TARDES DE LECER 2022-2023. ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 12 DE SETEMBRO

TARDES DE LECER 2022-2023. ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 12 DE SETEMBRO


- O Concello de Forcarei impulsa actividades para nen@s en Soutelo e Forcarei para axudar ás familias coa conciliación

O Concello de Forcarei abre o prazo para que as familias poidan facer a matrícula nas ‘Tardes de Lecer’, unha iniciativa dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos de idade, que busca axudar ás nais e pais da localidade a conciliar a vida laboral e familiar.

As ‘Tardes de Lecer’ estarán dispoñibles os luns e mércores en Forcarei (no Centro Social) e os martes e xoves en en Soutelo de Montes (no vestíbulo do auditorio)

As nenas e nenos poderán gozar de numerosos obradoiros e xogos sobre cociña, creatividade, teatro..., e levaranse a cabo accións ao aire libre sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

As familias interesadas neste servizo poderán cubrir o formulario nas oficinas do Concello. Terán que entregar tamén fotocopias de DNI, libro de familia ou documento que acredite a situación familiar, título de familia numerosa se é o caso, xustificante de ocupación laboral e documentación que acredite a mobilidade ao posto de traballo ou a non posibilidade de teletraballo.

As familias que xa participaron no campamento de verán ou en anteriores edicións de Tardes de Lecer, non terán que presentar toda esta documentación adicional, só a solicitude de inscripción.

Para a adxudicación das prazas terán prioridade @s empadroad@s e terase en conta a situación familiar das nenas e nenos: número de membros da unidade familiar, se as nais e pais traballan, etc.


Formulario de Inscripción



Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +