vicente Búa Martínez.



Plan Concellos 2018. LINA 3. EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2018 DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL.


20/04/2018

O Concello de Forcarei, con cargo a subvenci6n do Plan Concellos 2018 da Excma. Deputaci6n Provincial. Lina 3 emprego, contratou os seguintes servizos:

Servizo de medio ambiente.- 4 traballadores desempregados, da seguinte forma:

  • 3 peóns forestais, durante 8 meses, xornada completa
  • 1 peón para recollida de lixo, durante 8 meses, xornada completa

Servizo de obras publicas.- 5 traballadores desempregados da seguinte forma:

  • 2 operarios de servizos (peóns obras publicas), durante 7 meses, xornada completa
  • 2 oficial de obras publicas, Albaneis, durante 8 meses, xornada completa
  • 1 condutor de camión e maquinaria, durante 6 meses, xornada completa

Para o financiamento destes servizos a Deputación Provincial concedeu ó Concello de Forcarei unha axuda por importe de 80.454,88 €.

Anuncio Completo



Bases para a selección e posterior contratación laboral temporal de 3 socorristas afectos ó servizo de salvamento nas piscinas municipais do Concello para o ano 2017


PRIMEIRA. OBXECTO, RÉXIME DE CONTRATACIÓN E SISTEMA DE SELECCIÓN.

O obxecto das presentes bases é a selección e posterior contratación de 3 socorristas que estarán destinados ao servizo de salvamento nas  piscinas municipais, durante a tempada de verán do ano 2017.

A contratación será de carácter laboral e temporal, de acordo coas condicións establecidas no artigo 3 do Real Decreto Lei 20/2011, de 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público, cunha duración de dous meses e catro días (ampliable a tres, no caso de concederse á subvención solicitada á Xunta de Galicia, con base no Plan de fomento de Emprego e mellara da empregabilidade de 2017, aprobado poi a Orde de 2 de maio de 2017, publicada no DOG nº87 de 8 de maio de 2017), en réxime de xornada completa, cun salario bruto mensual, parte proporcional das pagas extras incluída, de 1.144,17 euros.

Cos aspirantes que tendo superado o proceso, e pala nota final non acadasen praza, confeccionarase un listado para cubrir as baixas ou renuncias que se puideran producir entre o persoal que si resultase seleccionado, adxudicándose a contratación ao seguinte aspirante en puntuación.

O sistema de selección será o establecido na Orde de 2 de maio de 2017, publicada no DOG nº 87 de 8 de maio de 2017.

Bases de contratación completas




 

Nº de resultados:
29
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +