MEDIDAS COMPLEMENTARIAS DO CONCELLO DE FORCAREI PARA FACER FRONTE Ó COVID_19

MEDIDAS COMPLEMENTARIAS DO CONCELLO DE FORCAREI PARA FACER FRONTE Ó COVID_19


Considerando o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o ESTADO DE ALARMA e os complementarios ao mesmo, publicados no BOE nos días posteriores.


Esta Alcaldía, en virtude das competencias que lle outorga a Lei Reguladora das Bases do Réxime Local

RESOLVE:

PRIMEIRO: Tramitar, de xeito urxente, as AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA, para atender as demandas de necesidade urxente (ALIMENTOS, PRODUTOS DE LIMPEZA E DE PROTECCIÓN, entre outros), dirixidas a persoas empadroadas e con residencia efectiva no Termo Municipal de Forcarei, que carezan de ingresos suficientes. Daráselles prioridade ás axudas destinadas a cubrir as necesidades das familias con menores ao seu cargo que se atopen en situación de exclusión social ou en risco de estalo.

Estas axudas serán tramitadas polo departamento de servizos sociais do Concello (Servizos Sociais do Concello. Teléfono 986 75 51 49).

SEGUNDO: Tramitar, de xeito urxente, o SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA, a través dunha pulseira que comunica as persoas usuarias cunha central con só pulsar un botón, dirixido ás persoas maiores ou con diversidade funcional que viven soas ou ás persoas que estean acompañadas e teñan as súas facultades moi minguadas para valerse na vida cotiá. (Servizos Sociais do Concello. Teléfono 986 75 51 49).

TERCEIRO:Tramitar, de xeito urxente, o SERVIZO XANTAR NA CASA, de comida a domicilio, para facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade, adaptada as necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, dirixida as seguintes persoas (Servizos Sociais do Concello. Teléfono 986 75 51 49):

  • - Maiores de 60 anos que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal, e sen rede de apoio que puidera suplir tal situación.
  • - Persoas dependentes, que carezan de apoio familiar, e requiren de axuda para a preparación de alimentos.
  • - Persoas maiores de 60 anos, en situación de exclusión social, técnicamente avaliado polos Servizos Sociais do Concello.

CUARTO: LEMBRAR o desenvolvemento do SERVIZO DE EMERXENCIA PARA ACERCAR A COMPRA DE PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE Á CASA, mentres se manteña o Estado de Alarma, dirixido a persoas maiores, que viven soas ou con dificultades, e non conten co Servizo de Axuda no Fogar, sempre respetando as medidas sanitarias decretadas, para así evitar que estas persoas, con problemas, salgan das súas casas, CHAMANDO AO TELÉFONO DE PROTECCIÓN CIVIL DE FORCAREI (606 401833)

QUINTO: Realizar LABORES DE DESINFECCIÓN nos despachos e instalacións da Casa do Concello e vehículos para atención socio sanitaria, así como os lugares vulnerables do Termo Municipal Residencias de Anciáns, Centros de Saúde, Farmacias, Supermercados, etc. etc.)), na medida das posiblidades municipais , todo esto en coordinación coas autoridades sanitarias.

SEXTO: Proceder a novas ADQUISICIÓNS DE MATERIAL DE PROTECCIÓN.

SÉTIMO: Proceder ao peche do Punto Limpo os venres e sábados , e establecer unha ampliación do servizo de Recollida de Resíduos Voluminosos funcionando un día por semana salvo que en función da demanda se precise ampliar a índa máis os días de recollida PARA CUBRIR O SERVIZO E GARANTIR QUE OS VECIÑOS NON SAIAN DAS SÚAS CASAS

OITAVO: Ante a solicitude da empresa adxudicataria, decretar a paralización do prazo de execución da obra "Reforzo do firme nas rúas Progreso e Regueira en Forcarei e mellora da capa de rodadura na estrada de Dúas Igrexas a Loureiro", en base ao establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463 2020, de 14 de marzo.

NOVENO: Autorizar , en base ao establecido no artigo 37.3 d) ET e o artigo 117 da Lei 2/2015 do 29 de abril do emprego público de Galicia para os traballadores e traballadoras municipais, un permiso retribuído polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, naqueles casos nos que se cumpran as condicións establecidas e sexa solicitado , quedando a disposición da Alcaldía para que , en caso de urxencia fosen requeridos/as

DÉCIMO: Os servizos de Notaría, que se prestan nas instalacións da Casa do Concello de Forcarei, reduciranse ao horario de 9,00 a 14,00 horas, serán a porta pechada e respetando as medidas preventivas de seguridade establecidas , mantendo as distancias mínimas entre persoas e demáis medidas de hixiene estipuladas.

UNDÉCIMO: Dar traslado da presente resolución á Comisión de Seguimento do Covid 19 no Concello de Forcarei e aos Grupos Políticos integrantes da Corporación Municipal do Concello, así como darlle publicidade a través da sede electrónica e na páxina web municipal.

Resolución de Alcaldía.



Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +