Categoría: Actualidade

NOVO Bono Social Térmico 2019

NOVO Bono Social Térmico 2019


BONO SOCIAL TÉRMICO


Segundo os informes sobre a última reforma do bono social, finalmente concedéronse os bonos térmicos sociais dedicados exclusivamente ao abastecemento de gas.

Independentemente do tipo de gas, butano, propano ou gas natural.

Sexa cal sexa o tipo de gas que empregue para quentarse, concederase este subsidio.

A axuda consiste en cheques cunha cantidade que varía dependendo do punto do país no que reside, se é máis quente ou máis frío.

Os especialistas en pobreza enerxética informan de que aínda hai moitos grupos vulnerables que teñen acceso ao chamado bono social e aínda non procesaron ningunha aplicación, normalmente principalmente por falta de atención.

A solicitude pódese procesar a través dos comerciantes de referencia, que son todas aquelas empresas de electricidade e gas que distribúen e comercializan en España.



Bono Social Telefónico 2019

Bono Social Telefónico 2019


Bono Social Telefónico 2019


A remuneración que se aplica na factura telefónica outórgase pola empresa Movistar por ser propietaria das liñas telefónicas e así poder reducir
a cota da liña telefónica aos xubilados e pensionistas.

Esta axuda é un gran descoñecido xa que a maioría deles nin sequera saben que poden aproveitar esta redución na conta de teléfono.

A xestión realízase por fax, correo postal ou correo electrónico, e débese de acreditar a situación do solicitante como xubilado ou pensionista, sendo imprescindible ser o propietario da liña telefónica onde desexa aplicar tal redución.


Máis información



ENTROIDO 2019

ENTROIDO 2019


O Concello de Forcarei vai celebrar este domingo, 3 de marzo, as súas festas de Entroido, unificadas para cativos e adultos co obxectivo de facilitar a loxística dos proxenitores e de impulsar unha xornada familiar de convivencia e lecer. Será a partires das 18.00 horas no Centro Social.

Como de cotío, haberá concursos de disfraces para adultos e cativos con premios para os mellores, mascotas infantís, animación musical, degustacións, agasallos e moitas sorpresas.

670€ en premios.

3 Premios para categoría de ADULTOS

4 Categorías de INFATÍS, con 4 premios por categoría.

Cartel



CHARLA INFORMATIVA PAC 2019

CHARLA INFORMATIVA PAC 2019


Charla informativa: Declaración de superficies

Novidades AXUDAS PAC_DR 2019.

O próximo Luns 10 de Marzo as 10:30h no Salón de Actos do Concello de Forcarei, teremos unha charla informativa para informar sobre as novidades das Axudas da PAC_DR do ano 2019


Cartel



PLAN DE MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE

PLAN DE MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE


Desde o Concello estamos a analizar a mobilidade en Forcarei, como parte da implantación do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) que require unha metodoloxía de participación e quere contar coa opinión da veciñanza para poder desenrolalo.

¿EN QUE CONSISTE UN PLAN DE MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE?

O Plan de Mobilidade Urbana Sostible (ou PMUS) ten como obxectivo primordial mellorar e fomentar formas de desprazamento máis sostibles, que favorezan a protección do medio ambiente, e que melloren o aproveitamento dos recursos, ademais de facer a vila accesible a todos de xeito seguro, eliminando as barreiras arquitectónicas e mellorando a relación entre o peón e coche, así como o acceso aos transportes públicos. En definitiva garantir unha mellora na calidade de vida dos cidadáns.

¿EN QUE CONSISTE ESTA ENQUISA?

Esta enquisa apórtanos información sobre os desprazamentos cotiáns, as necesidades e preferencias dos veciños respecto á mobilidade no concello de Forcarei, axudándonos a redactar un plan máis realista e adaptado ás necesidades reais das persoas.

Acceder a Enquisa



Feliz Nadal 2018

Feliz Nadal 2018


Nadal 2018-2019, actividades para a familia e os nen@s

XOVES 27 DE DECEMBRO
HINCHABLES, no Polideportivo de Forcarei.

XOVES 3 DE  XANEIRO
 HINCHABLES, no Polideportivo de Soutelo

VENRES 5 DE XANEIRO
CABALGATA DE REIS, con Chocolatada e Rosca
e a Actuación da Banda de Gaitas de Forcarei!!

Programa



Novo Bono Social de electricidade

Novo Bono Social de electricidade


¿Que é o bono social?

O bono social de electricidade éun desconto na factura eléctricaparaconsumidores vulnerables e consumidores en risco de exclusión social.O desconto édo 25 % ou do 40 %, segundo o nivel de renda. Ademais, os seus beneficiarios contan cun período máis prolongado que o resto de consumidores para facer fronte ás facturas impagadas: catro meses desde a primeira notificación de falta de pagamento fronte ao prazo xeral de dous meses.

¿Quen poden solicitalo?

Osconsumidores vulnerables, osconsumidores vulnerables severose osconsumidores vulnerables severos en risco de exclusión.Deben ter contratada na súa vivenda habitual a tarifa eléctrica reguladacunha potencia menor ou igual a 10quilowatts.

¿Que supón concretamente esta axuda?

Para osconsumidores vulnerables, un25 % de descontona factura.

Para os vulnerables severos, un40 % de desconto.

Osconsumidores vulnerables severos en risco de exclusión socialque estean a ser atendidos polos servizos sociais dunha administración -autonómica ou local- que paguen polo menos o 50 % da facturanon terá que facer fronte á factura eléctrica. O resto da factura (o que non asume os servizos sociais) será pago polas empresas, obrigadas por normativa a asumir o financiamento do bono social. No caso de que estas persoas non poidan facer fronte ao pagamento de forma temporal,non se lles poderá interromper a subministración eléctrica.

Maís información

· Resumo das principais características e requesitos para ser beneficiario do novo bono social: http://www.minetad.gob.es/energia/bono-social/Paginas/bono-social.aspx

· Preguntas e vídeo explicativo:

https://tarifasgasluz.com/faq/bono-social-electrico




Obra de Teatro: ASUBÍOS

Obra de Teatro: ASUBÍOS


Un alegato da compañía Elefante Elegante para unha vida respectuosa do ser humano coa terra que o acolle
A quinta das propostas do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2018 é unha peza teatral dirixida a todos os públicos a partir de 3 anos e inspirada no universo literario do escritor mozambicano Mia Couto e no conto popular "O flautista de Hamelín" recollido polos irmáns Grimm. No espectáculo que a compañía do Elefante Elegante crea para a Rede de Dinamización Lingüística, a temática xira arredor do medio natural e de como vivir en harmonía con el. Trátase dun alegato para unha vida respectuosa do ser humano coa terra que o acolle.

A Cidade Cinza era absolutamente silenciosa. Ninguén falaba, ninguén cantaba, ninguén ría e ninguén choraba. Naquela cidade unha morea de persoas camiñaba da casa para o traballo e da escola para a casa... sen parar. Non había unha soa flor, non habitaba unha soa árbore. Non había lugar para a natureza. Mais un día, pola cidade cincenta, meticulosa, silandeira e laboriosa pasou un home asubiando e cantando doces melodías de flores e cores garridas. As nenas e os nenos quedaron abraiados co home e a súa guitarriña. Arredor del voaban paxariños libres de cores alegres. A cidade parou. Asomada ás xanelas, a xente da cidade criticaba o home dos asubíos que distraía as persoas das súas obrigas cotiás. Pola súa banda, os mandaríns da cidade tentaron de todos os xeitos evitar que a natureza e as súas cores lle roubasen á cidade cincenta o seu nome. Será que o conseguiron?



Día: Domingo 14 de Outubro
Hora: 18:00h
Lugar: Centro Social de Forcarei
Entrada gratuíta

Pertencente ao programa "Falaredes" da Secretaría Xeral de
Política Lingüística.

Cartel



CURSO BÁSICO DE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS 2018

CURSO BÁSICO DE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS 2018


PLAN DE FORMACIÓN DESTINO TURÍSTICO TERRAS DE PONTEVEDRA NORTE – DEZA TABEIRÓS

DATA: Mércores, 12 de setembro

DURACIÓN E TIPOLOXÍA:4 horas / presencial

HORARIO: 16.30 – 20.30 h

TEMARIO: • Lexislación alimentaria. • Definición e conceptos básicos do manipulador de alimentos. • Obrigas do manipulador de alimentos. • A formación do manipulador de alimentos. • A hixiene alimentaria. • As bacterias. A intoxicación alimentaria. • Perigos dos alimentos e medidas preventivas. • A contaminación alimentaria e medidas preventivas. • As enfermidades de transmisión alimentaria. Medidas preventivas. • O almacenamento dos alimentos. • Prácticas correctas de hixiene e manipulación. • Limpeza e desinfección. • Hixiene de locais e equipos. • Control de pragas. • Análises de perigos e puntos de control críticos. •Alérxenos e intolerancias alimentarias segundo o Regulamento 1169/2011 e RD 126/2015. Contaminación cruzada

IMPARTE: CVV INFORAID– Formadora: Licenciada en farmacia

INSCRICIÓN:Gratuíta. Entregarase diploma acreditativo da formación

DIRIXIDO: Poboación activa dos Concellos de Forcarei, A Estrada, Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces.

PRAZAS:Limitadas 30 prazas. Inscricións por orde.

LUGAR: CENTRO SOCIAL DE FORCAREI

INSCRICIÓNS:

Concello de Forcarei
Tel. Fax. 986 755 036 /
Asociación Desenvolvemento Rural Terras de Pontevedra Norte
Tel. Fax. 986 794 463 / info@ponorte.com



CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL (1 CONDUCTOR- OPERARIO DE SERVIZOS) PARA VEHÍCULO MOTOBOMBA DO CONCELLO DE FORCAREI, POR VACANTE.


Duración: Desde o día da súa formalización ata o 30/09/2018.
Xornada: COMPLETA (incluídos fins de semana e festivos)
Cantidade Bruta a percibir: 1.490,15.-€

SOLICITUDES: Presentaranse no rexistro xeral do Concello de Forcarei nun prazo de DEZ DÍAS naturais a contar dede o día seguinte á publicación deste anuncio no FARO DE VIGO

BASES DA CONVOCATORIA: No Concello de Forcarei e na páxina web www.forcarei.net) e na sede electrónica (http://forcarei.sedelectronica.gal).

Forcarei, a 6 de agosto de 2018

O ALCALDE ACCIDENTAL.
Asdo: Vicente Búa Martínez.



CONVIVIR DEPORTIVO

CONVIVIR DEPORTIVO


O Venres 20 de Xullo as 19:30 h

O programa de Radio Galega CONVIVIR DEPORTIVO

Presentado por Alfonso Pardo co DOMINÓ

No Salón de Actos do Concello de Forcarei
ENTRADA LIBRE

Cartel



EXCURSIÓN A RIBEIRA SACRA

EXCURSIÓN A RIBEIRA SACRA


O CONCELLO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A RIBEIRA SACRA - OS CAÑÓNS DO SIL

Ruta en Catamarán por os Cañóns do Sil
Visitas o Castelo de Castro Caldelas,
o Mosteiro de Santo Estevo, e
a San Pedro de Rocas.


DIA MÉRCORES 27 DE XUÑO


SAIDA:

8:30H CENTRO SOCIAL DE FORCAREI

8:45H PRAZA DO GAITEIRO DO SOUTELO

ANOTARSE NAS OFICINAS XERAIS DO CONCELLO 986-75 50 36 ANTES DO DÍA 22 DE XUÑO (VENRES)

DIRIXIDO A TODOS OS VECIÑ@S EMPADROAD@S NO CONCELLO DE FORCAREI

PREZO 20 EUROS/XANTAR INCLUÍDO.


Cartel



Campamentos de verán 2018.

Campamentos de verán 2018.


Desenvolveranse entre os meses de Xullo e Agosto, de entre 7 e 15 días de duración.


Para menores de entre 9 e 17 anos (ambos inclusive)

 








SERVIZOS OFERTADOS:
  • Programa de actividades socioculturais, recreativas, formativas e convivencia .
  • O aloxamento en albergue, residencia ou campamento xuvenil.
  • Manutención en réxime de pensión completa .
  • O material necesario para a actividade .
  • Un equipo técnico de persoal especializado .
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
O importe de pagamento da praza depende do campamento solicitado. Descontos do 50% para Familias numerosas e no caso de posuír o Carné Xove o 25%

O PRAZO DE PRESENTACIÓN REMATA O 18 DE MAIO

Para máis información acudir ao Departamento de Servizos Sociais




PROGRAMA CULTURAL; MAIO 2018

PROGRAMA CULTURAL; MAIO 2018


Venres 4 de Maio as 20:30h

"Leonardo e os fontaneiros”, a cargo de Ubú Teatro. Esta obra enmárcase no programa "María Victoria Moreno, A Escena!”, impulsado pola Deputación de Pontevedra no marco das Letras Galegas 2018.

Entrada libre ata completar o aforo.


Sábado 5 de Maio as 20:30h

Certame de música tradicional, adicado a Adelino Pichel.
Actuarán o grupo local de pandereteiras "Lus de Keikoa”, o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, o grupo de baile A Ponte Vella de Teo e a Banda de Gaitas de Forcarei.

Entrada libre ata completar o aforo.


Venres 11 de Maio as 20:30h

Teatro "Os fabulosos cleaners” a cargo da compañía Malasombra Producións, que presentará esta comedia de 55 minutos de duración pensada para todos os públicos.
A actuación está protagonizada por Xoque Carbajal e Jouse García e dirixida conxuntamente entre o estradense e Marcos Orsi.

Entrada libre ata completar o aforo.



Excursión a Monterrei e Allariz

Excursión a Monterrei e Allariz


O CONCELLO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A MONTERREI E ALLARIZ

· VISITA A AUGAS DE CABREIROÁ

· CASTELO DE MONTERREI

· ALLARIZ


DIA MÉRCORES  18 DE ABRIL


SAIDA:

9:00H CENTRO SOCIAL DE FORCAREI

9:20H PRAZA DO GAITEIRO  DO SOUTELO

ANOTARSE NAS OFICINAS XERAIS DO CONCELLO 986-75 50 36 ANTES DO DÍA 13 DE ABRIL (VENRES)

DIRIXIDO A TODOS OS VECIÑ@S EMPADROAD@S NO CONCELLO DE FORCAREI

PREZO 15 EUROS/XANTAR – QUE SE PAGARÁ DIRECTAMENTE NO RESTAURANTE INDICADO.


Cartel




 

Nº de resultados:
117
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +