Categoría: Actualidade

RESULTADO DA SELECCIÓN DE SOCORRISTAS 2020- PROBA ESCRITA

RESULTADO DA SELECCIÓN DE SOCORRISTAS 2020- PROBA ESCRITA


Reunido o Tribunal valorador das probas de selección da oferta 12-2020-3 729 de 3 SOCORRISTAS,para o Servizo de vixiante de instalacións Deportivas (Socorristas para Piscinas Municipais) en base á Orde de 20/12/2019 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2020 publicada no DOG nº 18 do 28 de xaneiro de 2020.

Listado de aspirantes / puntuación:

Listado

A proba practica terá lugar o próximo xoves día 18, ás 13:00 horas na piscina municipal de Forcarei



1º CAMPAMENTO URBANO CONCELLO DE FORCAREI

1º CAMPAMENTO URBANO CONCELLO DE FORCAREI


Elaboradas as bases que establecen o baremo de admisión que deberá rexir para o "1º CAMPAMENTO URBANO CONCELLO DE FORCAREI”, as que figuran no expediente tramitado ao efecto, e aprobadas por resolución da Alcaldía nº 381/2020,de data 29/05/2020, procede establecer o periodo de inscripción para a antedita actividade.
Visto que a competencia para a resolución do presente expediente está atribuída á Alcaldía

 
RESOLVO:
Primeiro.- Establecer como periodo de tempo para a inscrición no "1º CAMPAMENTO URBANO CONCELLO DE FORCAREI”, as datas comprendidas entre o 15 de xuño e o 23 de xuño de 2020.

Segundo.- As personas que presentaron no Concello a pre-inscrición para a dita actividade, considerase xa presentada a solicitude en prazo.

Terceiro.- Facer públicas as anteditas datas, mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web e na sede electrónica do mesmo.

Cuarto.- A relación de admitidos e excluídos faráse pública no taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web e na sede electrónica do mesmo o xoves, día 25 de xuño de 2020.



USO DE INSTALACIÓNS DURANTE A FASE 3 DA DESESCALADA DA CRISE SANITARIA PROVOCADA POLO COVID_19

USO DE INSTALACIÓNS DURANTE A FASE 3 DA DESESCALADA DA CRISE SANITARIA PROVOCADA POLO COVID_19


Considerando o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o ESTADO DE ALARMA e a normativa complementaria ao mesmo, publicada no BOE ata o día da data.

Esta Alcaldía, en virtude das competencias que lle outorga a Lei Reguladora das Bases do Réxime Local

RESOLVE:

PRIMEIRO: Establecer as seguintes condicións de obrigado cumprimento, nas instalacións e actividades que se fan constar, durante a FASE 3 da desescalada da crise sanitaria provocada polo

COVID 19, tendo en conta as seguintes normas aplicables a todas as actividades:

a) Calquera actividade permitida deberá desenvolverse en condicións de seguridade, autoprotección e distanciamento social. O uso das máscaras fora do fogar é obrigatorio cando non poida garantirse o distanciamento social. Igualmente, deberase facilitar a dispoñibilidade e o acceso a solucións hidroalcohólicas para practicar unha hixiene de mans frecuente.

b) Todos os locais e demais establecementos, así como o seu equipamento, das actividades permitidas deberán ser periodicamente desinfectados e hixienizados.

INSTALACIÓN /ACTIVIDADE FASE 3

CASA DO CONCELLO

  • Apertura con atención ao público con cita previa, de 9,00 a 14,00 horas
  • Solicitude de cita previa no teléfono 986755036
  • Os servizos que prestarán atención ao público son Rexistro, Oficinas Xerais, Urbanismo e Arquitectura, Servizos Sociais e Alcaldía
  • Todos os servizos activos na sede electrónica: https://forcarei.sedelectronica.gal
  • Notaría atención ao público con cita previa no teléfono 986755667

BIBLIOTECA

  • Nas bibliotecas poderán realizarse actividades culturais, sempre que non se supere o 50% do aforo autorizado. Poderá tamén permitirse o estudo en sala, sempre que se dean as condicións necesarias segundo a dirección da biblioteca, e non se supere o 50% do aforo autorizado.

CIRCUITO CAFETERIA

  • Poderán reabrir ao público os establecementos de hostalería e restauración para consumo no local, sempre que non se supere o 50% do seu aforo.
  • O consumo dentro do local poderá realizarse sentado en mesa, ou agrupacións de mesas, preferentemente mediante reserva previa.
  • Deberá asegurarse o mantemento da debida distancia física de dous metros entre as mesas ou agrupacións de mesas. A mesa ou agrupación de mesas que se utilice para este fin, deberán ser acordes ao número de persoas, permitindo que se respecte a distancia mínima de seguridade interpersoal.
  • Estará permitido o consumo na barra sempre que se garanta unha separación mínima de 2 metros.
  • Nas terrazas ao aire libre limitarase o aforo ao 75% das mesas, cunha ocupación máxima de 20 persoas por mesa ou grupos de mesas.
  • Eliminaranse produtos de autoservizo como servilleteros, palilleiros, vinagreras, aceiteras, e outros utensilios similares, priorizando monodosis desechables ou o seu servizo noutros formatos baixo petición do cliente.

CIRCUITO

  • Apertura con medidas de hixiene e protección reforzadas e, se é posible, quendas.
  • A instalación estará provista de material de desinfección.
  • Na actividade gardaranse en todo momento as medidas preventivas indicadas. Os responsables establecerán baixo a súa responsabilidade os horarios necesarios para garantir que os deportistas garden as distancias previstas.
  • Antes da reapertura, haberá que facer unha limpeza e desinfección xeral a fondo de todas as estancias e o mobiliario das instalacións deportivas.
  • Tamén haberá que realizar limpeza e desinfección máis a miúdo, mínimo dúas veces ao día, especialmente das superficies de contacto manual como picaportes, pomos, varandas, bancos, cadeiras, percheiros e baños, entre outros.
  • Deberase facer un control estrito do acceso ás instalacións, restrinxido ás persoas debidamente autorizadas, para poder controlar o aforo que se determine
  • En todo o centro haberá información clara e concisa de pautas de aseo e normas de comportamento, mediante cartelería e sinalectica de recursos, para minimizar o risco de contaxio, distribuídas por zonas de práctica deportiva, entrada, aseos e principais zonas de paso

Entrenamento medio en ligas non profesionais federadas.

  • Os deportistas integrados en clubes participantes en ligas non profesionais federadas poderán realizar adestramentos de tipo medio, consistentes no exercicio de tarefas individualizadas de carácter físico e técnico, así como na realización de adestramentos tácticos non exhaustivos dirixidos á modalidade deportiva específica, mantendo as distancias de seguridade de 2 metros de maneira xeral e evitando en todo casos situación nas que se produza contacto físico.
  • Adestramentos por turnos, evitando superar o 50% do aforo.
  • Poderanse utilizar vestiarios, respectado o disposto ao efecto nas medidas xerais de prevencióne hixiene fronte ao covid-19 indicadas polas autoridades sanitarias
  • En todo caso seguiranse as medidas de prevención e protección establecidas polas autoridades sanitarias.
  • Deberase realizar una limpeza e desinfección periódica das instalacións.

XIMNASIO

  • Poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata 20 persoas, sen contacto físico, e sempre que non se supere o 50% do aforo máximo permitido
  • En todo caso, seguiranse as medidas de prevención e protección establecidas polas autoridades sanitarias.
  • Sempre que sexa posible deberá manterse unha distancia de seguridade de 2 metros.
  • Queda permitida a utilización de vestiarios e zonas de duchas.
  • Vestiarios: ocupación máxima de 1 persoa para espazos de ata 4m2, salvo naqueles supostos de persoas que poden precisar asistencia. 
  • Para aseos de máis de 4 metros cuadrados que conten con máis de 1 cabina ou urinario, a ocupación máxima será do 50%, debendo manter a distancia de seguirdade de 2 metros. Deberá reforzarse a limpeza e desinfección dos aseos garantindo o estado de salubridade e hixiene dos mesmos.

IGREXAS


  • Permitirase a asistencia a lugares de culto sempre que non se supere o 75% do aforo. 
  • Manterase a distancia de seguridade e, en todo caso, un máximo de 150 persoas en espazos ao aire libre ou de 75 persoas en espazos pechados. 
  • O aforo máximo debe publicarse en lugar visible do espazo destinado ao culto.


CEMITERIOS, VELATORIOS, CEREMÓNIAS FÚNEBRES, ENTERRAMENTOS

  • Os velorios poderán realizarse cun límite máximo de 50 persoas en espazos ao aire libre ou 25 persoas en espazos pechados, con independencia de que os mesmos sexan convivientes.
  •  A comitiva para a despedida da persoa falecida restrínxese a un máximo de 50 persoas e sempre respectando as medidas de distanciamento e hixiene.


HOSTALERÍA, RESTAURANTES, CAFETERÍAS

  • Poderán reabrir ao público os establecementos de hostalería e restauración para consumo no local, sempre que non se supere o 50% do seu aforo.
  • O consumo dentro do local poderá realizarse sentado en mesa, ou agrupacións de mesas, preferentemente mediante reserva previa.
  • Deberá asegurarse o mantemento da debida distancia física de dous metros entre as mesas ou agrupacións de mesas. 
  • A mesa ou agrupación de mesas que se utilice para este fin, deberán ser acordes ao número de persoas, permitindo que se respecte a distancia mínima de seguridade interpersoal.
  • Estará permitido o consumo na barra sempre que se garanta unha separación mínima de 2 metros.
  • Nas terrazas ao aire libre limitarase o aforo ao 75% das mesas, cunha ocupación máxima de 20 persoas.
  • Eliminaranse produtos de autoservizo como servilleteros, palilleiros, vinagreras, aceiteras, e outros utensilios similares, priorizando monodosis desechables ou o seu servizo noutros formatos baixo petición do cliente.


COMERCIO MINORISTA E ACTIVIDADES DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS

  • Os comercios poden abrir cun 50% do aforo total garantindo unha distancia mínima de dous metros entre clientes.
  • Débese establecer un horario de atención con servizo prioritario para maiores de 65 anos.
  • Poderá establecerse un sistema de repartición a domicilio preferente para colectivos determinados.
  • Non se poderá poñer ao dispor dos clientes produtos de proba non destinados á venda como cosméticos, produtos de perfumería, e similares que impliquen manipulación directa por sucesivos clientes.
  • Non se poderán colocar nos establecementos comerciais produtos de telecomunicacións para uso e proba sen supervisión dun traballador que de maneira permanente poida proceder á súa desinfección inmediata tras a manipulación por parte de cada cliente.
  • Nos establecementos do sector téxtil e de arranxos de roupa e similares, os probadores deberán utilizarse por unha única persoa e despois do seu uso limparanse e desinfectaranse. As pezas que se proben deberán ser hixienizadas antes de ser facilitadas a outros clientes. Esta medida será tamén aplicable ás devolucións de pezas.

SEGUNDO: A presente resolución da Alcaldía terá vixencia durante o periodo no que a Fase 3 da Desescalada teña efectos no Concello de Forcarei.

TERCEIRO: Dar traslado da presente resolución á Comisión de Seguimento do Covid-19 no Concello de Forcarei e aos Grupos Políticos integrantes da Corporación Municipal do Concello, así como darlle publicidade a través da sede electrónica e na páxina web municipal.




USO DE INSTALACIÓNS DURANTE A FASE 2 DA DESESCALADA DA CRISE SANITARIA PROVOCADA POLO COVID_19

USO DE INSTALACIÓNS DURANTE A FASE 2 DA DESESCALADA DA CRISE SANITARIA PROVOCADA POLO COVID_19


Considerando o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o ESTADO DE ALARMA e a normativa complementaria ao mesmo, publicada no BOE ata o día da data.

Esta Alcaldía, en virtude das competencias que lle outorga a Lei Reguladora das Bases do Réxime Local

RESOLVE:

PRIMEIRO: Establecer as seguintes condicións de obrigado cumprimento, nas instalacións e actividades que se fan constar, durante a FASE 2 da desescalada da crise sanitaria provocada polo COVID 19, tendo en conta as seguintes normas aplicables a todas as actividades:

a) Calquera actividade permitida deberá desenvolverse en condicións de seguridade,autoprotección e distanciamento social. O uso das máscaras fora do fogar é obrigatorio cando non poida garantirse o distanciamento social. Igualmente, deberase facilitar a dispoñibilidade e o acceso a solucións hidroalcohólicas para practicar unha hixiene de mans frecuente.

b) Todos os locais e demais establecementos, así como o seu equipamento, das actividades permitidas deberán ser periódicamente desinfectados e hixienizados.


INSTALACIÓN /ACTIVIDADE  FASE2


CASA DO CONCELLO

  • Apertura con atención ao público con cita previa, de 9,00 a 14,00 horas
  • Solicitude de cita previa no teléfono 986755036
  • Os servizos que prestarán atención ao público son Rexistro, Oficinas Xerais, Urbanismo e Arquitectura, Servizos Sociais e Alcaldía
  • Todos os servizos activos na sede electrónica: https://forcarei.sedelectronica.gal
  • Notaría atención ao público con cita previa no teléfono 986755667

FEIRAS

  • Poderán reiniciar a súa actividade os mercados ao aire libre/venda non sedentaria na vía pública, con condicións de distanciamento entre postos, e delimitación do mercado ambulante para correcto control do aforo polas forzas de seguridade.
  • Garantirase a limitación dun tercio dos postos habituais ou autorizados, limitando a afluencia de clientes de maneira que se asegure el mentemento de la distancia social de dous metros.
  • Permitirase aumentar a superficie da feira para a instalación dos postos e garantir as distancias necesarias.
  • Priorizarase a comercialización de produtos alimentarios e de primeira necesidade.

CIRCUITO CAFETERIA

  • Apertura de terraza con medidas de distanciamento e hixiene: limitarase ao 50% das mesas permitidas en anos anteriores en base á licenza municipal asegurando distancias.
  • Permítese ter maior número de mesas por autorizar o aumento do espazo dispoñible, respectando a proporción mesas/superficie do 50%.
  • Antes da reapertura, haberá que facer unha limpeza e desinfección xeral a fondo de todas as estancias e o mobiliario das instalacións.
  • Para consumo no interior, aforo máximo de 40%. Só consumo en mesas, cumprindo as distancias estipuladas entre as mesmas. Non haberá servizo de barra.

CIRCUITO DEPORTE PROFESIONAL FEDERADO

  • Apertura con medidas de hixiene e protección reforzadas e, se é posible, quendas.
  • A instalación estará provista de material de desinfección.
  • Na actividade gardaranse en todo momento as medidas preventivas indicadas. Os responsables establecerán baixo a súa responsabilidade os horarios necesarios para garantir que os deportistas garden as distancias previstas.
  • Antes da reapertura, haberá que facer unha limpeza e desinfección xeral a fondo de todas as estancias e o mobiliario das instalacións deportivas.
  • Tamén haberá que realizar limpeza e desinfección máis a miúdo, mínimo dúas veces ao día, especialmente das superficies de contacto manual como picaportes, pomos, varandas, bancos, cadeiras, percheiros e baños, entre outros.
  • Deberase facer un control estrito do acceso ás instalacións, restrinxido ás persoas debidamente autorizadas, para poder controlar o aforo que se determine
  • En todo o centro haberá información clara e concisa de pautas de aseo e normas de comportamento, mediante cartelería e sinalectica de recursos, para minimizar o risco de contaxio, distribuídas por zonas de práctica deportiva, entrada, aseos e principais zonas de paso
  • Adestramento básico en ligas non profesionais federadas. Adestramento total en ligas profesionais.

XIMNASIO

  • Permítese o uso deste tipo de centros de maneira individual, con cita previa, por quendas e sen contacto físico.
  • 30 % do aforo máximo.

PISTA PÁDEL

  • Apertura na fase 2.
  • En todo caso, seguiranse as medidas de prevención e protección establecidas polas autoridades sanitarias.

IGREXAS

  • Limitación ao 50 % do aforo

CEMITERIOS VELATORIOS CEREMÓNIAS FÚNEBRES ENTERRAMENTOS

  • Autorízanse os velorios en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, cun límite máximo de 25 persoas en espazos ao aire libre e 15 persoas en espazos pechados.
  • A participación na comitiva para o enterramento da persoa falecida restrínxese a un máximo de 25 persoas, entre familiares e achegados, ademais de, no seu caso, do ministro de culto ou persoa asimilada da confesión respectiva para a práctica dos ritos funerarios de despedida do defunto.
  • En todo caso, deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19, relativas ao mantemento dunha distancia mínima de seguridade de dous metros, hixiene de mans e mascarilla.

HOSTALERÍA RESTAURANTES CAFETERÍAS

  • Terrazas: Limitarase ao 50% das mesas permitidas en anos anteriores en base á licenza municipal asegurando distancias.
  • Autorízase ter maior número de mesas e permítese máis espazo dispoñible, respectando as distancias en proporción mesas/superficie do 50% e cun incremento proporcional de espazo peonil no mesmo tramo da vía pública.
  • Respectaranse en todo caso as entradas, portais e tránsito dos peóns.
  • En ningún caso estará permitido invadir ou obstaculizar a entrada de vivendas particulares.
  • Para locais, consumo no interior con servizo en mesa con garantía de separación entre clientes en mesa e entre mesas.
  • Limitación no interior: Máximo 40 % de aforo. Só consumo sentados ou para levar.
  • Non haberá servizo de barra

COMERCIO MINORISTA E ACTIVIDADES DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS

  • Autorizase a apertura xeneralizada dos locais e establecementos comerciais do concello con aforo limitado ao 40 %.
  • Garantirase unha distancia mínima de 2 metros entre clientes. Cando esto non sexa posible, permitirase unicamente a permanencia de un cliente.
  • Establecerase un horario de atención preferente para persoas maiores de 65 anos.

SEGUNDO: 

Será obrigatorio o uso de cubrebocas, para as persoas de 6 anos en diante, nos espazos seguintes:

  • Vía pública
  • Espazos ao aire libre e calquera espazo pechado de uso público ou que estea aberto ao público,sempre que non sexa posible manter unha distancia de segurieade interpersoal de, polo menos, dous metros.

A dita obriga non será esixible nos seguintes supostos:

A) Persoas que presenten algún tipo de dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso do cubrebocas.
B) Persoas para as que o uso de cubrebocas resulte contraindicado por motivos de saúde debidamente xustificados, ou que pola súa situación de discapacidade ou dependencia presente alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
C) Desenvolvemento de actividades nas que, pola propia natureza das mesmas, resulte incompatible o uso do cubrebocas.
D) Causas de forza maior ou situación de necesidade.

TERCEIRO: 

O Servizo de recollida de voluminosos, por parte do Concello, realizarase unha vez cada 15 días.

  • O Punto Limpo, reabrirá para que os veciños poidan levar directamente material. O horario do mesmo será o seguinte:
  • Sábado: 10,00 a 13,00 e 16,00 a 19,00

CUARTO:

A presente resolución da Alcaldía terá vixencia durante o periodo no que a Fase 2 da Desescalada teña efectos no Concello de Forcarei.

QUINTO: 

Dar traslado da presente resolución á Comisión de Seguimento do Covid-19 no Concello de Forcarei e aos Grupos Políticos integrantes da Corporación Municipal do Concello, así como darlle publicidade a través da sede electrónica e na páxina web municipal.


 Resolución de Alcaldía Completa



USO DE INSTALACIÓNS DURANTE A FASE I DA DESESCALADA DA CRISE SANITARIA PROVOCADA POLO COVID 19

USO DE INSTALACIÓNS DURANTE A FASE I DA DESESCALADA DA CRISE SANITARIA PROVOCADA POLO COVID 19


Considerando o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o ESTADO DE ALARMA e a normativa complementaria ao mesmo, publicada no BOE ata o día da data.

Esta Alcaldía, en virtude das competencias que lle outorga a Lei Reguladora das Bases do Réxime Local

RESOLVE:

PRIMEIRO: Establecer as seguintes condicións de obrigado cumprimento, nas instalacións e actividades que se fan constar, durante a FASE 1 da desescalada da crise sanitaria provocada polo COVID 19

CASA DO CONCELLO
  • Apertura con atención ao público con cita previa, de 9,00 a 14,00 horas
  • Solicitude de cita previa no teléfono 986755036
  • Os servizos que prestarán atención ao público son Rexistro, Oficiñas Xerais, Urbanismo e Arquitectura, Servizos Sociais e Alcaldía
  • Tódolos servizos activos na sede electrónica: https://forcarei.sedelectronica.gal
  • Notaría atención ao público con cita previa no teléfono 986755667

VENDA DE POLBO NA VÍA PÚBLICA
  • Poderán reiniciar a súa actividade ao aire libre/venda non sedentaria na vía pública, con condicións de distanciamento entre postos, e delimitación do mercado ambulante para correcto control do aforo polas forzas de seguridade.
  • Limitación inicial ao 25% dos postos habituais ou aumento de superficie para asegurar o mantemento de distancia de seguridade entre os postos e os viandantes.
FEIRAS
  • Poderán reiniciar a súa actividade os mercados ao aire libre/venda non sedentaria na vía pública, con condicións de distanciamento entre postos, e delimitación do mercado ambulante para correcto control do aforo polas forzas de seguridade.
  •  Limitación inicial ao 25% dos postos habituais ou aumento de superficie para asegurar o mantemento de distancia de seguridade entre os postos e os viandantes.

BIBLIOTECA
  • Préstamo e lectura con limitación de aforoao a 1/3

CENTRO SOCIAL
  • PECHADO NA FASE 1

AUDITORIO
  • PECHADO NA FASE 1

CIRCUITO CAFETERIA
  • Apertura de terraza con medidas de distanciamento e hixiene: limitarase ao 50% das mesas permitidas en anos anteriores en base á licenza municipal asegurando distancias.
  • Permítese ter maior número de mesas por autorizar o aumento do espazo dispoñible, respectando a proporción mesas/superficie do 50%.
  • Antes da reapertura, haberá que facer unha limpeza e desinfección xeral a fondo de todas as estancias e o mobiliario das instalacións.

CIRCUITO DEPORTE PROFESIONAL FEDERADO

  • Apertura con medidas de hixiene e protección reforzadas e, se é posible, quendas. A instalación estará provista de material de desinfección.
  • Na actividade gardaranse en todo momento as medidas preventivas indicadas. Os responsables establecerán baixo a súa responsabilidade os horarios necesarios para garantir que os deportistas garden as distancias previstas.
  • Antes da reapertura, haberá que facer unha limpeza e desinfección xeral a fondo de todas as estancias e o mobiliario das instalacións deportivas.
  • Tamén haberá que realizar limpeza e desinfección máis a miúdo, mínimo dúas veces ao día, especialmente das superficies de contacto manual como picaportes, pomos, varandas, bancos, cadeiras, percheros e baños, entre outros.
  • Deberase facer un control estrito do acceso ás instalacións, restrinxido ás persoas debidamente autorizadas, para poder controlar o aforo que se determine
  • En todo o centro haberá información clara e concisa de pautas de aseo e normas de comportamento, mediante cartelería e señalética de recursos, para minimizar o risco de contaxio, distribuídas por zonas de práctica deportiva, entrada, aseos e principais zonas de paso
XIMNASIO
  • Ximnasio en espazo pechado
  • SÓ ACTIVIDADE INDIVIDUAL QUE NON IMPLIQUE CONTACTO FÍSICO NIN USO DE VESTIARIOS
  • SEMPRE CON CITA PREVIA
PISTA PÁDEL
  • PECHADO NA FASE 1
PAVILLÓNS
  • PECHADO NA FASE 1
IGREXAS
  • Limitación de 1/3 do aforo
CEMITERIOS VELATORIOS CEREMÓNIAS FÚNEBRES ENTERRAMENTOS
  • Apertura do cemiterio municipal respectando sempre as medidas de distancia de seguridade interpersoal, tal como está previsto no plan de desconfinamiento presentado polo Goberno central.
  • Autorízanse os velorios en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, cun límite máximo de quince persoas en espazos ao aire libre e dez persoas en espazos pechados.
  • A participación na comitiva para o enterramento da persoa falecida restrínxese a un máximo de quince persoas, entre familiares e achegados, ademais de, no seu caso, do ministro de culto ou persoa asimilada da confesión respectiva para a práctica dos ritos funerarios de despedida do defunto.
  • En todo caso, deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas  polas  autoridades  sanitarias  para  a  prevención  do  COVID-19, relativas ao mantemento dunha distancia mínima de seguridade de dous metros, hixiene de mans e mascarilla.
COLEXIOS INSTITUTO
  • Os centros educativos abrirán para a súa desinfección, acondicionamento e o traballo administrativo e preparatorio dos docentes e persoal auxiliar
CASA DA XUVENTUDE
  • PECHADO NA FASE 1
CASAS ESCOLAS
  • PECHADO NA FASE 1
CAMPO DE FÚTBOL
  • PECHADO NA FASE 1
TERRAZAS
  • Autorízase a apertura de terrazas:
    • Limitarase ao 50% das mesas permitidas en anos anteriores en base á licenza municipal asegurando distancias.
    • Autorízase ter maior número de mesas e permítese máis espazo dispoñible, respectando as distancias en proporción mesas/superficie do 50% e cun incremento proporcional de espazo peonil no mesmo tramo da vía pública.
    • Respetaránse en todo caso as entradas, portais e tránsito dos peóns.
    • En ningún caso estará permitido invadir ou obstaculizar a entrada de vivendas particulares.

COMERCIO MINORISTA E ACTIVIDADES DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS
  • Autorizase a apertura xeralizada dos locais e establecimentos comerciais do concello con aforo limitado ao 30 %.
  • Garantizarase unha distancia mínima de 2 metros entre clientes. Cando esto non sexa posible, permitirase únicamente a permanencia de un cliente.
  • Establecerase un horario de atención preferente para persoas maiores de 65 anos.

SEGUNDO: Decretar as seguintes MEDIDAS DE ORGANIZACIÓN DO TRABALLO NO CONCELLO, durante a FASE 1 da desescalada da crise sanitaria provocada polo COVID 19:

Atención cidadá:

  1. Fomentarase a atención á cidadanía por medios telemáticos ou telefónicos sen prexuízo daquelas oficinas de servizos de carácter esencial.
  2. Procedementos, tales como convocatorias de subvencións, considerados indispensables para a protección do interese xeral, os prazos de presentación de solicitudes, emendas ou presentación de xustificacións volverán estar abertos, polo que se habilitará a atención presencial nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía.
  3.   Organizarase a atención presencial por citas, na medida do posible, por internet ou por teléfono e fixar un horario para dita asistencia. As citas deben asignarse coa frecuencia precisa para que non haxa aglomeracións nos accesos ou na oficina. A asistencia realizarase de xeito individual.
  4. Colocaranse carteis visibles coas indicacións de seguridade e, de forma específica, indicacións da distancia mínima de seguridade de 2 metros que se deberá manter cos demais usuarios e co persoal de atención ao público e que o tempo de permanencia dos usuarios no interior da oficina non pode superar os 15 minutos.
Equipos de traballo:
  1. Ata unha restitución da actividade normal, adoptaranse medidas de flexibilización horaria e quendas na medida do posible.
  2. Organizarase o traballo de xeito que se evite ou reduza o contacto entre persoas, respectando en calquera caso a distancia de seguridade. Priorizar a comunicación por teléfono e/ou correo electrónico fronte á presenza entre departamentos.
  3. Estableceranse as seguintes medidas de protección colectiva:
    • Limitarase o uso do ascensor e fomentarase o tránsito polas escaleiras
    • Facilitarase o lavado de mans coa a dispoñibilidade de produtos que permitan unha adecuada hixiene tanto aos empregados públicos coma aos usuarios das oficinas.
    • Garantirase unha distancia mínima de 2 metros entre persoas ou separaranse mediante elementos de protección colectiva (paneis) tanto nos accesos como nos espazos de traballo e atención ao público
    • Intensificarase a limpeza e desinfección das zonas comúns e postos de traballo, especialmente onde se toca con máis frecuencia (pasamáns, ascensor, aseos, pomos das portas ...).
  4. Fomentaranse as medidas de protección individual seguintes:
    • Extremaranse as medidas de hixiene respiratoria e evitarase tocar os ollos, o nariz ou a boca.
    • Facilitarase unha adecuada e frecuente hixiene de mans con auga e xabón antiséptico ou solución hidroalcohólica.
    • Gardarase, en todo momento, a distancia de seguridade co demais persoal
    • Evitarase compartir instrumentos de traballo (ordenador, rato, mesa, teléfono e material de oficina); de non ser posible, desinfectaranse antes de ser empregados por outra persoa.

No suposto de que algún/ha empregado/a público presente síntomas da enfermidade:

* Se os síntomas aparecen no seu domicilio, contactará co 900 400 116, non acudirá ao centro de traballo e comunicará ao seu responsable as pautas que lle marcasen as autoridades sanitarias. A súa ausencia considerarase xustificada.

* Se os síntomas aparecen no posto de traballo, informará inmediatamente ao seu superior e trasladarase a un espazo pechado (preferiblemente un despacho pechado con ventá). Porase en contacto co 900 400 116 para adoptar as medidas que indiquen as autoridades sanitarias. Os responsables de persoal das unidades afectadas ditarán as instrucións necesarias (ventilar ben as zonas onde estivo a persoa con síntomas, e limparanse cunha solución de hipoclorito sódico ou lixivia con auga).

Respecto ao resto de empregados/as que compartían espazo de traballo coa persoa que presentaba síntomas de enfermidade, adoptaranse as medidas preventivas que fixe o órgano competente da Consellería de Sanidade.

TERCEIRO: A presente resolución da Alcaldía terá vixencia no momento no que se decrete polo Goberno do Estado a Fase 1, e esta teña efectos no Concello de Forcarei.

CUARTO: Dar traslado da presente resolución á Comisión de Seguimento do Covid-19 no Concello de Forcarei e aos Grupos Políticos integrantes da Corporación Municipal do Concello, así como darlle publicidade a través da sede electrónica e na páxina web municipal.


Resolución Completa




SERVIZOS ESENCIAIS E NOVAS MEDIDAS DO CONCELLO DE FORCAREI PARA FACER FRONTE Ó COVID_19

SERVIZOS ESENCIAIS E NOVAS MEDIDAS DO CONCELLO DE FORCAREI PARA FACER FRONTE Ó COVID_19


Considerando o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o ESTADO DE ALARMA e os complementarios ao mesmo, publicados no BOE nos días posteriores, e en particular o RD 10/20, de 29 de marzo.

 

 Esta Alcaldía, en virtude das competencias que lle outorga a Lei Reguladora das Bases do Réxime Local

 

 RESOLVE:

 

 PRIMEIRO: MEDIDAS REFERIDAS AO SECTOR DA HOSTALARÍA, COMERCIO E INDUSTRIA:

 

a) Proceder ao estudo de medidas de compensación para aplicar á TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO MUNICIPAL CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS, TABOADOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS, CON FINALIDADE LUCRATIVA, proporcional ao periodo de peche obrigatorio derivado do Estado de Alarma, para o sector da Hostalería.

b) Proceder ao estudo de medidas de compensación para aplicar á taxa de recollida de lixo, proporcional ao periodo de peche obrigatorio derivado do Estado de Alarma, para os sectores de Hostalería, Comercio e Industria.

c) Elaborar un Plan Especial de Reactivación dos Sectores Económicos, unha vez que remate o Estado de Alarma.

 

SEGUNDO: MEDIDAS ENCAMIÑADAS Á PREVISIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO:

 

a) Asistencia social integral ás víctimas de violencia de xénero.

b) Garantir o funcionamento dos servizos de asistencia e protección integral ás víctimas de violencia de xénero.

 


TERCEIRO: MEDIDAS DE USO DO CEMITERIO MUNICIPAL:

 

a) O cemiterio municipal de Forcarei permanecerá pechado ao púbico durante o período de tempo que estea en vigor o Estado de Alarma.

b) A asistencia aos enterros que sexa necesario realizar estará restrinxida a tres familiares, ou achegados. En todo caso, deberáse respetar en todo momento a distancia de seguridade.

CUARTO: SUSPENSIÓN DE FEIRAS EN TODO O TERMO MUNICIPAL:

a) Tódalas feiras e mercados ao aire libre quedan suspendidas no Termo Municipal de Forcarei durante o período de tempo que estea en vigor o Estado de Alarma.

 

 QUINTO: SERVIZOS ESENCIAIS QUE PRESTA O CONCELLO DE FORCAREI DURANTE O ESTADO DE ALARMA E QUE A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEMP) CONSIDERA QUE DEBEN SER PRESTADOS NECESARIAMENTE POLAS ENTIDADES LOCAIS:

 

a) Protección Civil

b) Recollida de Resíduos

c) Limpeza Viaria

d) Axuda a Domicilio (S.A.F.)

e) Teleasistencia

f) Protección contra a Violenza de Xénero

g) Augas e Redes de Abastecemento

h) Alumado Público

i) Limpeza de Edificios e Dependencias Municipais

j) Servizos Sociais (Atención á Cidadanía e Poboación Vulnerable)

k) Atención á Cidadanía Telefónica e Telemática l) Servizo de Informática

m) Servizo de Mantemento para a Atención de Urxencias en Viais e Espazos Públicos.

n) Secretaría

o) Intervención

p) Tesourería

q) Rexistro Xeral

r) Servizo de Obras

s) Servizos Funerarios e de Cemiterio

t) Responsables de Unidades Administrativas

 

 SEXTO: Dar traslado da presente resolución á Comisión de Seguimento do Covid-19 no Concello de Forcarei e aos Grupos Políticos integrantes da Corporación Municipal do Concello, así como darlle publicidade a través da sede electrónica e na páxina web municipal.


Resolución



MEDIDAS EXTRAORDINARIAS EN MATERIA TRIBUTARIA A CONSECUENCIA DO ESTADO DE ALARMA DERIVADO DO COVID 19

MEDIDAS EXTRAORDINARIAS EN MATERIA TRIBUTARIA A CONSECUENCIA DO ESTADO DE ALARMA DERIVADO DO COVID 19


Considerando o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o ESTADO DE ALARMA eos complementarios ao mesmo, publicados no BOE nos días posteriores.

Esta Alcaldía, en virtude das competencias que lle outorga a Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, e do establecido no punto terceiro da resolución da Alcaldía de data 13 02 2020 , pola que se aproba o Calendario F iscal do Concello de Forcarei para o exercicio 2020 , e no apartado terceiro da resoluci ón da Alcaldía de data 16 03 2020, pola que se crea a Comisión Municipal de Seguimento do COVID 19.

RESOLVE:

PRIMEIRO

DEIXAR SEN EFE CTO, ATA NOVO AVISO, OS PERIODOS DE COBRO PREVISTOS NO CALENDARIO FISCAL DO CONCELLO DE FORCAREI PARA O EXERCICIO DE 2020 , aprobado por resolución da Alcaldía de data 13 02 2020, e en concreto o Padrón fiscal do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica 2020 IVTM 2020 )), para o que estaba previsto o periodo de cobro entre o 01/04/2020 e o 01/06/2020 sendo esta última a data de cargo nas entidades bancarias dos recibos domiciliados.

SEGUNDO

Dependendo da evolución das circunstancias, e doutras medidas que sexan adoptadas polas autoridades competentes, dictaranse novas Resolucións sobre o levantamento das medidas adoptadas na presente e fixaranse os novos períodos de cobro

TERCEIRO

A presente Resolución faráse pública mediante a publicación dun anuncio no BOPPO e a súa publicación íntegra no Taboleiro de Anuncios e na Sede Electronica do Concello de Forcarei.




MEDIDAS COMPLEMENTARIAS DO CONCELLO DE FORCAREI PARA FACER FRONTE Ó COVID_19

MEDIDAS COMPLEMENTARIAS DO CONCELLO DE FORCAREI PARA FACER FRONTE Ó COVID_19


Considerando o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o ESTADO DE ALARMA e os complementarios ao mesmo, publicados no BOE nos días posteriores.


Esta Alcaldía, en virtude das competencias que lle outorga a Lei Reguladora das Bases do Réxime Local

RESOLVE:

PRIMEIRO: Tramitar, de xeito urxente, as AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA, para atender as demandas de necesidade urxente (ALIMENTOS, PRODUTOS DE LIMPEZA E DE PROTECCIÓN, entre outros), dirixidas a persoas empadroadas e con residencia efectiva no Termo Municipal de Forcarei, que carezan de ingresos suficientes. Daráselles prioridade ás axudas destinadas a cubrir as necesidades das familias con menores ao seu cargo que se atopen en situación de exclusión social ou en risco de estalo.

Estas axudas serán tramitadas polo departamento de servizos sociais do Concello (Servizos Sociais do Concello. Teléfono 986 75 51 49).

SEGUNDO: Tramitar, de xeito urxente, o SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA, a través dunha pulseira que comunica as persoas usuarias cunha central con só pulsar un botón, dirixido ás persoas maiores ou con diversidade funcional que viven soas ou ás persoas que estean acompañadas e teñan as súas facultades moi minguadas para valerse na vida cotiá. (Servizos Sociais do Concello. Teléfono 986 75 51 49).

TERCEIRO:Tramitar, de xeito urxente, o SERVIZO XANTAR NA CASA, de comida a domicilio, para facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade, adaptada as necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, dirixida as seguintes persoas (Servizos Sociais do Concello. Teléfono 986 75 51 49):

  • - Maiores de 60 anos que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal, e sen rede de apoio que puidera suplir tal situación.
  • - Persoas dependentes, que carezan de apoio familiar, e requiren de axuda para a preparación de alimentos.
  • - Persoas maiores de 60 anos, en situación de exclusión social, técnicamente avaliado polos Servizos Sociais do Concello.

CUARTO: LEMBRAR o desenvolvemento do SERVIZO DE EMERXENCIA PARA ACERCAR A COMPRA DE PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE Á CASA, mentres se manteña o Estado de Alarma, dirixido a persoas maiores, que viven soas ou con dificultades, e non conten co Servizo de Axuda no Fogar, sempre respetando as medidas sanitarias decretadas, para así evitar que estas persoas, con problemas, salgan das súas casas, CHAMANDO AO TELÉFONO DE PROTECCIÓN CIVIL DE FORCAREI (606 401833)

QUINTO: Realizar LABORES DE DESINFECCIÓN nos despachos e instalacións da Casa do Concello e vehículos para atención socio sanitaria, así como os lugares vulnerables do Termo Municipal Residencias de Anciáns, Centros de Saúde, Farmacias, Supermercados, etc. etc.)), na medida das posiblidades municipais , todo esto en coordinación coas autoridades sanitarias.

SEXTO: Proceder a novas ADQUISICIÓNS DE MATERIAL DE PROTECCIÓN.

SÉTIMO: Proceder ao peche do Punto Limpo os venres e sábados , e establecer unha ampliación do servizo de Recollida de Resíduos Voluminosos funcionando un día por semana salvo que en función da demanda se precise ampliar a índa máis os días de recollida PARA CUBRIR O SERVIZO E GARANTIR QUE OS VECIÑOS NON SAIAN DAS SÚAS CASAS

OITAVO: Ante a solicitude da empresa adxudicataria, decretar a paralización do prazo de execución da obra "Reforzo do firme nas rúas Progreso e Regueira en Forcarei e mellora da capa de rodadura na estrada de Dúas Igrexas a Loureiro", en base ao establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463 2020, de 14 de marzo.

NOVENO: Autorizar , en base ao establecido no artigo 37.3 d) ET e o artigo 117 da Lei 2/2015 do 29 de abril do emprego público de Galicia para os traballadores e traballadoras municipais, un permiso retribuído polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, naqueles casos nos que se cumpran as condicións establecidas e sexa solicitado , quedando a disposición da Alcaldía para que , en caso de urxencia fosen requeridos/as

DÉCIMO: Os servizos de Notaría, que se prestan nas instalacións da Casa do Concello de Forcarei, reduciranse ao horario de 9,00 a 14,00 horas, serán a porta pechada e respetando as medidas preventivas de seguridade establecidas , mantendo as distancias mínimas entre persoas e demáis medidas de hixiene estipuladas.

UNDÉCIMO: Dar traslado da presente resolución á Comisión de Seguimento do Covid 19 no Concello de Forcarei e aos Grupos Políticos integrantes da Corporación Municipal do Concello, así como darlle publicidade a través da sede electrónica e na páxina web municipal.

Resolución de Alcaldía.



MEDIDAS DE CUMPRIMENTO XERAL DURANTE O ESTADO DE ALARMA DERIVADO DO COVID_19. RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

MEDIDAS DE CUMPRIMENTO XERAL DURANTE O ESTADO DE ALARMA DERIVADO DO COVID_19. RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA


O Concello de Forcarei, co obxecto de adoptar as medidas de saúde pública de carácter extraordinario que require a evolución do COVID_19 (Coronavirus), dentro do seu ámbito territorial e no marco das competencias que ten atribuídas pola lexislación vixente e, atendendo ás medidas xa comunicadas polo Goberno do Estado Considerando, igualmente o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o ESTADO DE ALARMA para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID_19.


Esta Alcaldía, en virtude das competencias que lle outorga o artigo 21.1 da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local

RESOLVE:

PRIMEIRO.

Recordar á veciñanza que NON PODEN SAÍR DA CASA , salvo causa de forza maior, coas excepcións previstas no antedito Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo, polo que se declara o ESTADO DE ALARMA , como adquisición de alimentos, productos farmacéuticos asistencia a centros sanitarios,
etc.
Recordar, tamén, que estando garantidos os subministros de alimentos, así como a apertura dos establecimentos comerciais para a súa venda , se deberá permanecer nos mesmos soamente polo tempo estrictamente necesario , acudindo somentes UN MEMBRO POR FAMILIA a realizar as compras
necesarias , e se deberán evitar aglomeracións, así como gardar as distancias de seguridade establecidas no RD 463/ 2020 , e en todo caso mantendo a calma en beneficio de todos.

SEGUNDO.

A asistencia a ceremonias no cemiterio municipal de Forcarei, estará condicionada á adopción de medidas para evitar aglomeracións de tal xeito que se garantice a distancia mínima de seguridade de un metro entre persoas.

TERCEIRO.

Establecer un servizo de abastecemento domiciliario de productos de primeira necesidade dirixido a personas maiores, que vivan solas e non conten con Servizo de Axuda no Fogar , sempre respetando as medidas sanitarias decretadas.

CUARTO.

Informar á veciñanza que, de acordo coa disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o Estado de Alarma, para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID_19, se suspenden términos e se interrompen os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos se reanudará no momento en que perda vixencia o Real Decreto que determina o Estado de Alarma ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.

QUINTO.

Establecer que as comunicacións co Concello se deberán de realizar de forma telemática, a través da sede electrónica municipal ( https://forcarei.sedelectronica.gal ) ou por vía telefónica (Servizos Xerais: 986755036 / 986755432 Servizos Sociais 98675 5149

En caso de que non se dispuxese de medios telemáticos, e para aqueles supostos de urxencia, o Concello atenderá presencialmente PREVIA PETICIÓN DE CITA TELEFÓNICA, en horario de 9 a 14 horas.

SEXTO.

Os SERVIZOS ADMINISTRATIVOS MUNICIPAIS funcionarán con porta pechada de 9 a 14 horas, dun modo moi reducido, equivalente a uns servizos mínimos, estando activos os seguintes:

  • - Rexistro de entrada e SIR
  • - Padrón de Habitantes
  • - Servizos Sociais
  • - Secretaría
  • - Intervención
  • - Tesourería
OS DEMÁIS SERVIZOS MUNICIPAIS FUNCIONARÁN NO SEU HORARIO HABITUAL, ESTÁNDO ACTIVOS OS SEGUINTES:

  • - Obras, Servizos e Cemiterio Municipal
  • - Recollida de Residuos
  • - Emerxencias e Protección Civil (funcionando de xeito ordinario, podendo ser reforzados en caso de necesidade)
  • - Servizo de Axuda no Fogar
SÉTIMO.

Os Servizos Sociais Municipais, dado o seu carácter asistencial, quedarán suxeitos no desenvolvemento do seu traballo aos protocolos establecidos polas responsables dos mesmos, facilitando sempre que se poida o teletraballo ás empegadas públicas que presta servizo neste Departamento.

O SERVIZO MUNICIPAL DE AXUDA NO FOGAR FUNCIONARÁ DE XEITO NORMAL , con especial atención no seu desenrolo debido ás circunstancias excepcionais nas que nos atopamos.

OITAVO.

O persoal municipal que non preste servizos dun modo presencial deberá estar disponible coa finalidade de prestar servizo ou reemplazar aos compañeiros/as cando fosen requeridos.

NOVENO

Quedan suspendidas as sesións periódicas ou ordinarias dos órganos colexiados municipais, a excepción da Comisión de Seguimento do COVID_19, ou calquera outra que fose preciso celebrar, que sería a porta pechada.

DÉCIMO.

Dar publicidade á presente resolución para xeral coñecemento da veciñanza.


O BOE publica hoxe o Real Decreto de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do coronavirus.

?? Podedes consúltalo aquí: https://www.boe.es/…/di…/2020/03/18/pdfs/BOE-A-2020-3824.pdf




Alerta Sanitaria-Resolucion de Alcaldía

Alerta Sanitaria-Resolucion de Alcaldía


O CONCELLO DE FORCAREI SUSPENDE DENDE MAÑÁ E ATA O 29 DE MARZO AS ACTIVIDADES CON PÚBLICO OU PARTICIPACIÓN VECIÑAL.

• Fronte á amenaza do coronavirus, o goberno local decidiu tamén pechar durante este tempo as instalacións municipais

• A casa consistorial estará aberta de 9.00 a 14.00 horas dende o próximo luns con servizos mínimos en Rexistro e Servizos Sociais. Facilitarase, na medida das posibilidades, o teletraballo para as/os funcionarias/os

O Concello de Forcarei decidiu hoxe suspender ata o vindeiro 29 de marzo todas as actividades municipais físicas ou de ocio que impliquen a asistencia de veciñas ou veciños ben como público ben como participantes activos, debido a alerta derivada da ameaza do coronavirus.

Durante este tempo permanecerán tamén pechadas todas as instalacións municipais, excepto a casa consistorial. Esta medida afecta aos pavillóns deportivos de Forcarei e Soutelo, biblioteca de Soutelo, Centro Social de Forcarei, Circuíto da Madalena, auditorio de Soutelo, Casa da Xuventude, pista de pádel, ximnasio, campo de fútbol de Forcarei e casas-escola.

Na medida das posibilidades, facilitarase o teletraballo para as/os funcionarias/os municipais. A partir do próximo luns, a casa consistorial estará aberta de 9.00 a 14.00 horas e haberá servizos mínimos en Rexistro e Servizos Sociais. Así mesmo, nestas dependencias municipais hai hidroxel antiséptico e luvas. O SAF e demais servizos do Concello manteranse coa súa actividade normal.

Respecto ás actividades, a alcaldesa Verónica Pichel deu orde de pospoñer a obra de teatro prevista para o vindeiro 19 de marzo, "Manola a tartaruga”, un espectáculo de Malasombra Producións dirixido ao público infantil que se ía representar no auditorio de Soutelo de Montes.

Tamén se apraza a segunda sesión do ciclo de Cine pola Igualdade. A decisión afecta en principio a emisión programada para o 20 de marzo no centro social de Forcarei.

Outras actividades suspendidas son as clases de xerontoximnasia, fisioximnasia, pilates, hipopresivos e ioga tibetano que se están a desenvolver por distintas parroquias do concello.

Paralelamente, a proba prevista para esta próxima fin de semana no Circuíto da Madalena foi igualmente aprazada por decisión conxunta de Federación Galega de Motociclismo, o motoclub VF Timing e o Concello de Forcarei.


 Resolución



MODIFICACIÓN DO PERIODO DE COBRO DO PADRÓN DE AUGAS 2019 (2º SEMESTRE) A CONSECUENCIA DO ESTADO DE ALARMA DERIVADO DO COVID-19

MODIFICACIÓN DO PERIODO DE COBRO DO PADRÓN DE AUGAS 2019 (2º SEMESTRE) A CONSECUENCIA DO ESTADO DE ALARMA DERIVADO DO COVID-19


Considerando o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o ESTADO DE ALARMA e os complementarios ao mesmo, publicados no BOE nos días posteriores.

Esta Alcaldía, en virtude das competencias que lle outorga a Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, e do establecido no punto terceiro do acordo da XGL deste Concello en sesión de data 28/02/2019, pola que se aproba o Calendario Fiscal do Concello de Forcarei para o exercicio 2019, e no apartado terceiro da resolución da Alcaldía de data 16/03/2020, pola que se crea a Comisión Municipal de Seguimento do COVID-19.

RESOLVE:

PRIMEIRO: MODIFICAR O PERIODO DE FINALIZACIÓN DO PERIODO VOLUNTARIO DE COBRO DO PADRÓN DE TAXAS MUNICIPAIS DE AUGA E SUMIDOIROS CORRESPONDENTE AO 2ª SEMESTRE DE 2019, aprobado pola XGL deste Concello en sesión de data 28/02/2019, actualmente en curso, AMPLIANDO O DITO PRAZO ATA O DÍA 1 DE XULLO DE 2020.

SEGUNDO: A presente Resolución faráse pública mediante a publicación dun anuncio no BOPPO e a súa publicación íntegra no Taboleiro de Anuncios e na Sede Electrónica do Concello de Forcarei.

Resolución



O Concello Emprende Actividades Formativas De Sensibilización E Prevención Da Violencia De Xénero

O Concello Emprende Actividades Formativas De Sensibilización E Prevención Da Violencia De Xénero


O Concello de Forcarei está a levar a cabo diversas actividades formativas de sensibilización e prevención da violencia de xénero ao abeiro do Pacto de Estado e algunhas das mesmas financiadas polo Ministerio de Presidencia dentro das liñas de axuda de dito pacto.

Deste xeito, o Concello xa conta cun manual de linguaxe non sexista para persoal técnico, político e para a comunidade educativa.

Manual UNS



PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL 2019 IMSERSO

PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL 2019 IMSERSO


(BALNEARIOS TERMAIS)

SOLICITUDES NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS

PRAZOS DE SOLICITUDE:

  • · Ata o 11 de XANEIRO de 2019 para acudir nos meses de FEBREIRO ata AGOSTO.

Ata o 16 de Maio de 2019 poderanse facer solicitudes para este periodo, que pasarán a unha lista de agarda.

  • · Ata o 17 de MAIO de 2019 para os meses de SETEMBRO a DECEMBRO.

Ata o 31 de Outubro poderanse facer solicitudes para este periodo, que pasarán a unha lista de agarda.

Cartel



Curso de Conducción SEGURA Abril 2019

Curso de Conducción SEGURA Abril 2019


FORCAREI ORGANIZA UN CURSO GRATUÍTO DE CONDUCIÓN SEGURA PARA OS VECIÑOS NO CIRCUÍTO DA MADALENA

O Concello de Forcarei vén de organizar un curso de condución segura destinado aos veciños empadroados do municipio co que se pretende mellorar as súas técnicas e habilidades ao volante. Esta actividade será gratuíta e desenvolverase o sábado 13 de abril, en dobre quenda de mañá e tarde, no Circuito A Madalena.

HORARIO: de mañan (09:00 a 13:30) ou de tarde (15:30 a 20:00) a elexir no momento da inscripción.

INSCRIPCIÓN: oficinas xerais do CONCELLO DE FORCAREI, presencial ou por teléfono.

PRAZO: ata o mércores 10 de abril.

12 ALUMNOS EN CADA QUENDA.

REQUISITOS:

  • · Maior de idade
  • · Permiso de conducción en vigor clase b ou superior
  • · Prioridade, empadroados/as no CONCELLO DE FORCAREI.

CONTIDOS DO CURSO: TEÓRICOS E PRÁCTICOS

        • Posición da conducción
        • Manexo do volante
        • Trazadas e traxectorias
        • Uso do freo e acelerador
        • Dinámica de pesos
        • Adherencia do neumático
        • Dinámica do vehículo: subviraxe e sobreviraxe
        • Sistema de seguridade activa e pasiva equipados en vehiculos actuais.

IMPARTE: PTC, PERFECIONAMIENTO Y TÉCNICAS DE CONDUCCIÓN

ORGANIZA: CONCELLO DE FORCAREI.

Cartel



NOVO Bono Social Térmico 2019

NOVO Bono Social Térmico 2019


BONO SOCIAL TÉRMICO


Segundo os informes sobre a última reforma do bono social, finalmente concedéronse os bonos térmicos sociais dedicados exclusivamente ao abastecemento de gas.

Independentemente do tipo de gas, butano, propano ou gas natural.

Sexa cal sexa o tipo de gas que empregue para quentarse, concederase este subsidio.

A axuda consiste en cheques cunha cantidade que varía dependendo do punto do país no que reside, se é máis quente ou máis frío.

Os especialistas en pobreza enerxética informan de que aínda hai moitos grupos vulnerables que teñen acceso ao chamado bono social e aínda non procesaron ningunha aplicación, normalmente principalmente por falta de atención.

A solicitude pódese procesar a través dos comerciantes de referencia, que son todas aquelas empresas de electricidade e gas que distribúen e comercializan en España.




 

Nº de resultados:
116
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +