USO DE INSTALACIÓNS DURANTE A FASE I DA DESESCALADA DA CRISE SANITARIA PROVOCADA POLO COVID 19
Considerando o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o ESTADO DE ALARMA e a normativa complementaria ao mesmo, publicada no BOE ata o día da data.
Esta Alcaldía, en virtude das competencias que lle outorga a Lei Reguladora das Bases do Réxime Local
RESOLVE:
PRIMEIRO: Establecer as seguintes condicións de obrigado cumprimento, nas instalacións e actividades que se fan constar, durante a FASE 1 da desescalada da crise sanitaria provocada polo COVID 19
- Apertura con atención ao público con cita previa, de 9,00 a 14,00 horas
- Solicitude de cita previa no teléfono 986755036
- Os servizos que prestarán atención ao público son Rexistro, Oficiñas Xerais, Urbanismo e Arquitectura, Servizos Sociais e Alcaldía
- Tódolos servizos activos na sede electrónica: https://forcarei.sedelectronica.gal
- Notaría atención ao público con cita previa no teléfono 986755667
- Poderán reiniciar a súa actividade ao aire libre/venda non sedentaria na vía pública, con condicións de distanciamento entre postos, e delimitación do mercado ambulante para correcto control do aforo polas forzas de seguridade.
- Limitación inicial ao 25% dos postos habituais ou aumento de superficie para asegurar o mantemento de distancia de seguridade entre os postos e os viandantes.
- Poderán reiniciar a súa actividade os mercados ao aire libre/venda non sedentaria na vía pública, con condicións de distanciamento entre postos, e delimitación do mercado ambulante para correcto control do aforo polas forzas de seguridade.
- Limitación inicial ao 25% dos postos habituais ou aumento de superficie para asegurar o mantemento de distancia de seguridade entre os postos e os viandantes.
BIBLIOTECA
- Préstamo e lectura con limitación de aforoao a 1/3
- PECHADO NA FASE 1
- PECHADO NA FASE 1
- Apertura de terraza con medidas de distanciamento e hixiene: limitarase ao 50% das mesas permitidas en anos anteriores en base á licenza municipal asegurando distancias.
- Permítese ter maior número de mesas por autorizar o aumento do espazo dispoñible, respectando a proporción mesas/superficie do 50%.
- Antes da reapertura, haberá que facer unha limpeza e desinfección xeral a fondo de todas as estancias e o mobiliario das instalacións.
CIRCUITO DEPORTE PROFESIONAL FEDERADO
- Apertura con medidas de hixiene e protección reforzadas e, se é posible, quendas. A instalación estará provista de material de desinfección.
- Na actividade gardaranse en todo momento as medidas preventivas indicadas. Os responsables establecerán baixo a súa responsabilidade os horarios necesarios para garantir que os deportistas garden as distancias previstas.
- Antes da reapertura, haberá que facer unha limpeza e desinfección xeral a fondo de todas as estancias e o mobiliario das instalacións deportivas.
- Tamén haberá que realizar limpeza e desinfección máis a miúdo, mínimo dúas veces ao día, especialmente das superficies de contacto manual como picaportes, pomos, varandas, bancos, cadeiras, percheros e baños, entre outros.
- Deberase facer un control estrito do acceso ás instalacións, restrinxido ás persoas debidamente autorizadas, para poder controlar o aforo que se determine
- En todo o centro haberá información clara e concisa de pautas de aseo e normas de comportamento, mediante cartelería e señalética de recursos, para minimizar o risco de contaxio, distribuídas por zonas de práctica deportiva, entrada, aseos e principais zonas de paso
- Ximnasio en espazo pechado
- SÓ ACTIVIDADE INDIVIDUAL QUE NON IMPLIQUE CONTACTO FÍSICO NIN USO DE VESTIARIOS
- SEMPRE CON CITA PREVIA
- PECHADO NA FASE 1
- PECHADO NA FASE 1
- Limitación de 1/3 do aforo
- Apertura do cemiterio municipal respectando sempre as medidas de distancia de seguridade interpersoal, tal como está previsto no plan de desconfinamiento presentado polo Goberno central.
- Autorízanse os velorios en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, cun límite máximo de quince persoas en espazos ao aire libre e dez persoas en espazos pechados.
- A participación na comitiva para o enterramento da persoa falecida restrínxese a un máximo de quince persoas, entre familiares e achegados, ademais de, no seu caso, do ministro de culto ou persoa asimilada da confesión respectiva para a práctica dos ritos funerarios de despedida do defunto.
- En todo caso, deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19, relativas ao mantemento dunha distancia mínima de seguridade de dous metros, hixiene de mans e mascarilla.
- Os centros educativos abrirán para a súa desinfección, acondicionamento e o traballo administrativo e preparatorio dos docentes e persoal auxiliar
- PECHADO NA FASE 1
- PECHADO NA FASE 1
- PECHADO NA FASE 1
- Autorízase a apertura de terrazas:
- Limitarase ao 50% das mesas permitidas en anos anteriores en base á licenza municipal asegurando distancias.
- Autorízase ter maior número de mesas e permítese máis espazo dispoñible, respectando as distancias en proporción mesas/superficie do 50% e cun incremento proporcional de espazo peonil no mesmo tramo da vía pública.
- Respetaránse en todo caso as entradas, portais e tránsito dos peóns.
- En ningún caso estará permitido invadir ou obstaculizar a entrada de vivendas particulares.
- Autorizase a apertura xeralizada dos locais e establecimentos comerciais do concello con aforo limitado ao 30 %.
- Garantizarase unha distancia mínima de 2 metros entre clientes. Cando esto non sexa posible, permitirase únicamente a permanencia de un cliente.
- Establecerase un horario de atención preferente para persoas maiores de 65 anos.
SEGUNDO: Decretar as seguintes MEDIDAS DE ORGANIZACIÓN DO TRABALLO NO CONCELLO, durante a FASE 1 da desescalada da crise sanitaria provocada polo COVID 19:
Atención cidadá:
- Fomentarase a atención á cidadanía por medios telemáticos ou telefónicos sen prexuízo daquelas oficinas de servizos de carácter esencial.
- Procedementos, tales como convocatorias de subvencións, considerados indispensables para a protección do interese xeral, os prazos de presentación de solicitudes, emendas ou presentación de xustificacións volverán estar abertos, polo que se habilitará a atención presencial nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía.
- Organizarase a atención presencial por citas, na medida do posible, por internet ou por teléfono e fixar un horario para dita asistencia. As citas deben asignarse coa frecuencia precisa para que non haxa aglomeracións nos accesos ou na oficina. A asistencia realizarase de xeito individual.
- Colocaranse carteis visibles coas indicacións de seguridade e, de forma específica, indicacións da distancia mínima de seguridade de 2 metros que se deberá manter cos demais usuarios e co persoal de atención ao público e que o tempo de permanencia dos usuarios no interior da oficina non pode superar os 15 minutos.
- Ata unha restitución da actividade normal, adoptaranse medidas de flexibilización horaria e quendas na medida do posible.
- Organizarase o traballo de xeito que se evite ou reduza o contacto entre persoas, respectando en calquera caso a distancia de seguridade. Priorizar a comunicación por teléfono e/ou correo electrónico fronte á presenza entre departamentos.
- Estableceranse as seguintes medidas de protección colectiva:
- Limitarase o uso do ascensor e fomentarase o tránsito polas escaleiras
- Facilitarase o lavado de mans coa a dispoñibilidade de produtos que permitan unha adecuada hixiene tanto aos empregados públicos coma aos usuarios das oficinas.
- Garantirase unha distancia mínima de 2 metros entre persoas ou separaranse mediante elementos de protección colectiva (paneis) tanto nos accesos como nos espazos de traballo e atención ao público
- Intensificarase a limpeza e desinfección das zonas comúns e postos de traballo, especialmente onde se toca con máis frecuencia (pasamáns, ascensor, aseos, pomos das portas ...).
- Fomentaranse as medidas de protección individual seguintes:
- Extremaranse as medidas de hixiene respiratoria e evitarase tocar os ollos, o nariz ou a boca.
- Facilitarase unha adecuada e frecuente hixiene de mans con auga e xabón antiséptico ou solución hidroalcohólica.
- Gardarase, en todo momento, a distancia de seguridade co demais persoal
- Evitarase compartir instrumentos de traballo (ordenador, rato, mesa, teléfono e material de oficina); de non ser posible, desinfectaranse antes de ser empregados por outra persoa.
No suposto de que algún/ha empregado/a público presente síntomas da enfermidade:
* Se os síntomas aparecen no seu domicilio, contactará co 900 400 116, non acudirá ao centro de traballo e comunicará ao seu responsable as pautas que lle marcasen as autoridades sanitarias. A súa ausencia considerarase xustificada.
* Se os síntomas aparecen no posto de traballo, informará inmediatamente ao seu superior e trasladarase a un espazo pechado (preferiblemente un despacho pechado con ventá). Porase en contacto co 900 400 116 para adoptar as medidas que indiquen as autoridades sanitarias. Os responsables de persoal das unidades afectadas ditarán as instrucións necesarias (ventilar ben as zonas onde estivo a persoa con síntomas, e limparanse cunha solución de hipoclorito sódico ou lixivia con auga).
Respecto ao resto de empregados/as que compartían espazo de traballo coa persoa que presentaba síntomas de enfermidade, adoptaranse as medidas preventivas que fixe o órgano competente da Consellería de Sanidade.
TERCEIRO: A presente resolución da Alcaldía terá vixencia no momento no que se decrete polo Goberno do Estado a Fase 1, e esta teña efectos no Concello de Forcarei.
CUARTO: Dar traslado da presente resolución á Comisión de Seguimento do Covid-19 no Concello de Forcarei e aos Grupos Políticos integrantes da Corporación Municipal do Concello, así como darlle publicidade a través da sede electrónica e na páxina web municipal.
1