MEDIDAS EXTRAORDINARIAS EN MATERIA TRIBUTARIA A CONSECUENCIA DO ESTADO DE ALARMA DERIVADO DO COVID 19

MEDIDAS EXTRAORDINARIAS EN MATERIA TRIBUTARIA A CONSECUENCIA DO ESTADO DE ALARMA DERIVADO DO COVID 19


Considerando o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o ESTADO DE ALARMA eos complementarios ao mesmo, publicados no BOE nos días posteriores.

Esta Alcaldía, en virtude das competencias que lle outorga a Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, e do establecido no punto terceiro da resolución da Alcaldía de data 13 02 2020 , pola que se aproba o Calendario F iscal do Concello de Forcarei para o exercicio 2020 , e no apartado terceiro da resoluci ón da Alcaldía de data 16 03 2020, pola que se crea a Comisión Municipal de Seguimento do COVID 19.

RESOLVE:

PRIMEIRO

DEIXAR SEN EFE CTO, ATA NOVO AVISO, OS PERIODOS DE COBRO PREVISTOS NO CALENDARIO FISCAL DO CONCELLO DE FORCAREI PARA O EXERCICIO DE 2020 , aprobado por resolución da Alcaldía de data 13 02 2020, e en concreto o Padrón fiscal do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica 2020 IVTM 2020 )), para o que estaba previsto o periodo de cobro entre o 01/04/2020 e o 01/06/2020 sendo esta última a data de cargo nas entidades bancarias dos recibos domiciliados.

SEGUNDO

Dependendo da evolución das circunstancias, e doutras medidas que sexan adoptadas polas autoridades competentes, dictaranse novas Resolucións sobre o levantamento das medidas adoptadas na presente e fixaranse os novos períodos de cobro

TERCEIRO

A presente Resolución faráse pública mediante a publicación dun anuncio no BOPPO e a súa publicación íntegra no Taboleiro de Anuncios e na Sede Electronica do Concello de Forcarei.




Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +