A ALDEA COA MELLOR DECORACIÓN DE NADAL TERÁ PREMIO EN FORCAREI

A ALDEA COA MELLOR DECORACIÓN DE NADAL TERÁ PREMIO EN FORCAREI


- O Concello lanza un concurso para todas as aldeas do municipio e engade unha categoría á mellor decoración familiar.


- Os premios inclúen a iluminación de Nadal do vindeiro ano (2022-2023) para a gañadora e 200€ en produtos para a vivenda mellor ambientada

Para estender o espírito de Nadal polas 101 aldeas que conforman o concello de Forcarei, o goberno local acaba de lanzar o concurso ‘Decora a túa aldea’, quepremiará a mellor ambientación festiva en dúas categorías: a colectiva, para @s veciñ@s de cada aldea, e a familiar, para as persoas que realicen a súa montaxe na súa vivenda particular.

Con esta iniciativa, o Concello quere dinamizar a participación activa da veciñanza, colaborar na difusión dun ambiente de Nadal baseado en valores como o traballo en común e a cooperación, e dispoñer de elementos decorativos que aporten ás aldeas un entorno acolledor cheo de ilusión.

As persoas interesadas en participar no concurso deberán tramitar as inscricións??do 6 ao 22 de decembro.

Poderán facelo chamando ao Concello (??986 75 50 36) ou enviando un correo electrónico á??alcaldia@forcarei.net. As bases integras publicaranse na páxina web municipal,www.forcarei.net.

Os premios inclúen a iluminación de Nadal a cargo do Concello na aldea gañadora para o vindeiro ano 2022-2023 e, na categoría familiar (na que poden participar @s residentes no só das aldeas, senón tamén dos núcleos de Forcarei, Soutelo e Cachafeiro) unha cesta de produtos valorada en 200 €.

A decoración deberá estar exposta a partir do 21 de decembro e ata o 6 de xaneiro. O Concello elaborará un listado d@s participantes para que a poboación poida visitar as instalacións.

Para a valoración dos elementos decorativos, o xurado terá en conta o deseño, a orixinalidade, a iluminación e a utilización de materiais reciclables. A entrega de premios terá lugar o 5 de xaneiro.


 Bases do concurso



Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +