O Concello de Forcarei, comprometido coa protección do noso medio natural, pon en marcha un programa de compostaxe doméstica.

O Concello de Forcarei, comprometido coa protección do noso medio natural, pon en marcha un programa de compostaxe doméstica.


Quen pode participar?

No que respecta ao programa de compostaxe doméstica está aberto a toda a veciñanza de Forcarei.

Cales son as vías de inscrición?

As persoas que soliciten o composteiro poderán recollelo nas charlas informativas que terán lugar en setembro previa inscrición. A estas persoas faráselle tamén entrega dun manual de compostaxe e todas elas recibirán unha visita do persoal técnico encargado do proxecto co fin de analizar como evoluciona o proceso de compostaxe e resolver dúbidas.




Existen dúas posibles vías de inscrición:

· Enviando un correo electrónico a concello.forcarei@forcarei.net

· Chamando á Casa do Concello, no teléfono 986 755 036

No momento da inscrición deberán indicarse:

· Nome e apelidos.

· Enderezo.

· Teléfono de contacto.

O prazo de solitudes de composteiro xa está aberto




 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +