BASES PARA A CONVOCATORIA E SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DUN EDUCADOR A FAMILIAR

BASES PARA A CONVOCATORIA E SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DUN EDUCADOR A FAMILIAR


1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

É obxecto das presentes bases establecer os criterios para a selección, no prazo establecido nesta convocatoria, dun/ha EDUCADOR/A FAMILIAR para o Concello de Forcarei (Pontevedra).

A contratación encóntrase motivada pola necesidade temporal, de cubrir de maneira rápida e áxil o posto de EDUCADOR /A FAMILIAR, necesario para o correcto desenvolvemento das distintas actividades sociais e educativas do Concello de Forcarei. Tratase en definitiva, de cubrir necesidades urxentes e inaprazables derivadas dun sector, unha función e unha categoría profesional que se considera prioritaria e que afecta ao funcionamento dos servizos públicos esenciais deste Concello, de acordo co previsto no artigo 19. 2º da Lei 6/2018, de 3 de xullo, de Presupostos Xerais do Estado para 2018.

A motivación da convocatoria da selección estriba nas Bases Reguladoras do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2020, onde se inclúe o financiamento dos gastos polos conceptos de salarios e seguridade social do persoal que realice as tarefas propias do seu posto nos servizos sociais municipais básicos, con perfís profesionais diferentes e complementarios aos do profesional de referencia, segundo o artigo 37 do Decreto 99/2012, de 16 de marzo que regula os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

As bases publicaranse no Taboleiro de Edictos e na Páxina web do Concello de Forcarei: www.forcarei.net así como na sede electrónica: https://forcarei.sedelectronica.gal/

2.- CARACTERISTICAS DO POSTO DOS ASPIRANTES

  A persoa seleccionada formalizará un contrato de traballo de obra ou servizo, a xornada completa de luns a venres. O posto convocado terá carácter de persoal laboral temporal cunha duración de cinco meses e medio.

O sistema de selección será concurso–oposición.

O período de proba do contrato establecese en quince días de conformidade co disposto no artigo 14 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores.

Transcorrido o período de proba sen que se producise o desestimento, o contrato terá plenos efectos, computándose o tempo dos servizos prestados na antigüidade do traballador/a.

As retribucións a percibir serán: 2.071,28 € brutos/ mes, incluídos os conceptos salariais e de Seguridade Social.

As funcións a realizar son as propias do posto.

Bases da convocatoria completas

Publicación no BOP




Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +