Economía e Poboación


Economía e Poboación. Gandeiría


Canto á evolución da poboación, repartida nun cento de núcleos, obsérvase un claro retroceso desde principios do século ata a actualidade.

No ano 1925, segúndo os datos de Dantín Cereceda, o número de habitantes alcanzaba os 9.125, o que equivalía a unha densidade de 54,6 hab./km2. Nos anos sesenta a cantidade descendeu a 8.079 e en 1981 a 7.114. A principios dos 90 era de 5.823 e no ano 2000, supón un total de 5.065 habitantes, é dicir, unha densidade de 30,2 hab./km2. Por desgracia, o número total de habitantes segue baixando, chegando no ano 2014 os 3.696 habitantes.

Esta circunstancia explícase por un éxodo considerable á capital de provincia e a outras cidades de certo pulo industrial e comercial, así como por unha forte emigración a América nun principio, e ós países centroeuropeos a partir dos anos 50.

 

En canto a economía do Concello de Forcarei vén marcada desde hai séculos e de xeito total polas condicións xeográficas do solo. A poboación tendeu tradicionalmente a se asentar nos vales e a cultivar a superficie máis fértil, conformada por terreos con multitude de regueiros, na súa maior parte afluentes do Lérez.

A propiedade da terra está, coma en gran parte de Galicia, basada no minifundismo. Esta condición, xunto coa escasa mecanización, consecuencia inevitable da anterior, foron as características fundamentais que influíron no lento progreso da comarca. Este aspecto está tornando nos últimos dez anos, e a endémica reserva das parroquias sobre a conveniencia da concentración parcelaria está deixando paso á súa execución nalgunhas delas, de xeito que as condicións de explotación evidentemente veranse transformadas nun corto prazo de tempo. A esto hai que engadir unha serie de accións desenvolvidas como alternativa ó sector agropecuario no marco do P.R.O.D.E.R. "TERRA DE MONTES” (Programa operativo de desenvolvemento e diversificación económica das zoas rurais), entre os anos 1997 y 2000.

Un sector que sempre gozou dun pulo notable é o da construcción, que emprega a máis da terceira parte da poboación activa. Os sectores industrial e de servicios, lonxana aquela época de riquísima variedade nos oficios - o catastro do Marqués da Ensenada, de 1.752, enumera máis dun cento de oficios artesanais na Terra de Montes - , reviven paulatinamente gracias á iniciativa dalgúns pequenos e medianos empresarios, que están contribuíndo cos seus investimentos e proxectos a unha mellora notable no emprego, ó mesmo tempo que accións de respaldo público como a Escola-obradoiro Terra de Montes, sita no mosteiro de Aciveiro, procuran a capacitación e experiencia de novos artesáns e traballadores especializados.


ACEF A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Forcarei é un colectivo que naceu o 17 de decembro do ano 2002, cos seguintes obxectivos: dinamizar o comercio e as empresas locais implantando novas tecnoloxías, fomentar novas ideas empresariais intentando asentar o potencial tecido industrial, facer un mellor uso dos recursos humanos e territoriais dos que se dispón.

Está composta na actualidade de 143 socios. Estas empresas e comercios están representadas pola Xunta Directiva.

http://www.aceforcarei.com/

 




 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +