SERVIZOS ESENCIAIS E NOVAS MEDIDAS DO CONCELLO DE FORCAREI PARA FACER FRONTE Ó COVID_19

SERVIZOS ESENCIAIS E NOVAS MEDIDAS DO CONCELLO DE FORCAREI PARA FACER FRONTE Ó COVID_19


Considerando o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o ESTADO DE ALARMA e os complementarios ao mesmo, publicados no BOE nos días posteriores, e en particular o RD 10/20, de 29 de marzo.

 

 Esta Alcaldía, en virtude das competencias que lle outorga a Lei Reguladora das Bases do Réxime Local

 

 RESOLVE:

 

 PRIMEIRO: MEDIDAS REFERIDAS AO SECTOR DA HOSTALARÍA, COMERCIO E INDUSTRIA:

 

a) Proceder ao estudo de medidas de compensación para aplicar á TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO MUNICIPAL CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS, TABOADOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS, CON FINALIDADE LUCRATIVA, proporcional ao periodo de peche obrigatorio derivado do Estado de Alarma, para o sector da Hostalería.

b) Proceder ao estudo de medidas de compensación para aplicar á taxa de recollida de lixo, proporcional ao periodo de peche obrigatorio derivado do Estado de Alarma, para os sectores de Hostalería, Comercio e Industria.

c) Elaborar un Plan Especial de Reactivación dos Sectores Económicos, unha vez que remate o Estado de Alarma.

 

SEGUNDO: MEDIDAS ENCAMIÑADAS Á PREVISIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO:

 

a) Asistencia social integral ás víctimas de violencia de xénero.

b) Garantir o funcionamento dos servizos de asistencia e protección integral ás víctimas de violencia de xénero.

 


TERCEIRO: MEDIDAS DE USO DO CEMITERIO MUNICIPAL:

 

a) O cemiterio municipal de Forcarei permanecerá pechado ao púbico durante o período de tempo que estea en vigor o Estado de Alarma.

b) A asistencia aos enterros que sexa necesario realizar estará restrinxida a tres familiares, ou achegados. En todo caso, deberáse respetar en todo momento a distancia de seguridade.

CUARTO: SUSPENSIÓN DE FEIRAS EN TODO O TERMO MUNICIPAL:

a) Tódalas feiras e mercados ao aire libre quedan suspendidas no Termo Municipal de Forcarei durante o período de tempo que estea en vigor o Estado de Alarma.

 

 QUINTO: SERVIZOS ESENCIAIS QUE PRESTA O CONCELLO DE FORCAREI DURANTE O ESTADO DE ALARMA E QUE A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEMP) CONSIDERA QUE DEBEN SER PRESTADOS NECESARIAMENTE POLAS ENTIDADES LOCAIS:

 

a) Protección Civil

b) Recollida de Resíduos

c) Limpeza Viaria

d) Axuda a Domicilio (S.A.F.)

e) Teleasistencia

f) Protección contra a Violenza de Xénero

g) Augas e Redes de Abastecemento

h) Alumado Público

i) Limpeza de Edificios e Dependencias Municipais

j) Servizos Sociais (Atención á Cidadanía e Poboación Vulnerable)

k) Atención á Cidadanía Telefónica e Telemática l) Servizo de Informática

m) Servizo de Mantemento para a Atención de Urxencias en Viais e Espazos Públicos.

n) Secretaría

o) Intervención

p) Tesourería

q) Rexistro Xeral

r) Servizo de Obras

s) Servizos Funerarios e de Cemiterio

t) Responsables de Unidades Administrativas

 

 SEXTO: Dar traslado da presente resolución á Comisión de Seguimento do Covid-19 no Concello de Forcarei e aos Grupos Políticos integrantes da Corporación Municipal do Concello, así como darlle publicidade a través da sede electrónica e na páxina web municipal.


Resolución



Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +