Parroquia San Pedro de Quintillán
Atopamos nesta freguesía numerosos cruceiros, entre os que destaca o coñecido como cruceiro das Procesións, barroco e moi historiado, que se ergue no adro da igrexa parroquial. Esta conserva no seu interior varias imaxes do século XVI e unha pía bautismal do XIV. Son dignas de ollar algunhas das capeliñas que se sitúan na cabeza dalgúns sartegos do cemiterio parroquial, polo seu traballo de labra en pedra.
A Igrexa que data de 1605, con reformas no século XVIII. Os muros son de cadeirado e cachotaría de granito, con cuberta de tella a dous e catro augas. A fachada é barroca, rematada cunha espadana de varios vans, e rematada en pináculo.
1