CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES EN FORCAREI E SOUTELO
O Concello de Forcarei acaba de poñer en marcha unha campaña de doazón de xoguetes para que todas as nenas e nenos do municipio poidan ter agasallos este Nadal.
Necesítanse xoguetes preferiblemente novos para diferentes idades, nen@s pequen@s menores de 4 anos, artigos para cativ@s de 5 a 12 anos, e tamén agasallos para adolescentes.
Todos os xoguetes doados serán distribuídos ás familias de emerxencia social.
As persoas interesadas en colaborar con esta iniciativa poder entregar os xoguetes ata o 23 de decembro.
PUNTOS DE RECOLLIDA
- Concello de Forcarei. De luns a venres de 8.00 a 15.00 horas.
- Bar Centro Social de Forcarei. De 8.30 a 21.00 horas. Sábados pechado.
- Farmacia de Soutelo de Montes. De 9.30 a 21.00 horas. Domingo pechado.
1