MEDIDAS DE CUMPRIMENTO XERAL DURANTE O ESTADO DE ALARMA DERIVADO DO COVID_19. RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

MEDIDAS DE CUMPRIMENTO XERAL DURANTE O ESTADO DE ALARMA DERIVADO DO COVID_19. RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA


O Concello de Forcarei, co obxecto de adoptar as medidas de saúde pública de carácter extraordinario que require a evolución do COVID_19 (Coronavirus), dentro do seu ámbito territorial e no marco das competencias que ten atribuídas pola lexislación vixente e, atendendo ás medidas xa comunicadas polo Goberno do Estado Considerando, igualmente o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o ESTADO DE ALARMA para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID_19.


Esta Alcaldía, en virtude das competencias que lle outorga o artigo 21.1 da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local

RESOLVE:

PRIMEIRO.

Recordar á veciñanza que NON PODEN SAÍR DA CASA , salvo causa de forza maior, coas excepcións previstas no antedito Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo, polo que se declara o ESTADO DE ALARMA , como adquisición de alimentos, productos farmacéuticos asistencia a centros sanitarios,
etc.
Recordar, tamén, que estando garantidos os subministros de alimentos, así como a apertura dos establecimentos comerciais para a súa venda , se deberá permanecer nos mesmos soamente polo tempo estrictamente necesario , acudindo somentes UN MEMBRO POR FAMILIA a realizar as compras
necesarias , e se deberán evitar aglomeracións, así como gardar as distancias de seguridade establecidas no RD 463/ 2020 , e en todo caso mantendo a calma en beneficio de todos.

SEGUNDO.

A asistencia a ceremonias no cemiterio municipal de Forcarei, estará condicionada á adopción de medidas para evitar aglomeracións de tal xeito que se garantice a distancia mínima de seguridade de un metro entre persoas.

TERCEIRO.

Establecer un servizo de abastecemento domiciliario de productos de primeira necesidade dirixido a personas maiores, que vivan solas e non conten con Servizo de Axuda no Fogar , sempre respetando as medidas sanitarias decretadas.

CUARTO.

Informar á veciñanza que, de acordo coa disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o Estado de Alarma, para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID_19, se suspenden términos e se interrompen os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos se reanudará no momento en que perda vixencia o Real Decreto que determina o Estado de Alarma ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.

QUINTO.

Establecer que as comunicacións co Concello se deberán de realizar de forma telemática, a través da sede electrónica municipal ( https://forcarei.sedelectronica.gal ) ou por vía telefónica (Servizos Xerais: 986755036 / 986755432 Servizos Sociais 98675 5149

En caso de que non se dispuxese de medios telemáticos, e para aqueles supostos de urxencia, o Concello atenderá presencialmente PREVIA PETICIÓN DE CITA TELEFÓNICA, en horario de 9 a 14 horas.

SEXTO.

Os SERVIZOS ADMINISTRATIVOS MUNICIPAIS funcionarán con porta pechada de 9 a 14 horas, dun modo moi reducido, equivalente a uns servizos mínimos, estando activos os seguintes:

  • - Rexistro de entrada e SIR
  • - Padrón de Habitantes
  • - Servizos Sociais
  • - Secretaría
  • - Intervención
  • - Tesourería
OS DEMÁIS SERVIZOS MUNICIPAIS FUNCIONARÁN NO SEU HORARIO HABITUAL, ESTÁNDO ACTIVOS OS SEGUINTES:

  • - Obras, Servizos e Cemiterio Municipal
  • - Recollida de Residuos
  • - Emerxencias e Protección Civil (funcionando de xeito ordinario, podendo ser reforzados en caso de necesidade)
  • - Servizo de Axuda no Fogar
SÉTIMO.

Os Servizos Sociais Municipais, dado o seu carácter asistencial, quedarán suxeitos no desenvolvemento do seu traballo aos protocolos establecidos polas responsables dos mesmos, facilitando sempre que se poida o teletraballo ás empegadas públicas que presta servizo neste Departamento.

O SERVIZO MUNICIPAL DE AXUDA NO FOGAR FUNCIONARÁ DE XEITO NORMAL , con especial atención no seu desenrolo debido ás circunstancias excepcionais nas que nos atopamos.

OITAVO.

O persoal municipal que non preste servizos dun modo presencial deberá estar disponible coa finalidade de prestar servizo ou reemplazar aos compañeiros/as cando fosen requeridos.

NOVENO

Quedan suspendidas as sesións periódicas ou ordinarias dos órganos colexiados municipais, a excepción da Comisión de Seguimento do COVID_19, ou calquera outra que fose preciso celebrar, que sería a porta pechada.

DÉCIMO.

Dar publicidade á presente resolución para xeral coñecemento da veciñanza.


O BOE publica hoxe o Real Decreto de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do coronavirus.

?? Podedes consúltalo aquí: https://www.boe.es/…/di…/2020/03/18/pdfs/BOE-A-2020-3824.pdf




Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +