Obra de Teatro. RETRINCOS DE CASTELAO

Obra de Teatro. RETRINCOS DE CASTELAO


O Venres 16 de Decembro as 19:00 horas no Auditorio de Soutelo de Montes.

Chegará a Forcarei a obra 'Retrincos de Castelao', no marco da programación teatral do Ano Castelao da Deputación de Pontevedra. Trátase dunha obra creada pola compañía Culturactiva para achegar ao público actual a vida e a traxectoria de Castelao, combinando a comedia con elementos dramáticos. Dirixida por Diego Rey, esta obra pon sobre o escenario a dous actores amplamente coñecidos na escena galega, Isabel Risco e Fran Rei.

'Retrincos de Castelao' parte de textos do propio Castelao, fundamentalmente de Cousas e Retrincos, e dunha ducia de viñetas, que dan como resultado un texto que vai saltando da vida á obra do autor rianxeiro e permite abordar todas as arestas do personaxe e ir repasando as súas facetas: a humana, o humorista, o debuxante e o político.

'Retrincos de Castelao' é un espectáculo de pequeno formato que, segundo xa explicara o actor Fran Rei no día da presentación da programación, "será un espectáculo ácido co que pretendemos achegarnos ao humor de Castelao, que tamén era ácido e cheo de pensamento político e de crítica". Asegurara, ademais, "que o texto é un arma de construción masiva nun momento no que os gobernos intentan botar terra sobre a nosa identidade".



Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +