III PLAN DE IGUALDADE.FORCAREI

III PLAN DE IGUALDADE.FORCAREI


Conscientes do camiño que queda por percorrer, a pesar dos avances conseguidos, o Concello de Forcarei fai unha vez máis unha aposta clara e decidida polo impulso dunha planificación estratéxica que continúe a derrubar as barreiras que dificultan que as mulleres gocen dos dereitos e das oportunidades.


O dereito á igualdade interesa a toda a cidadanía porque mellora a nosa calidade de vida, tanto na realización profesional como na persoal, familiar e laboral. Estamos convencidas e convencidos de que a máxima participación en igualdade de condicións da muller e do home, é indispensable para o desenvolvemento pleno e completo do noso Concello, polo que impulsamos a adaptación de medidas precisas co fin de suprimir esta discriminación en todas as súas formas e manifestacións.


Dende o Concello de Forcarei, coa posta en marcha do I Plan e do II Plan, quérese pór en firme o noso compromiso co logro efectivo do "dereito á igualdade real entre homes e mulleres”, expresado a través da posta en marcha de políticas de igualdade, continuando a día de hoxe na mesma liña actualizada coa publicación deste "III Plan Municipal de Igualdade entre mulleres e homes 2018-2022 do Concello de Forcarei”

Diptico
III Plan de Igualdade de Forcarei
Avaliación do II Plan de Igualdade de Forcarei.



Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +