Categoría: Vivenda

SUBVENCIÓNS VIVENDA

SUBVENCIÓNS VIVENDA


Praza da Igrexa nº 1 CP. 36550 FORCAREI

DATOS DE CONTACTO PARA ATENCIÓN E CITA PREVIA

- Teléfono 986 75 50 36

- E-mail: desenvolvementolocal@forcarei.net

- ATENCIÓN PÚBLICO: De Luns a Venres de 9:00 a 14:00 h













Data presentación solicitudes: ata o 31 de maio.








BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL DO PLAN REHAVITA. PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS (VI482A e VI482B)

BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL DO PLAN REHAVITA. PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS (VI482A e VI482B)


· OBXECTO: convocar as axudas do Programa do bono do alugueiro social, para o ano 2021, con financiación plurianual.

· PROCEDEMENTO: concorrencia non competitiva.

· AS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE BONO DO ALUGUEIRO SOCIAL ESTÁN DESTINADAS A ATENDER CON CARÁCTER URXENTE AS SEGUINTES UNIDADES DE CONVIVENCIA:

- Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron que a persoa arrendadora dunha demanda de desafiuzamento por impago das rendas.

- Vítimas de violencia de xénero que teñan dificultade para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de acollemento.

- Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual, que posúen en calidade de propietarias ou usufrutuarias, por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións ...

- Aquelas que, tivesen sido beneficiarias do programa Aluga, e tiveran desfrutado na súa totalidade da subvención de dito programa e tivese finalizado o período máximo de desfrute desa axuda dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono alugueiro social.

- Aquelas que sendo arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, tivese finalizado a vixencia do seu contrato, a partires da entrada en vigor desta orde.

- Aquelas as cales, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite de ingresos mínimos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.

- Aquelas que sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou do Sareb, finalizaran a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono de alugueiro social.

· REQUISITOS PERSOAS BENEFICIARIAS:

- Estar empadroadas e ter residencia efectiva nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia durante os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.

- Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento , cunha duración mínima dun ano.

- Que a vivenda constitúa ou vaia constituír o seu domicilio habitual ou permanente.

- Que a renda do contrato non supere os 350€ ( para o caso do concello de Forcarei).

- Que os ingresos da unidade de convivencia da persoa beneficiaria sexan iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM.

- Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora.

- Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou usufruto, a excepción de que dispoñendo dela non goce do seu uso ou desfrute por tratarse dunha vivenda insuficiente ou inadecuada por razóns de habitabilidade e mobilidade.

- Que as persoas membros da unidade de convivencia estean ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

· IMPORTE MENSUAL desta axuda para o concello de Forcarei será dunha contía de 175€ mensuais.

· PRESENTACIÓN SOLICITUDES:

- O prazo de presentación de solicitudes esténdese ata o 10 de decembro de 2021.

- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Tamén se poderán presentar presencialmente por calquera dos medios establecidos na normativa de procedemento administrativo común das administracións públicas.



AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS

AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS


RESOLUCIÓN DO 29 DE MARZO DE 2021 POLA QUE SE APROBAN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, DAS AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS, E SE ESTABLECE A SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2021 (MT402A)

·                    OBXECTO: aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública para o ano 2021 para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos.

Os principais obxectivos son aumentar a sensibilidade cidadá en relación coas alteracións ou impactos en relación coa paisaxe así como sensibilizar e fomentar a colaboración cidadá en coordinación coas administracións públicas.

·                    PROCEDEMENTO: concorrencia non competitiva.

·                    PODERÁN SER OBXECTO DE SUBVENCIÓN AS SEGUINTES ACTUACIÓNS:

-          Tratamento de paredes medianeiras vistas, mediante cobertura con materiais de revestimento, pintado ou tratamento vexetal,  adaptadas aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia.  

-          Revestimento e pintado de fachadas actualmente rematadas en ladrillo cerámico ou bloque de formigón sen revestir, adaptados aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia

-          Renovación do acabamento exterior das fachadas de edificacións (parámetros e carpintarías) que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia da tonalidade e/ou intensidade da actual cor de acabamento, para substituílo por solucións adaptadas á Guía de cor e materiais de Galicia

-          Remate exterior de cubertas realizadas con pranchas de fibrocemento, mediante a instalación ben de tella cerámica, ben de lousa, en función do material tradicional da comarca, de acordo coas recomendacións da Guía de cor e materiais de Galicia.

-          Acondicionamento e mellora de peches de predios de gran dimensión (altura superior a 1,50 metros), mediante a substitución de muros opacos por solucións diáfanas ou sebes vexetais adaptadas aos criterios da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.

-          Revestimento de muros de cerramento de predios realizados con bloques de formigón, con fábrica de pedra semellante á cachotaría tradicional, adaptada aos criterios de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.

-          Substitución de celosías e outros tipos semellantes de pezas prefabricadas de cerámica ou de formigón, en cerramentos de predios, por solucións diáfanas ou sebes vexetais adaptadas aos criterios da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.

 

·                    REQUISITOS OBTENCIÓN DA SUBVENCIÓN

-          Unha solicitude por persoa ou entidade solicitante. Cada solicitude corresponderase cun único proxecto, aínda que en cada proxecto se poderá incluír máis dunha actuación.

-          A persoa ou entidade solicitante deberá acreditar a plena dispoñibilidade sobre os terreos ou inmobles en que se pretenden realizar as actuacións (copia da escritura da propiedade ou de calquera outro dereito real sobre o ben ou recurso).

-          Para levar a cabo as actuacións para as cales se solicita a subvención, deberase contar coas autorizacións ou licenzas urbanísticas ou sectoriais que resulten preceptivas, tanto das entidades locais como por parte doutros organismos ou administracións públicas. O cumprimento de dito requisito acreditarase na fase de xustificación, sen prexuízo da declaración responsable na fase de solicitude.

 

·         GASTOS SUBVENCIONABLES E CONTÍA DA SUBVENCIÓN

-          Gastos necesarios para a axeitada execución das actuacións subvencionadas, tales como , entre outros, os materiais e a man de obra.

-          Gastos honorarios facultativos pola redacción dos proxectos técnicos precisos para a execución das actuacións , así como pola dirección facultativa das obras e o custo dos estudos necesarios para a súa realización. Estes custos xerais non poderán superar o 10% do investimento subvencionable

-          Tributos cando o beneficiario/a os aboe efectivamente. En ningún caso se subvencionarán impostos indirectos cando sexan susceptibles de compensación ou recuperación, nin os impostos persoais sobre a renda.

 

·         IMPORTE DA SUBVENCIÓN SERÁ DO 70% DO ORZAMENTO DO INVESTIMENTO CO LÍMITE MÁXIMO DE 3000€

·         PERSOAS BENEFICIARIAS:

-          Persoas físicas titulares dun ben inmoble , recurso ou elemento, así como aqueles que posúan calquera título válido en dereito que autorice a realización da actuación subvencionada.

-          Comunidades de persoas propietarias.

 

·         PRESENTACIÓN:

-           As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, (obrigatoria para comunidades de persoas propietarias e agrupacións de persoas propietarias).

-          Prazo de presentación ata o 31 de maio.

 

·         DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA: as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

-          Acreditación da representatividade suficiente para actuar en nome da persoa ou entidade solicitante.

-          Anexo II, certificado dos acordos da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias.

-          Memoria técnica das actuacións das accións, que deberá conter, como mínimo descrición de traballos ou actividades, relación valorada, orzamento detallado, e co IVE desagregado, calendario e prazo aproximado de execución.

-          Documentación que acredite a titularidade, ou calquera título de disposición válido en dereito que autorice a realización da actuación solicitada.

-          Reportaxe fotográfica do ben sobre o cal se vai actuar: exteriores e da contorna en que se aprecia o elemento/s obxecto da actuación.

 

·         Data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 15 de outubro de 2021.

 

·         Para cobrar a subvención concedida  a persoa beneficiaria deberá presentar mediante a modalidade de conta xustificativa:

-          Solicitude de cobramento (anexo IV)

-          Memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención. A memoria incluirá fotografías das zonas reformadas que amosen as obras realizadas obxecto da subvención, así como de todos os elementos e demais actuacións de mellora de imaxe, e do material obxecto da subvención.

-          Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 40.000€ o beneficiario deberá presentar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores

-          Declaración responsable de que o beneficiario se encontra ao corrente das súas obrigas tributarias e fronte á seguridade social

-          Memoria económica do custo das actividades realizadas, factura ou lista de facturas xunto coas certificacións bancarias ou copias das ordes de transferencia que xustifiquen o seu pagamento.

-          Solicitude de comunicación previa realizada ante o Concello para o desenvolvemento das actuacións obxecto  da subvención, ou de ser o caso, as autorizacións ou licenzas urbanísticas ou sectoriais tanto municipais como doutros organismos ou administracións públicas que resulten preceptivas para a execución da actuación.

 

·         ENLACE SEDE ELECTRÓNICA XUNTA DE GALICIA: MT402A - Programa de ayudas para actuaciones de corrección de impactos paisajísticos - Sede Electrónica - Xunta de Galicia




 

Nº de resultados:
3
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +