Novo Bono Social de electricidade

Novo Bono Social de electricidade


¿Que é o bono social?

O bono social de electricidade éun desconto na factura eléctricaparaconsumidores vulnerables e consumidores en risco de exclusión social.O desconto édo 25 % ou do 40 %, segundo o nivel de renda. Ademais, os seus beneficiarios contan cun período máis prolongado que o resto de consumidores para facer fronte ás facturas impagadas: catro meses desde a primeira notificación de falta de pagamento fronte ao prazo xeral de dous meses.

¿Quen poden solicitalo?

Osconsumidores vulnerables, osconsumidores vulnerables severose osconsumidores vulnerables severos en risco de exclusión.Deben ter contratada na súa vivenda habitual a tarifa eléctrica reguladacunha potencia menor ou igual a 10quilowatts.

¿Que supón concretamente esta axuda?

Para osconsumidores vulnerables, un25 % de descontona factura.

Para os vulnerables severos, un40 % de desconto.

Osconsumidores vulnerables severos en risco de exclusión socialque estean a ser atendidos polos servizos sociais dunha administración -autonómica ou local- que paguen polo menos o 50 % da facturanon terá que facer fronte á factura eléctrica. O resto da factura (o que non asume os servizos sociais) será pago polas empresas, obrigadas por normativa a asumir o financiamento do bono social. No caso de que estas persoas non poidan facer fronte ao pagamento de forma temporal,non se lles poderá interromper a subministración eléctrica.

Maís información

· Resumo das principais características e requesitos para ser beneficiario do novo bono social: http://www.minetad.gob.es/energia/bono-social/Paginas/bono-social.aspx

· Preguntas e vídeo explicativo:

https://tarifasgasluz.com/faq/bono-social-electrico




Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +