SELECCION CONDUTORES-OPERARIOS DE SERVIZOS PARA VEHICULO PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

SELECCION CONDUTORES-OPERARIOS DE SERVIZOS PARA VEHICULO PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS


EXPEDIENTE:1256/2019
ASUNTO: SELECCION CONDUTORES-OPERARIOS DE SERVIZOS PARA VEHICULO PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

 
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
 

Visto o convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural e Concello de Forcarei, asinado en data 27/06/2019 para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento  Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 .
Visto a addenda ó dito convenio asinado en data 17/12/2019.
Vistas as bases de selección para a contratación laboral temporal de 2 condutores-operarios de servizos para vehiculo motobomba, para a prevención e defensa de incendios forestais no Concello de Forcarei, de data 08/06/2020.
Vistas as solicitudes para os postos de condutor-operarios de servizos para prevención e defensa de incendios forestais para o ano 2020.

Á vista dos antecedentes expostos, esta Alcaldía, en base ás competencias establecidas pola lexislación vixente.

RESOLVE

Primeiro.- Admitir ó proceso selectivo de 2 condutores-operarios de servizos para vehiculo motobomba, para a prevención e defensa de incendios forestais, a seguinte lista:



Segundo.- Sinalar como día de realización do exame terórico e practico o xoves 18 de xuño ás 8:00 horas no Pavillón Polideportivo de Forcarei

No caso de non rematar todos os aspirantes, continuarase coas probas o venres 19 de xuño ás 8:30 horas.

Terceiro.- Publicar a presente Resolución no Taboloiro de Anuncios, sede electronica forcarei.sedelectronica.gal e www.forcarei.net



Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +