Neveras de Fixó, Millerada


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

SENDA DAS NEVEIRAS

Estado anterior das neveiras antes da súa rehabilitación e posta en valor

Dende o Miradoiro de Grobas, poderás salvar o desnivel da Pena de Malpaso e camiñar polo alto da devesa, ata atopar un fermoso miradoiro natural dende ande acadaremos vistas privilexiadas da aldea abandonada de Grobas.

Dende a Pena de Malpaso, poderás descender pola cara leste da ladeira ata o Regueiro de Malpaso e acompañar o seu curso ao carón da vexetación de ribeira por vales encaixados.

Entre piñeirais descubrirás as Neveiras a 810m e, a poucos metros, á Mámoa de Rofete, ambos os dous son bens etnográficos de grande interese arqueolóxico catalogados no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia. Outros dos lugares de interese que poderás visitar son o Muíño do Porto e as devesas.

O MVMC de Fixó-Portela caracterízase pola súa riqueza xeomorfolóxica e posúe zonas moi escarpadas e abruptas con pequenos vales encaixados e espectaculares miradoiros de ampla visibilidade. Está integrado no espazo natural "Serra do Candán", incluído na Rede Natura 2000 e na Rede Galega de Espazos Protexidos.

A pesares da gran decadencia económica do século XVII, colle pulo nesta época un rechamante tráfico de xeo e neve en toda a Península Ibérica. Estes produtos secundarios abastecían principalmente aos núcleos urbanos, aínda que o seu consumo tamén se estendeu a vilas e outros lugares. O comercio de xeo e neve destinábase principalmente a tres usos; en primeiro termo, á conservación de alimentos; en segundo, ao arrefriamento de comidas e bebidas e a elaboración de xeados e sorbetes; e finalmente se lle reserva un uso terapéutico na medicina.

?Na Península Ibérica, así coma noutras rexións de Europa Occidental, o aproveitamento e emprego da neve e do xeo xa fora explotado polos romanos no seu momento, aínda que o seu uso foi caendo en decadencia a partir do Baixo Imperio, ata a desaparición total da actividade na Europa cristiá durante a Idade Media. Pola contra, o seu uso entre os árabes persistiu. E así que esta segunda etapa do emprego do xeo e neve en Occidente e considerada por algúns autores coma unha innovación importada desde Oriente Próximo. Os centros urbanos da Mesopotamia Islámica eran grandes consumidores de bebidas frías, e esta moda foise estendendo lentamente por todos os pobos do Mediterráneo.

?En España, as primeiras referencias documentais sobre a construción de neveiras remóntanse á época Baixo-medieval. Esta e a cronoloxía que se supón tamén para as primitivas neveiras galegas, que foron presumiblemente edificadas por iniciativa de diversos mosteiros do Císter durante os séculos XII e XIII, aínda que o seu máximo apoxeo en canto á produción e comercialización da neve e do xeo prodúcese a finais do século XVI e comezos do XVII. O seu consumo foise incrementando ao longo deste século ata xeneralizarse por completo no século XVIII.

s Neveiras de Fixó, datadas no século XVII, eran explotadas polos monxes do Mosteiro de Aciveiro, que obtiñan delas unha das súas principais fontes de ingresos. O comercio de xeo foi unha das actividades máis rendibles da zona durante ese século, xa que o Camiño Real ou do correo que unía o Mosteiro de Aciveiro co Ribeiro, pasaba por estas montañas.

 


Ver Neveras de Fixó, Milleradai en un mapa máis grande

Tamén se pode acceder as neveiras, facendo a Senda das Neveiras, un precorrido por os puntos de maior interese paisaxístico e patrimonial do lugar de Fixó - Potela.

Dende o Miradoiro de Grobas, poderás salvar o desnivel da Pena de Malpaso e camiñar polo alto da devesa, ata atopar un fermoso miradoiro natural dende ande acadaremos vistas privilexiadas da aldea abandonada de Grobas.

Dende a Pena de Malpaso, poderás descender pola cara leste da ladeira ata o Regueiro de Malpaso e acompañar o seu curso ao carón da vexetación de ribeira por vales encaixados.

Entre piñeirais descubrirás as Neveiras e, a poucos metros, á Mámoa de Rofete, ambos os dous son bens etnográficos de grande interese arqueolóxico catalogados no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia. Outros dos lugares de interese que poderás visitar son o Muíño do Porto e as devesas.

 

Senda das Neveiras

Galería de Imaxes






12 de Outubro de 2016

Comeza a rehabilitación e posta en valor das Neveiras de Fixó

O Concello acaba de comezar as obras de rehabilitación das Neveiras de Fixó, uns recintos únicos dedicados á produción de xeo na Idade Media por parte dos monxes de Aciveiro, e quere que a cidadanía sexa partícipe destes traballos durante as escavacións arqueolóxicas, para o cal xa está programando a realización de visitas ás mesmas.

Este investimento, orzamentado en 103.000 euros, xurde dun convenio de colaboración asinado o pasado mes de agosto entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello, que son as dúas entidades que financiarán esta obra.

A actuación conta de dúas partes e a primeira delas, consistente na escavación e estudo arqueolóxico da zona, aínda que recén comezada xa dou os seus froitos, posto que se acaba de descubrir unha nova edificación na zona que podería ser unha terceira neveira.

Ante este achádego e o interese por estas singulares infraestruturas, xa se está a organizar visitas a estes traballos. A intención é que os escolares do municipio poidan visitalos durante a semana, e para elo xa se está a preparar unha carta para informar aos centros, e o público en xeral poida acceder nalgunha xornada de sábado.

Tras estes traballos arqueolóxicos, actualmente en marcha, procederase á rehabilitación das dúas neveiras, que se atopan en moi bo estado de conservación e que terán un tratamento distinto. A idea é realizar traballos de consolidación da superficie primando a estrutura existente e sen intervencións directas sobre os elementos construtivos orixinais, de tal xeito que só se acometan as obras necesarias de protección e limpeza para poñelas en valor.

Cada neveira recibirá accións específicas e diferenciadas. Así, na primeira das neveiras vaise instalar un elemento de protección para garantir a seguridade da infraestrutura e dos visitantes, mentres que na segunda, que está moito máis despexada de vexetación, tamén se vai colocar unha protección, pero con dimensións e configuración distintas para ofrecer outras sensacións. Asimesmo, vaise dotar dunha escaleira de caracol que, sen apoiarse na estrutura orixinal, permitirá o acceso ao interior da neveira.

Todo elo complementarase con folletos e paneis informativos.

Segue o día a día das excavacións en e tamén e en





 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +