ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA PARA PARTICIPAR NAS TARDES DE LECER

ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA PARA PARTICIPAR NAS TARDES DE LECER


- O Concello de Forcarei impulsa actividades para nen@s en Soutelo e Forcarei para axudar ás familias coa conciliación
- As persoas que xa efectuaron esta preinscrición están todas admitidas

O Concello de Forcarei abrirá o mércores o prazo para que as familias poida facer a matrícula nas ‘Tardes de Lecer’, unha iniciativa dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos de idade, que busca axudar ás nais e pais da localidade a conciliar a vida laboral e familiar. As persoas que xa efectuaron esta preinscrición están todas admitidas.

Despois do éxito acadado polo I Campamento de Verán municipal e ante a ausencia de actividades extraescolares nos centros educativos da vila, Verónica Pichel decidiu a ampliación deste tipo de actividades para rapazas e rapaces en horario vespertino. Concretamente, as ‘Tardes de Lecer’ estarán dispoñibles os luns e mércores en Soutelo de Montes (no vestíbulo do auditorio) e os martes e xoves en Forcarei (no centro social).

Esta iniciativa de respiro familiar e de aprendizaxe e ocio para @s máis cativ@s non terá ningún custo económico para as familias, comezará o vindeiro 28 setembro e prolongarase inicialmente ata finais de ano. As nenas e nenos poderán gozar de numerosos obradoiros e xogos sobre cociña, creatividade, teatro..., e levaranse a cabo accións ao aire libre sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

As familias interesadas neste servizo poderán cubrir o formulario nas oficinas do Concello. Terán que entregar tamén fotocopias de DNI, libro de familia ou documento que acredite a situación familiar, título de familia numerosa se é o caso, xustificante de ocupación laboral e documentación que acredite a mobilidade ao posto de traballo ou a non posibilidade de teletraballo. As familias que xa participaron no campamento de verán non terán que presentar toda esta documentación adicional, só a solicitude de inscripción. Para a adxudicación das prazas terán prioridade @s empadroad@s e terase en conta a situación familiar das nenas e nenos: número de membros da unidade familiar, se as nais e pais traballan, etc. Os grupos serán de mínimo 12 nen@s e máximo de 15.

O persoal responsable desta actividade estará formado por unha educadora social licenciada en Psicopedagoxía, outras dúas educadoras sociais e dúas monitoras de ocio e tempo libre.





Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +