Categoría: Contido

Doazón de Sangue en Soutelo e Forcarei

Doazón de Sangue en Soutelo e Forcarei


Luns, 15 de maio

FORCAREI
Unidade móbil detrás do Concello
16:00 ás 18:30 horas

SOUTELO
Unidade móbil xunto a Praza dos Gaiteiros
19:00 ás 21:00 horas

Cada día 10 unidades móbiles percorren Galicia para facilitar este acto solidario.

Cartel
Doar Sangue, paso a paso



Inspección Técnica de Vehículos- FORCAREI

Inspección Técnica de Vehículos- FORCAREI


Días : 18 ó 22 de maio de 2017

HORARIO :

Días 18,19 e 22 :
9:00 a 13:30 horas.
15:15 a 18:00 horas

Asignarase CITA PREVIA chamando ó telefono :

• A través da páxina web : www.sycitv.com
• Por teléfono : 902 30 90 00

LUGAR FORCAREI.  Rúa TRAS DA SENRA.

Cartel



Teatro infantil 2017. Pequena trapallada e algunha que outra batalla

Teatro infantil 2017. Pequena trapallada e algunha que outra batalla


O Auditorio de Soutelo de Montes acollerá o Sábado 15 de Abril á compañía de teatro A Tropa Trapalleira coa súa obra "Pequena trapallada e algunha que outra batalla". Este espectáculo familiar terá lugar as 18:00 horas e fará reflexionar ó público sobre o absurdo das guerra e as súas consecuencias.

Cartel



PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2017 DA XUNTA DE GALICIA

PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2017 DA XUNTA DE GALICIA


PRAZO PARA PRESENTAR A SOLICITUDE:

Do 17 de Marzo de 2017 ao 17 de Abril de 2017.

DOCUMENTACIÓN:

  • Solicitude e Anexos.
  • Xustificantes das pensións, tanto nacionais como do estranxeiro.

SOLICITUDES NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO.

Cartel

Programa
Solicitude



OBRADOIROS DE MEMORIA FORCAREI. CRUZ ROJA DIRIXIDO A…

OBRADOIROS DE MEMORIA FORCAREI. CRUZ ROJA DIRIXIDO A…


Persoas maiores de 65 anos con ganas de manter e mellorar as súas funcións cognitivas (memoria, atención, etc)

LUGAR ,DATAS E HORARIO

  • FORCAREI no Centro Social
  • Os Martes de 10:30h a 11:30h
  • Dende o 28 de marzo ata o 30 de maio

PARA INSCRIPCIÓN OU MÁIS INFORMACIÖÓN:

  • Antes do 24 de marzo nas oficiñas Xerais do Concello de Forcarei
  • Praza da Igrexa nº1. C.P. 36550 Forcarei Tfno.: 986 75 50 36
Cartel../images/archivos%20pdf/ocio/cartel%20obradoiro%20memoria%20cruz%20roja%202017.pdf



DEPO AVENTURA A LANZADA 2017

 DEPO AVENTURA A LANZADA 2017


Campamentos de verán para menores de entre 8 e 13 anos (ambos inclusive) da provincia de Pontevedra.

Desenvolveranse entre os meses de Xuño e Setembro, de 7 días de duración.

SERVIZOS OFERTADOS:

  • Programa de actividades socioculturais, recreativas, formativas e convivencia.
  • Aloxamento en tendas de campaña no campamento xuvenil.
  • A manutención en réxime de pensión completa.
  • Material necesario para a actividade.
  • Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre, actividades náuticas e lingua inglesa.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

DOCUMENTACIÓN:

  1. Solicitude en modelo normalizado.
  2. Fotocopia do DNI ou NIE do menor ou fotocopia do libro de familia.
  3. Fotocopia do DNI ou NIE do pai, nai ou da persoa titora.
  4. Certificado de empadroamento.
  5. Cuestionario de saúde e autonomía persoal.

O importe de pagamento é de 100€ por menor. No caso de familias numerosas é de 80€ por menor.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN REMATA O 29 DE MARZO DE 2017.

Cartel



Convocatoria contratación de persoal. Plan Concellos 2017

Convocatoria contratación de persoal. Plan Concellos 2017



O Concello de Forcarei, con cargo a subvención do Plan Concellos 2017 da Excma. Deputación Provincial. Liña 3 emprego, vai a contratar as seguintes servizos:

Servizo de medio ambiente.- 4 traballadores

desempregados, da seguinte forma:

· 3 peóns forestais, durante 8 meses

·1 peón para recollida de lixo, durante 8 meses

Servizo de obras públicas.- 5 traballadores

desempregados da seguinte forma:

·1 operario de servizos (peón obras públicas) para o karting, durante 8 meses,

·1 operario de servizos (peón obras públicas) para instalacións deportivas, durante 8meses

·1 condutor de camión e maquinaria, durante 6 meses

·1 oficial de obras públicas, Albanel, durante 8 meses

·1 peón de obras publicas durante 6 meses

As persoas que esten interesadas deben estar inscritas na oficina de emprego de A Estrada antes do venres dia 31/03/2017 como desempregadas

Anuncio Completo

Bases de Contratacion

Resultados das Probas de Selección



Calendario do contribuínte para o exercicio 2017

Calendario do contribuínte para o exercicio 2017


De conformidade co previsto no art,12 do Texto Refundido da Lei Reguladora das acendas Locais, en relación co artigo 62 da Lei Xeral Tributaria e os artigos 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, de 29 de xul1o de 2005 (Real Decreto 939/2005) comunícaselles aos contribuíntes afectados o seguinte calendario:


Deberase ter en conta a data límite de ingreso para cada tributo no horario de caixa de cada entidade bancaria colaboradora (art,19,3 do Regulamento Xeral de Recadación). O Imposto deberá satisfacerse, consonte ca artigo 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, empregando os instrumentos de ingreso (recibos) que se enviarán aos domicilios dos contribuintes, a través das entidades bancarias seguintes:

  • ABANCA
  • BANCO SANTANDER
  • BANCO SABADELL GALLEGO
  • BANCO PASTOR


Os contribuintes que non recibiran nos seus domicilios os instrumentos de ingreso, poderán solicitalos ata a data de finalización do período voluntario de cada tributo nas Oficinas Xerais do Concello, no seguinte horario:

  • Luns de 8:00 ata 15 horas e de 16:30 a 19 horas
  • Martes, mércores, xoves e venres de 8:00 a 15:00 horas

Posto que a non recepción do recibo non exonera da abriga do pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento.
o presente anuncio que ten o carácter de notificación colectiva ao abeiro do previsto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

O vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comezo do procedemento executivo, a percepción do recargo correspondente e demais conceptos esixibles, tal e como se fixa nos artigos 26, 28 e 161 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria e 69 e seguintes do RD 939/2005 de 29 de xullo que aproba o Regulamento Xeral de Recadación.

Aconsellámoslle que, para a súa comodidade, domicilie o pagamento dos seus tributos en calquera entidade bancaria. Para elo bastará con que cubra o impreso de domiciliación que se lle facilitará nas Oficinas Xerais do Concello e na paxina web do mesmo.



 

 

IMPOSTO VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA (IVTM)

 

  • Data de comezo do período voluntario:……………... 3 de abril de 2017
  • Data de finalización do período voluntario:………… 2 de xuño de 2017
  • Data de cargo en conta dos recibos domiciliados:...… 2 de xuño de 2017

 

TASAS MUNICIPAIS (auga, lixo, sumidoiros, entrada carruaxes, beirado, cemiterio, ocupación beirarrúa, recoñecemento de vehículos)

 

  • Data de comezo do período voluntario:……………... 1 de xuño de 2017
  • Data de finalización do período voluntario:………... 31 de xullo de 2017
  • Data de cargo en conta dos recibos domiciliados:….. 31 de xullo de 2017

 

IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES (IBI Urbana e IBI Rústica)

 

  • Data de comezo do período voluntario:……………..... 1 de agosto de 2017
  • Data de finalización do período voluntario:………… 2 de outubro de 2017
  • Data de cargo en conta dos recibos domiciliados:…... 2 de outubro de 2017

 

IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (IAE)

 

  • Data de comezo do período voluntario:…………….... 1 de setembro de 2017
  • Data de finalización do período voluntario:……….… 6 de novembro de 2017
  • Data de cargo en conta dos recibos domiciliados......... 6 de novembro de 2017

 


 

 


 



ENTROIDO 2017

ENTROIDO 2017


Domingo 26 de Febreiro:
Festa Infantil de ENTROIDO.
Xogos, talleres, bailes e concurso de disfraces. Contaremos con: Mickey, Mini e Goofy.  Ademais dunha Festa con temática bucaneira.
Con talleres de Globoflexia e Maquillaxe.
A partires das 18:00h

Martes 28 de Febreiro

Festa-Concurso de ENTROIDO
Para Adultos.
A partires das 18:00h
CONCURSO CON PREMIOS

Cartel
Bases do Concurso



Inspección Técnica de Vehículos

Inspección Técnica de Vehículos


Días : 27 e 30 de xaneiro de 2017.

HORARIO :

Día 27 :
   9:00 a 13:30 horas.
   15:15 a 18:00 horas

Día 30 :
   9:00h a 13:30 horas

Asignarase CITA PREVIA chamando ó telefono :

• A través da páxina web : www.sycitv.com
• Por teléfono : 902 30 90 00

LUGAR SOUTELO DE MONTES. POLIGONO INDUSTRIAL DE VILAPOUCA. (preto de Alimentos Amorodo S.L.)

Cartel



Bo Nadal e Feliz 2017

Bo Nadal e Feliz 2017


Desde o Concello de Forcarei, desexámosvos a todos ¡Felices Festas e un Próspero 2017 en compañía das vosas familias, amigos e seres queridos!



Nadal 2016-17. Programación

Nadal 2016-17. Programación


Venres 23 as 17:30h

No Pavillón de Forcarei,
Parque lúdico de Hichables con Tobogán Lunny e Multiarcos
Amenizado con unha festa temática!!

Xoves 29 as 17:00h

Na Concello, visita do Apalpador.

Venres 30 as 17:30h

No Pavillón de Soutelo de Montes
Hichables de Salto, e Bob Esponja
Amenizado con unha festa temática!!

Xoves 5 de Xaneiro


Cabalgata de Reis con saída de Soutelo de Montes as 18:30h, e chegada e recepción na Praza do Concello en Forcarei sobre 19:00h

Cartel
Diptico



Obra de Teatro. RETRINCOS DE CASTELAO

Obra de Teatro. RETRINCOS DE CASTELAO


O Venres 16 de Decembro as 19:00 horas no Auditorio de Soutelo de Montes.

Chegará a Forcarei a obra 'Retrincos de Castelao', no marco da programación teatral do Ano Castelao da Deputación de Pontevedra. Trátase dunha obra creada pola compañía Culturactiva para achegar ao público actual a vida e a traxectoria de Castelao, combinando a comedia con elementos dramáticos. Dirixida por Diego Rey, esta obra pon sobre o escenario a dous actores amplamente coñecidos na escena galega, Isabel Risco e Fran Rei.

'Retrincos de Castelao' parte de textos do propio Castelao, fundamentalmente de Cousas e Retrincos, e dunha ducia de viñetas, que dan como resultado un texto que vai saltando da vida á obra do autor rianxeiro e permite abordar todas as arestas do personaxe e ir repasando as súas facetas: a humana, o humorista, o debuxante e o político.

'Retrincos de Castelao' é un espectáculo de pequeno formato que, segundo xa explicara o actor Fran Rei no día da presentación da programación, "será un espectáculo ácido co que pretendemos achegarnos ao humor de Castelao, que tamén era ácido e cheo de pensamento político e de crítica". Asegurara, ademais, "que o texto é un arma de construción masiva nun momento no que os gobernos intentan botar terra sobre a nosa identidade".



IV Carreira Popular. Forcarei 2016

IV Carreira Popular. Forcarei 2016


 CATEGORÍAS:

  • Prebenxamíns (100m)
  • Benxamíns (200m)
  • Alevíns (1.200m)
  • Infantís/Cadete (2.200m)
  • Absoluta (7.500m) 

10 de Decembro de 2016

Inscrición:

Emesports.es

  • Recollida de dorsais as 16:00h
  • Comezo das carreiras as 17:30h
Cartel



1ª Mostra de Torneado e Talla

1ª Mostra de Torneado e Talla


Do 5 ó 11 de Decembro.

Exposición de pezas a cargo de Vicente  Cortizo Blanco.

No salón de Actos do Concello.

Cartel
Diptico




 

Nº de resultados:
140
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +