Escola Infantil. A Galiña Azul
CONTACTA CON NÓS:
Rúa das Maleitas, 7. Focarei 36550.
Teléfono: 986 75 46 15.
Correo electrónico: escolainfantil.forcarei@igualdadebenestar.org
Síguenos en: http://www.escolasinfantisdegalicia.es/forcarei
A Escola Infantil de Forcarei atópase integrada na Rede Galega de Escolas Infantís de Galicia "A Galiña Azul” dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualade e Benestar.
HORARIO: | PRAZAS: |
---|---|
De Luns a Venres de 8:00h a 19:30h. | A Escola Infantil de Forcarei é unitaria, polo que oferta 19 prazas de mañá e 19 prazas de tarde, máis unha de emerxencia social en ámbalas dúas xornadas. |
ÓRGANOS DE XESTIÓN DA ESCOLA:
- A Dirección do centro.
- A Comisión Educativa: órgano colexiado formado por: o/a director/a da escola, unha persoa en representación do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o persoal educativo.
- Consello Escolar: órgano colexiado formado por: o alcalde do Concello que preside o Consello, o director/a do centro, unha persoa como representante do Consorcio, unha de persoal educativo e unha en representación dos pais/nais, titores/as dos menores/as.
PERSOAL:
O persoal da escola está formado por dirección, mestras, educadoras e unha persoa de servizos xerais.
PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
1.- IDADES DE INGRESO E PERMANECIA:
Únicamente se poderá solcitar praza para aquela crianza que estea nada no momento de presentación da solicitude.
Os requisitos de idade que deberán cunprir os nenos serán os seguintes:
- Idade mínima: ter feitos os 3 meses na data de ingreso agás situacións especificas que se deberán acreditar co informe previo e favorable de Servizos Sociais do Concello ou do departamento da administración autonómica competente na materia.
- Idade máxima: non ter cumpridos os tres anos o 31 de decembro do ano de presentación da solicitude.
- Non obstaante, poderá eximirse do límite de idade aos nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo susceptibles da integración, logo do dictame conxunto da dirección e do organismo competente da Administración Autonómica.
2.- CRITERIOS DE ADMISIÓN:
- TIPOS DE PRAZAS:
A) Xornada completa, coas seguintes modalidades:
a) contínua: na que a crianza permanece na escola ata o máximo de 8 horas sen solución de continuidade.
b) partida: ma que a crianza permanece na escola ata o máximo de 8 horas establecido con solución de continuidade.
c) por quendas: na que por motivos persoais ou laborais dosproxenitores ou representantes legais da crianza e debidamente acreditados, esta asiste en días ou semanas alternas en horarios distintos.
B) Media xornada: na que a crianza asiste á escola 4 horas ou menos.
- TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES:
A) Reserva de praza:
Os pais/nais/titores dos nenos e nenas matriculados con praza na escola presentarán a solicitude de reserva da preza nas oficinas da mesma escola, onde se lles facilitará o impreso correspondente.
O prazo de presentación de solicitude de renovación será o previsto na resolución da Xerencia do Consorcio que se publicará na páxina web e no taboleiro de anuncios do Consorcio, así como no taboleiro de edictos do Concello e na Escola.
B) Solicitudes de novo ingreso:
Faranse segundo o modelo que se facilitará na escola e dende onde se prestará a colaboración precisa ás persoas usuarias para cubriren a solicitude a fin de que os datos estean debidamente cumprimentados.
Cando a solicitude non reúna os requisitos regulamentariamente establecidos, requirirase á persoa interesada para que enmende os erros ou a falta de documentos preceptivos nun prazo de 10 días hábiles, con indicación de que, de non o facer, a súa petición terase por desasistida.
O prazo de presentación de novas solicitudes para a incorporación das crianzas á escola no inicio do curso académico, é dicir, en Setembro, será no mes de maio, tendo en conta que os prazos concretos se publicarán na páxina web do Consorcio, no seu taboleiro de anuncios, así como no taboleiro de edictos do Concello e na Escola.
PROCESO DE ADMISIÓN DE USUARIOS:
Os usuarios que renovan praza no centro teñen preferencia de praza, co que unha vez renovadas as prazas para o curso académico que vai a entrar ofértanse o número de prazas sobrantes para completar o cupo, así, no mes de maio faise a preinscripción para os novos usuarios. Unha vez feita a preinscipción e aportada toda a documentación necesaria, a dirección do centro procederá a baremar as solicitudes. O baremo adxudicará unha puntuación ao usuario e calcúlase en función de: a situación socio-familiar, a situación laboral e familiar e a situación económica.
Este baremo preséntase ao Consello Escolar, que o aproba establecéndose así a listaxe provisional de admitidos para a escola infantil. Unha vez publicada a listaxe ábrense 10 días de prazo de reclamación para posteriormente facerse pública a listaxe definitiva de admitidos para dar lugar á apertura do prazo de matriculación.
Este proceso de baremación faise en maio, pero si quedaran prazas libres faríase outro proceso de baremación extraordinario en setembro, debendo entregar as solicitudes de preinscripción antes do 31 de agosto; seguindo o mesmo protocolo de aprobación de baremo, publicación de listaxes provisionais, prazo de reclamacións, publicación de listaxes definitivas e prazo de matriculación. As crianzas que se van ao baremo de setembro empezan na escola no mes de Outubro.
Se despois do proceso extraordinario de setembro, aínda quedaran prazas libres, faríase outra baremación extraordinaria no mes de decembro, debendo entregar as solicitudes de preinscripción antes do 30 de novembro para seguir co mesmo protocolo de actuación. As crianzas que vain ao baremo de decembro empezan na escola no mes de Xaneiro.
Toda a documentación necesaria para a preinscripción e para a matriculación será facilitada pola Escola Infantil.
3.- FINANCIAMENTO:
A prestación do servizo da escola finánciase cos recursos xerais do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, coas achegas do concello e cos prezos públicos que aboan as persoas usuarias.
1.- Os prezos públicos, son os establecidos polo Comité Directivo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e, en todo caso, non superarán os máximos establecidos nos prezos públicos aprobados pola Xunta de Galicia.
O seu pagamento farase a mes vencido debendo ser aboados nos primeiros 10 días do mes seguinte, mediante domiciliación bancaria na conta sinalada ao efecto no impreso anexo á matrícula.
2.- Todas as persoas usuarias aboarán a contía de once mensualidades por curso. Non se aboará o prezo correspondente ao mes de vacacións anual do neno/a. Se as vacacións se colleran repartidas en quince e quince días, non se aboará o mes correspondente á segunda quincena. Se por calquera motivo a escola permanecese pechada durante un número superior a quince días consecutivos non se aboará o prezo correspondente a este período.
3.- A non asistencia da persoa usuaria durante un período determinado, non supón redución ningunha nin a exención do prezo público mentres non se formalice a baixa correspondente. A pesar disto, e con carácter excepcional, poderán ser eximidas do seu pagamento aquelas persoas usuarias que, por motivos de saúde, acrediten, con anterioridade a producirse a ausencia e debidamente xustificado mediante informe médico, a imposibilidade de asisitir á escola durante un período superior a 30 días consecutivos.
4.- Revisión do prezo público: durante o curso poderase proceder á revisión, sempre que se produzan e xustifiquen variacións nas circunstancias económicas ou familiares. Neste sentido, a persoa beneficiaria queda obrigada a comunicar calquera variación que se produza ao respecto. Será o Consello Escolar quen propoña a modificación desta á Xerencia do Consorcio quen a elevará a definitiva ditando a resolución correspondente.
O Importe da cotas das persoas usuarias, calcularanse en base a 3 puntos fundamentais: a situación socio-familiar, a situación laboral dos proxenitores e a situación económica.
1