Alerta Sanitaria-Resolucion de Alcaldía

Alerta Sanitaria-Resolucion de Alcaldía


O CONCELLO DE FORCAREI SUSPENDE DENDE MAÑÁ E ATA O 29 DE MARZO AS ACTIVIDADES CON PÚBLICO OU PARTICIPACIÓN VECIÑAL.

• Fronte á amenaza do coronavirus, o goberno local decidiu tamén pechar durante este tempo as instalacións municipais

• A casa consistorial estará aberta de 9.00 a 14.00 horas dende o próximo luns con servizos mínimos en Rexistro e Servizos Sociais. Facilitarase, na medida das posibilidades, o teletraballo para as/os funcionarias/os

O Concello de Forcarei decidiu hoxe suspender ata o vindeiro 29 de marzo todas as actividades municipais físicas ou de ocio que impliquen a asistencia de veciñas ou veciños ben como público ben como participantes activos, debido a alerta derivada da ameaza do coronavirus.

Durante este tempo permanecerán tamén pechadas todas as instalacións municipais, excepto a casa consistorial. Esta medida afecta aos pavillóns deportivos de Forcarei e Soutelo, biblioteca de Soutelo, Centro Social de Forcarei, Circuíto da Madalena, auditorio de Soutelo, Casa da Xuventude, pista de pádel, ximnasio, campo de fútbol de Forcarei e casas-escola.

Na medida das posibilidades, facilitarase o teletraballo para as/os funcionarias/os municipais. A partir do próximo luns, a casa consistorial estará aberta de 9.00 a 14.00 horas e haberá servizos mínimos en Rexistro e Servizos Sociais. Así mesmo, nestas dependencias municipais hai hidroxel antiséptico e luvas. O SAF e demais servizos do Concello manteranse coa súa actividade normal.

Respecto ás actividades, a alcaldesa Verónica Pichel deu orde de pospoñer a obra de teatro prevista para o vindeiro 19 de marzo, "Manola a tartaruga”, un espectáculo de Malasombra Producións dirixido ao público infantil que se ía representar no auditorio de Soutelo de Montes.

Tamén se apraza a segunda sesión do ciclo de Cine pola Igualdade. A decisión afecta en principio a emisión programada para o 20 de marzo no centro social de Forcarei.

Outras actividades suspendidas son as clases de xerontoximnasia, fisioximnasia, pilates, hipopresivos e ioga tibetano que se están a desenvolver por distintas parroquias do concello.

Paralelamente, a proba prevista para esta próxima fin de semana no Circuíto da Madalena foi igualmente aprazada por decisión conxunta de Federación Galega de Motociclismo, o motoclub VF Timing e o Concello de Forcarei.


 Resolución



Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +