NADAL 2017
Actividades para o Nadal 2017-2018, con actividades para a familia e os nen@s
VENRES 15 DE DECEMBRO
Acendido da iluminación
SÁBADO 23 DE DECEMBRO
CINE, no Salón de Actos do Concello,: 18:00h
AQUI GALICIA 2017
Este sábado pola tarde teremos o programa "Aquí Galicia", da TVG, en
directo desde a Praza da Igrexa de Forcarei por mor da XXIV Festa da
Richada!
XXIV FESTA DA RICHADA DE FORCAREI
Desde hoxe pódese
degustar o menú da richada nos restaurantes París, Victoria e Florida a
un prezo de 15 euros ata o domingo e gozar das distintas actividades
programadas:
-Andaina da Richada (sábado-9.30 horas)
-Obradoiro de pesca con montaxe creativo de moscas (sábado-10.00 horas)
-Programa "Aquí Galicia" da TVG (sábado-16.30 horas)
-Xornada de portas abertas no observatorio (sábado-19.00 horas)
-Quedada BTT da Richada (domingo-9.30 horas)
-Sesión vermú coa Banda de Gaitas de Forcarei (domingo-13.00 horas)
RESTRICCIÓNS UTILIZACIÓN DA AUGA
Que debido aos problemas de sequía que estamos padecendo nos derradeiros meses pola falta de chuvia, apelamos á responsabilidade de todos os veciños e veciñas deste Concello, pola necesidade de que se faga un aforro e un consumo responsable da auga da rede de abastecemento. Por este motivo débese consumir a auga estritamente necesaria e non malgastala, quedando PROHIBIDO USAR A AUGA DA TRAIDA para:
- lavado de vehículos,
- rego de xardíns e hortas,
- enchido de piscinas,
- depósitos de auga para rego e análogos.
Rógase a colaboración de todos os usuarios para que se faga un uso racional da auga e así poder garantir o servizo.
Esténdense as recomendacións anteriores para o consumo de auga privada, procedente de pozos.
Bando completo
AXUDAS DE APOlO AO ESTUDlO 2017 2018
AXUDAS MUNIClPAIS DE APOIO AO ESTUDIO PARA O CURSO 2017/2018 CON DESTINO A FAMILIAS EN SITUACIÓN DE DIFICULTADE SOCIO-ECONÓMICA
BENEFICIARIOS: Famílias empadroadas e ter residencia efectiva no Concello de Forcarei, que teñan menores ao seu cargo matriculados para o curso 2017/2018 nalgún centro de ensino público de Forcarei en Educación Infantil, Primaria e Secundaria para axuda de material escolar.
CONTÍA MÁXIMA 100€/MENOR
Financiamento de: MATERIAL ESCOLAR, LIBROS E VESTIARIO DEPORTIVO
- Que a unidade familiar estea empadroada e teña a residencia efectiva neste concello.
- Que o alumnado esté matriculado ou teña reserva de matrícula nun centro de ensino público de Forcarei.
- Ter presentada a solicitude e documentación complementaria no prazo e forma legal establecido.
- Que os solicitantes cumplan co baremo económico recollido nas Bases Reguladoras de convocatoria.
PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Concederáse o prazo de dez días hábiles para apresentación de solicitudes que se iniciará o día seguinte da publicación das bases no B.O.P.
REMATE DE PRAZO 27 DE OUTUBRO DE 2017
Para máis información poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Forcarei ou ben a través do teléfono 986 75 54 32 ou ben 986.75 51 49.
Cartel
Inspección Técnica de Vehículos- SOUTELO DE MONTES. FORCAREI
Do 30/10/2017 ao 31/10/2017
Pol.Ind.Soutelo de Montes (Forcarei)
O horario de atención será
de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas o día 30/10/2017
de 9:00h a 13:30h o día 30/10/2017
Para solicitar cita previa:
Por teléfono: 902 30 90 00
A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
Selección para a Dani Rivas Cup 2017, 16 de Xullo
CAMPIONATO SUPERMOTARD ESPAÑA 2017. MEMORIAL DAVID RAPOSEIRAS
O CIRCUÍTO DA MADALENA ATRAERÁ A PRETO DE 8.000 PERSOAS NO VINDEIRO MES CON CATRO EVENTOS DE MOTOR
O Circuíto da Madalena atraerá a preto de 8.000 persoas no vindeiro mes grazas á celebración de catro eventos de motor, o que motivará un cheo do sector hostaleiro e dos aloxamentos nas fins de semana e confirma o importante pulo socioeconómico que outorga o turismo deportivo ao municipio.
ETNOEXPERIENCIAS
Itinerarios e mostras do Saber Popular
Roteiro do Mel e da Cera
Os monxes do mosteiro de Aciveiro foron os impulsores de multitude de actividades na zona de Forcarei e o Candán desde as antigas neveiras ata as famosas alvarizas para conseguir o mel.
Nesta ruta que parte desde o mosteiro, descubriremos a paisaxe do Candán. para posteriormente asistir no propio mosteiro ás explicacións sobre a obtención de mel e cera das abellas.
DOMINGO 18 DE XUÑO.
DE 10:30 A 14:00 H
SAIDA DO MOSTEIRO DE ACIVEIRO. FORCAREI
(DIFICULTADE BAIXA)
50 PRAZAS
INSCRICIONS
NO CONCELLO DE FORCAREI 986 755 036 [EXT. 1]
Cartel
2ª Semana Gastronómica da Croca
Forcarei acollerá, do 19 ao 25 deste mes de xuño, a 2ª Semana Gastronómica da Croca, organizada polos establecementos París, Victoria e Florida e que conta coa colaboración do Concello.
Cartel
CHEGA 800. Conexións a móbiles máis veloces e con mellor cobertura chega a Forcarei co novo 4G
· As operadoras de telefonía móbil comezan a ofrecer en Forcarei servizos 4G na banda de 800MHz
· A nova tecnoloxía permitirá desfrutar dos servizos de datos móviles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior dos edificios e ampliará a extensión xeográfica
· Chega800 é a entidade encargada de garantir a compatibilidade deste servicio 4G coa TDT na banda de 800MHz de maneira gratuíta antes do 31/05/2017
Os servizos móbiles 4G van utilizar a frecuencia 800MHz que antes utilizaba a televisión dixital terrestre (TDT), polo que podría ocorrer que o sinal de TV se vexa afectado por interferencias. Si este fora o caso terá que poñerse encotacto co seguínte teléfono:
900 833 999
Horario: De luns a sábado De 9:00 a 22:00
Para máis información:Triptico Informativo
Cartel Informativo
Para saber máis. Preguntas correntes
www.llega800.es
Selección para a Dani Rivas Cup 2017, o 28 de maio
Comezan as grandes citas no Circuito A Madalena. Esta fin de semana acollerá a Cup Dani Rivas, O primeiro dos grandes eventos para este ano 2017.
O próximo 28 de maio as 10:00h celebrarase a selección para a Cup Dani Rivas2017, no Circuito de A Magdalena. A selección contará coa presenza de 4 pilotos de MotoGP™ que actuarán como xurado Julito Simón, Gabriel Rodrigo, Juanfran Guevara e Jonny Hernández.
Esta edición do 2017 ten un carácter internacional ó
contar coa participación de 60 nenos de 5 nacionalidades, México,
Francia, Italia, Alemania e España. Á categoría de minimotos coa
Polini 4,2 para nenos de 6 a 9 anos, incorpórase a nova
categoría MiniGP coa Honda NSF100 para nenos de 9 a 12 anos.
A
compra de entradas para o evento da selección está dispoñible aquí. (10 € compra anticipada)
Cabe destacar que a Honda NSF 100 é a moto coa que entrenan a maioría dos pilotos de MotoGP™ en circuitos de Karting.
ULTIMA HORA
A organización da DR CUP, que ía celebrar as súas probas de selección
esta fin de semana no Circuíto da Madalena coa presenza de 60 rapaces e
catro pilotos de MotoGP, decidíu aprazar esta competición polas
previsións meteorolóxicas de tormenta e choiva que complicaban as
condicións de seguridade. Informaremos das novas datas.
Excursión a Barcelos (Portugal)
O CONCELLO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A BARCELOS (PORTUGAL)
· VISITA A FEIRA
· MUSEO DE OLAIRA (CERÁMICA)
· MUSEO ARQUEOLÓXICO
DIA XOVES 25 DE MAIO
SAIDA:
8:30H CENTRO SOCIAL DE FORCAREI
8:30H PRAZA DO GAITEIRO –SOUTELO
ANOTARSE NAS OFICINAS XERAIS DO CONCELLO 986-75 50 36 ANTES DO DÍA 18 DE MAIO (XOVES)
DIRIXIDO A TODOS OS VECIÑO/AS EMPADROADAS NO CONCELLO DE FORCAREI
PREZO 18 EUROS/XANTAR – QUE SE PAGARÁ DIRECTAMENTE NO RESTAURANTE INDICADO.
Aberto o prazo de inscripción para a contratación de persoal para a prevención e defensa contra incendios forestais 2017
XORNADA: COMPLETA (incluído fin semana e festivos)
CANTIDADE BRUTA A PERCIBIR:
- PEONS: 1.383, 15.- €
- XEFE BRIGADA: 1.707,74.- €
Ver anuncios e bases de contratación e OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO
Curso de Manipulador de Alimentos
CURSO DE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS E FORMACIÓN EN ALERXÉNOS
TITULACIÓN SEGÚN NORMATIVA VIXENTE
É OBRIGARORIO para traballar en Hostelería, Cafeterías, Restauración, Conserveiras, Depuradoras, Supermercados e Otras Industrias Alimentarias.
SÁBADO 20 DE MAIO
DE 16:00H A 20:00 H
PREZO: 20€
ANOTARSE NO CONCELLO
NO TELÉFONO 986 75 50 36
OU NO CORREO ELECTRÓNICO maria.mato@forcarei.net
Cartel
140