Medidas COVID-19 Día de Difuntos.

Medidas COVID-19 Día de Difuntos.


MEDIDAS DE PREVENCIÓN FRONTE Ó COVID_19 NO CEMITERIO MUNICIPAL DE FORCAREI E NOS CEMITERIOS PARROQUIAIS DO MUNICIPIO ANTE A FESTIVIDADE DE TODOS OS SANTOS E DEFUNTOS


MEDIDAS DE PROTECCIÓN PERSOAL



a) Evitarase o contacto físico e deberase de cumprir a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal establecida , alomenos 1,5
b) Cumpriranse as medidas de limitacións de agrupacións de persoas establecidas polas autoridades sanitarias
c) Seguirase a normativa vixente en Galicia en canto ao emprego obrigatorio de máscara cirúrxica/hixiénica.
d) non se poderá fumar na vía pública ou en espazos ao aire libre cando non se poda respectar unha distania mínima interpersoal de, alomenos 2 metros.
e) Realizarase unha adecuada hixiene de mans e hixiene respiratoria:
? Lavado frecuente e meticuloso das mans con auga e xabón cando estean visiblemente suxas e despois de usar o inodoro. No resto de situacións poderanse empregar solucións/xeles hidroalcohólicos ou antisépticos con capacidade virucida.
? Usar panos desbotables ao tusir ou esbirrar e desbotalos nunha papeleira tras o seu uso. De non dispoñer de panos desbotables, cubrir a boca e o nariz coa flexura do cóbado.
? Despois de tocar secrecións respiratorias (esbirrar, tusir, uso de panos) e/ou obxectos que poideran estar contaminados, deberase realizar unha hixiene minuciosa das mans.

MEDIDAS ORGANIZATIVAS

a) A situación epidemiolóxica actual, imposibilita a realización de misas de campaña nos cemiterios.
b) Respectar un aforo máximo dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.
c) Evitar o agrupamento de distintos grupos de visitas e permitir manter o distanciamento interpersoal nos puntos de entrada do recinto.
d) Establecer un máximo de 4 persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar/convivintes. A duración das visitas deberá ser o máis breve posible e en ningún caso, deberá ser superior a 30 minutos.
e) Recomendase as visitas aos cemiterios de forma escalonada, intentando realizalas nos días previos a todos os santos e difuntos.


MEDIDAS DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN.

Garantirase a existencia dun número adecuado de contedores para depositar os residuos xerados (flores, botellas, etc) que deberán estar abertos ou doutados de pedal de apertura. Co fin de evitar aglomeracións, os contenedores estarán o suficientemente espaciados.




Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +