XXIV FESTA DA RICHADA DE FORCAREI

XXIV FESTA DA RICHADA DE FORCAREI


Desde hoxe pódese degustar o menú da richada nos restaurantes París, Victoria e Florida a un prezo de 15 euros ata o domingo e gozar das distintas actividades programadas:

       -Andaina da Richada (sábado-9.30 horas)

Punto de encontro: XUNTO AO CENTRO SOCIAL (Bar Candelas) de Forcarei, ás 9:30h, para sair en autobús ata Portela de Millerada. Xa camiñando, subirase ata as Neveiras de Fixó onde haberá unha visita guiada, a continuación visitarase a Pena de Malpaso e o Mirador de Grovas, para volver cara Fixó e dende alí chegar ao Pazo de Hermosende a través de sendeiros e posteriormente, chegar a Iglesia, en Millerada, onde se collerá o autobús de regreso a Forcarei.
Servizo de avituallamento xunto ao Mirador de Grovas e xunto á Igrexa de Millerada.

Interesados, anotarse nas oficinas xerais do Concello de Forcarei (986 75 50 36), antes do xoves 30 de novembro, ás 15:00h, aportando: Nome e apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto. GRATUITO.

       -Obradoiro de pesca con montaxe creativo de moscas (sábado-10.00 horas)

      -Programa "Aquí Galicia" da TVG (sábado-16.30 horas)

       -Xornada de portas abertas no observatorio (sábado-19.00 horas)

       -Quedada BTT da Richada (domingo-9.30 horas)

Saida da Praza da Igrexa, ás 9:30h, pasando por Campamento de Pontemaril, Castro de Loureiro, Valiñas, Vilaverde (Aciveiro), Rochela, Noveliza, Alto do Candán, Neveiras de Fixó, Mámoa de Rofete, Fixó, Covas, Cachafeiro, Espindo, Ponte e Forcarei.
Servizo de avituallamento nas Neveiras de Fixó. Servizo de duchas e mangueira para limpeza de bicicletas, no Pavillón Polideportivo de Forcarei.

Interesados, anotarse nas oficinas xerais do Concello de Forcarei (986 75 50 36), antes do xoves 30 de novembro, ás 15:00h, aportando: Nome e apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto. GRATUITO.

       -Sesión vermú coa Banda de Gaitas de Forcarei (domingo-13.00 horas)



Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +