A Corporación Municipal e Pleno
O Pleno é o órgano de máxima representación política da cidadanía dentro do goberno municipal e está constituído pola alcaldesa e os concelleiros (é precisamente a alcaldesa a quen lle corresponde convocar e presidir as sesións plenarias aínda que pode delegar nalgún dos concelleiros).
Unha das funcións do Pleno municipal que ten maior relevancia, dentro das súas tarefas de fiscalización e control dos órganos de goberno, está a votación das mocións de censura e confianza. Así mesmo, do Pleno dependen os acordos relativos á alteración da composición ou dos lindes do termo municipal ou os acordos sobre a participación do Concello en órganos supramunicipais.
Do Pleno dependen tamén as aprobacións e modificacións de regulamentos orgánicos, ordenanzas, orzamentos, cadros de persoal, regulamentos municipais, etc. A aprobación inicial e final das tramitacións urbanísticas tamén é unha das competencias do Pleno, así como a transferencia das súas funcións a outras administracións ou a determinación do xeito no que o Concello xestionará os servizos municipais.
O Pleno da Corporación, acordou que a periodicidade das sesións do pleno será bimensual, en meses pares, celebrándose o terceiro xoves do mes, ás 12:00 horas, agás no mes de agosto que se celebrará o derradeiro venres do mes.
E está constituído por os seguintes membros:
PSdeG-PSOE (PARTIDO SOCIALISTA OBREIRO ESPAÑOL)
- Verónica Pichel Guisande (Forcarei, 35 anos). Empresaria, consultora, docente e auditora de calidade especializada no sector turístico, cofundadora de Proturga e socia fundadora do Clúster de Turismo Galicia. Presidenta do colectivo cultural Co-Enrédate e forma parte da directiva da Asociación de Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes.
- Jose de la Fuente Villamayor (Graña de Umia, 48 anos).Empresario gandeiro esocio de Gandeiría de la Fuente.
- Paula Vázquez Martínez (Quintelas-Dúas Igrexas 19 anos). Estudante de INEF na Universidade de A Coruña, xogadora de fútbol feminino e promotora de iniciativas locais a prol da igualdade.
- Ana Doval Fraíz (Soutelo de Montes, 42 anos). Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración. Colaboradora da Asociación Cultural O Can de San Roque. Actualmente é asesora de Proxectos Sociais na Deputación de Pontevedra.
- José Álvarez Sanmartín (Morgade -Presqueiras, 35 anos). Pensionista,forma parte da directiva da Comunidade de Montes e é promotor das festas patronais de San Miguel de Presqueiras.
PPG (PARTIDO POPULAR)
Belén Cachafeiro Anta (Forcarei, 51 anos). Empresaria do sector servizos e preside a Asociación de Mulleres de Forcarei (Amfor). Ricardo Villaverde Iglesias (Dúas Igrexas, 50 anos). Empresario gandeiro. Vicente Búa Martínez (San Miguel de Presqueiras, 38 anos). Técnico Superior en Xestión Comercial e Marketing, traballa na empresa local Vidrogal. Tamén é secretario da comunidade de montes. Alejo Vidal Moreno (Meavía, 34 anos). Licenciado en Ciencias Empresariais e presidente da asociación cultural San Juan de Meavía e da asociación xuvenil San Amaro. Angeles Ballesteros Vilariño (Soutelo de Montes, 46 años).Comerciante e membro da Directiva da Comunidade de Montes de Soutelo.BNG (BLOQUE NACIONALISTA GALEGO)
- Roberto Jorge Correa. (Presqueiras, 44 anos). Enxenieiro forestal. Traballa no Servizo de Defensa contra Incendios e Xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros. Forma parte da directiva da comunidade de montes de Presqueiras.
Rexistro de intereses
O Concello de Forcarei a través da Secretaría-Intervenciónten á disposición de todos aqueles que o soliciten, o rexistro de intereses da alcaldesa Verónica Pichel Guisandee dos concelleiros que integran a corporación, que inclúe a súa declaración de bens e a de actividades e causas de posible incompatibilidade.
Ordes do día e actas plenarias
Ano 2015
Acta 01. Sesión constitutiva da Corporación Municipal o día 13/06/2015
Acta 02. Sesión extraordinaria do 19/06/2015
Acta 03. Sesión extraordinaria do 30/07/2015
Acta 04. Sesión ordinaria do 28/08/2015
Acta 05. Sesión extraordinaria do 11/09/2015
Acta 06. Sesión extraordinaria do 24/09/2015
Acta 06. Sesión ordinaria do 15/10/2015
Acta 06. Sesión extraordinaria do 23/11/2015
Acta 07. Sesión ordinaria do 17/12/2015
Ano 2016
Acta 01. Sesión ordinaria do 18/02/2016
- Orde do día do pleno ordinario do 21/04/2016
Acta 02. Sesión ordinaria do 21/04/2016
- Orde do día do pleno extraordinario do 04/05/2016
Acta 03. Sesión extraordinaria do 04/05/2016
- Orde do día do pleno extraordinario do 19/05/2016
Acta 04. Sesión extraordinaria do19/05/2016
- Orde do día do pleno extraordinario do 30/05/2016
Acta 05. Sesión extraordinaria do30/05/2016
- Orde do día do pleno ordinario do 16/06/2016
Acta 06. Sesión ordinaria do16/06/2016
- Orde do día do pleno extraordinario do 30/08/2016
Acta 07. Sesión extraordinaria do30/08/2016
- Orde do día do pleno extraordinario do 07/09/2016
Acta 08. Sesión extraordinaria do 07/09/2016
- Orde do día do pleno extraordinario do 29/09/2016
Acta 09. Sesión extraordinaria do 29/09/2016
- Orde do día do pleno ordinario do 20/10/2016
Acta 10. Sesión ordinaria do 20/10/2016
- Orde do día do pleno ordinario do 15/12/2016
Acta 11. Sesión ordinaria do 15/12/2016
- Orde do día do pleno extraordinario do 30/12/2016
Acta 12. Sesión extraordinaria do 30/12/2016
Nº de resultados:
1
1