Obra de Teatro: ASUBÍOS

Obra de Teatro: ASUBÍOS


Un alegato da compañía Elefante Elegante para unha vida respectuosa do ser humano coa terra que o acolle
A quinta das propostas do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2018 é unha peza teatral dirixida a todos os públicos a partir de 3 anos e inspirada no universo literario do escritor mozambicano Mia Couto e no conto popular "O flautista de Hamelín" recollido polos irmáns Grimm. No espectáculo que a compañía do Elefante Elegante crea para a Rede de Dinamización Lingüística, a temática xira arredor do medio natural e de como vivir en harmonía con el. Trátase dun alegato para unha vida respectuosa do ser humano coa terra que o acolle.

A Cidade Cinza era absolutamente silenciosa. Ninguén falaba, ninguén cantaba, ninguén ría e ninguén choraba. Naquela cidade unha morea de persoas camiñaba da casa para o traballo e da escola para a casa... sen parar. Non había unha soa flor, non habitaba unha soa árbore. Non había lugar para a natureza. Mais un día, pola cidade cincenta, meticulosa, silandeira e laboriosa pasou un home asubiando e cantando doces melodías de flores e cores garridas. As nenas e os nenos quedaron abraiados co home e a súa guitarriña. Arredor del voaban paxariños libres de cores alegres. A cidade parou. Asomada ás xanelas, a xente da cidade criticaba o home dos asubíos que distraía as persoas das súas obrigas cotiás. Pola súa banda, os mandaríns da cidade tentaron de todos os xeitos evitar que a natureza e as súas cores lle roubasen á cidade cincenta o seu nome. Será que o conseguiron?



Día: Domingo 14 de Outubro
Hora: 18:00h
Lugar: Centro Social de Forcarei
Entrada gratuíta

Pertencente ao programa "Falaredes" da Secretaría Xeral de
Política Lingüística.

Cartel



Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +