Punto Limpo

Punto Limpo


Teléfono: 986 75 52 19.

Polígono Industrial en Cachafeiro


O Punto Limpo ten o seguinte horario de apertura:

Sábado 10:00 h. a 13:00 h
16:00 h. a 19:00 h


O Concello de Forcarei ofrece ós seus veciños, ademais, un servizo de recollida domiciliaria de residuos destinados ó punto limpo.

Para esta recollida a domicilio de lixo voluminoso sen necesidade de que o acheguen eles, os veciños teñen que chamar ó teléfono 986 75 50 36 ou ben ó 986 75 54 32, dando os seguintes datos:

  1. Nome , enderezo e teléfono
  2. Tipo de residuo para recoller
  3. Cantidade

Obxectivos dos Puntos Limpos

Créanse puntos centralizados para o depósito por parte dos cidadáns daqueles residuos recollidos selectivamente para os que sexa precisa unha xestión específica, polo seu tamaño –residuos voluminosos– ou a súa composición –pilas, disolventes e outros materiais–

Os obxectivos principias destas instalacións son:

  • Recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, como o papel, vidro, metais, etc.
  • Evitar o vertido incontrolado de entullos e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos.
  • Separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente coma os medicamentos, pilas, pinturas, etc

O punto limpo de Forcarei está situado no Polígono Industrial da Freixeira (Cachafeiro).
O punto limpo é un recinto de recollida e xestión de residuos producidos no ámbito domiciliario. (Para os residuos producidos no ámbito industrial, a Xunta conta cos Centros Verdes).

 

Iglú VerdeIglú verde:vidro ( tarros, frascos, botellas )
Iglú AzulIglú azul:papel e cartón. ( caixas cereais, galletas, xornais, revistas, ...)
Iglú AmareloIglú amarelo: envases metálicos ( latas de conservas, de refrescos ...), de plástico ( deterxente, auga, ...), brik ( zume, leite, ...)


Residuos admisibles no Punto Limpo:

  • Vidro (iglú)
  • Papel (iglú)
  • Cartón (iglú)
  • Bricks, latas, envases.
  • Madeira.
  • Metais: aluminio, ferro, cobre, bronce, aceiro inoxidable, etc..
  • Plásticos.
  • Téxtil limpo

Voluminosos

  • Electrodomésticos
  • Enseres, mobles, colchóns, somieres, caixas portas e marcos, etc..
  • Entullos inertes de obra.

Tóxicos e perigosos

  • Aceites vexetais de cociña e minerais dos coches.
  • Baterías de automóbil.
  • Disolventes.
  • Pilas.
  • Sprays / aerosois
  • Radiografías
  • Tubos fluorescentes.
  • Pinturas e disolventes

Residuos non admisibles:

  • Materiais sen clasificar
  • Materia orgánica.
  • Zapatos e roupa sucia
  • Residuos infecciosos, clínicos, biosanitarios ou citolóxicos.
  • Residuos radioactivos (Pararraios...)
  • Residuos industriais de grandes e medianas empresas.
  • Residuos agrícolas ou gandeiros.
  • Residuos xerados por actividades mineiras ou extractivas
  • Productos procedentes de decomisados
  • Calquera outro residuo que non sexa facilmente identificable e clasificable na categoría de admisible.

Punto limpo en Cachafeiro (Forcarei)




 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +